Manziana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ro:Manziana
m r2.7.2) (Bot: Engado: zh:曼齐亚纳
Liña 60: Liña 60:
[[vo:Manziana]]
[[vo:Manziana]]
[[war:Manziana]]
[[war:Manziana]]
[[zh:曼齐亚纳]]

Revisión como estaba o 23 de setembro de 2012 ás 16:32

Manziana é un concello de 7.164 habitantes situado na área setentrional da provincia de Roma, na rexión de Lazio, en Italia. Limita coas municipalidades de Bracciano, Canale Monterano, Oriolo Romano e Tolfa. Esténdese por unha área de 23 km2, tendo unha densidade de poboación de 298,5 hab/km2. A vila de Manziana está inmersa no Monte Mancchi Grande.

Administración

Dende as eleccións municipais do 29/05/2007, a alcaldesa de Manziana é Lucia Dutto (1949), despois de terse presentado por unha Lista Civica, de tendencia centro-esquerda.

Situación e comunicación

Manziana está a uns 110 km. ó norte de Roma. Aproximadamente a metade do traxecto que discorre por estrada son vías de alta capacidade libres de peaxe. En hora punta tárdanse aproximadamente 1:45 minutos en chegar ó centro de Roma e algo máis de unha hora sen tráfico. O método máis rápido é o ferrocarril no que se tarda 1 hora. Manziana está comunicada polo ferrocarril rexional FR3.

Historia

A área de Manziana, xa sufriu asentamentos na Cultura de Villanova, civilización da Idade de ferro do norte da Península Itálica. Foi posteriormente invadida polos etruscos primeiro e os romanos despois. No século XI o territorio pasou a formar parte das posesións da familia dos Prefetti di Vico, unha propiedade chamada por aquel entón Castrum Sanctae Pupae . No ano 1290, o terreo foi adquirido polo Arcebispado do Espírito Santo, aínda que é posible que nesa época xa non tivese o poder que tivera en épocas pasadas. A mediados do século XVI, os baróns do Espírito Santo interviñeron para repoboar a zona a través de ofertas económicas. Ofrecían medio rubio (unidade de medida da época equivalente a algo menos dunha hectárea) a cambio de 1/5 da colleita da mesma. A oferta atraeu a persoas da Toscana, Umbria, Marche e nalgúns casos do norte da Península Itálica. Os poboadores chegados eran, na súa maioría, leñadores, traballadores e foron chamados I Campannari.

En 1500, os colonos constituíronse en gremios e foron recoñecidos polo Arcebispado. Nace deste xeito a aldea de Manziana, planificada urbanísticamente polo arquitecto Ottavio Nonni, coñecido como Mascherino, discípulo de Vignola.

Ata 1870 estivo baixo dominio papal. Coa unificación de Italia comezou o desenvolvemento da pequena aldea na actual vila moderna.

A orixe do nome

Os primeiros documentos co nome Manziana datan de documentos datados de 1658. Existen varias teorías sobre a orixe do nome: algúns veñen dunha pedra preciosa atopada na rexión (lápis anitianus), mentres que outros atribúen a súa orixe á palabra mansum ou manso (que quere dicir: terra adicada ó gando. Outra teoría está relacionada coa presenza da vaca Maremma no centro do escudo de armas, neste caso Manziana viría de manza (en galego, becerro ou cría da vaca), mentres que outros argumentan que o nome da vila provén do monte que lle daba nome en 1600, a Silva Mantiana, ou quizais, á súa vez tamén está ligado con Mantus, deus etrusco do inferno.

O monte ‘’Bosco Macchi Grande’'

O monte Macchi Grande, en galego Gran mancha de madeira de Manziana, ou Il Bosco (en galego O Monte), como é coñecido polos manzianeses, é hoxe en día a última gran testemuña da Sylvia Mantiana que cubriu os montes Sabbatini Ceriti e a Tolfa ata o Mar Tirreno. Constitúe unha das realidades boscosas máis interesantes na zona norte de Roma. Por extensión é o segundo monte de cerros de Europa e nel organízanse numerosas actividades de todo tipo, dende actividades deportivas a reunións sociais. Situado a 2 km. ó suroeste da vila de Manziana e a 5 km. ó oeste sitúase a vila de Bracciano, intégrase perfectamente nun escenario de esplendor natural que ofrece a rexión. O monte impacta ó visitante pola maxestuosidade das súas árbores e abundante vexetación. Ademais de grandes carballos, a vexetación é rica en fetos, rosas silvestres, acivros, etc. A fauna inclúe raposos, donicelas, esquíos, xabarís, galiñas, pegas, aves de rapina ou cavalos salvaxes entre outras especies.

O monte, que cobre unha superficie de 530 hectáreas e abrangue un planalto producida polo acumulación de material xerado pola erupción do volcán Sabatino, durante o Plistoceno (hai 500.000 anos). Esta actividade volcánica provocou a formación de pozas de auga quente, coa emisión de gases de xofre e Solfatara. A presenza de actividade volcánica moi posiblemente a orixe dos primeiros asentamentos da rexión.

Véxase tamén

Ligazóns externas