Interacción nuclear forte: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: ta:வலிய இடைவினை |
mSen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
⚫ | |||
A '''interacción nuclear forte''' é un dos catro tipos de forzas fundamentais que o modelo estándar da Física establece para explicar o Universo. |
A '''interacción nuclear forte''' é un dos catro tipos de forzas fundamentais que o modelo estándar da Física establece para explicar o Universo. |
||
Liña 12: | Liña 11: | ||
Os [[gluón]]s son as partículas portadoras da forza nuclear forte, que manteñen unidos aos quarks para formar outras partículas: protóns, neutróns... Os gluóns tamén teñen carga de cor e xa que logo poden interaccionar entre si. Un efecto que deriva diso é a existencia de agrupaciones de gluóns ([[glubola]]s). |
Os [[gluón]]s son as partículas portadoras da forza nuclear forte, que manteñen unidos aos quarks para formar outras partículas: protóns, neutróns... Os gluóns tamén teñen carga de cor e xa que logo poden interaccionar entre si. Un efecto que deriva diso é a existencia de agrupaciones de gluóns ([[glubola]]s). |
||
{{Forzas fundamentais}} |
|||
⚫ | |||
{{ForzasFundamentais}} |
|||
[[an:Interacción nucleyar fuerte]] |
[[an:Interacción nucleyar fuerte]] |
Revisión como estaba o 4 de setembro de 2012 ás 17:11
A interacción nuclear forte é un dos catro tipos de forzas fundamentais que o modelo estándar da Física establece para explicar o Universo.
Os efectos desta forza só se aprecian a distancias moi pequenas, (da orde de 1 fm), o tamaño dos núcleos atómicos, e non se perciben para distancias maiores a 10-15 fm. É a forza que mantén unidos ós nucleóns (partículas nucleares, protón e neutrón) no núcleo atómico, malia a repulsión electromagnética entre partículas cargadas do mesmo signo.
Actualmente, a teoría da cromodinámica cuántica (QCD) explica as interaccións fortes entre partículas nucleares en términos da "forza de cor" entre quarks e antiquarks (as partículas constituíntes dos protóns e neutróns). Ós quarks e antiquarks, ademais de carga eléctrica, asígnaselles unha característica nova, a "carga de cor" e a interacción forte entre eles transmítese mediante outras partículas, os gluóns. Estes son electricamente neutros, aínda que tamén teñen "carga de cor" e por iso tamén están sometidos á forza forte.
A forza entre partículas con carga de cor é moi forte, moito máis que a electromagnética. A forza que mantén unidos protóns e neutróns no núcleo é a forza residual entre os quarks e os gluóns que compoñen ditas partículas (viría ser un efecto paralelo ó das forzas de ligazón entre átomos para formar moléculas fronte á interacción eléctrica entre as cargas eléctricas que os forman: protóns e electróns, pero a súa natureza é totalmente distinta). Anteriormente considerábase que esta forza residual era a forza forte, pero agora asúmese que a forza de cor entre quarks é a fundamental (De xeito semellante, as forzas interatómicas son un reflexo da forza electromagnética entre cargas, que é a fundamental).
Esta interacción é a que fai que nos núcleos dos átomos, os protóns mantéñanse uns xunto ós outros aínda tendo a mesma carga (positiva). Os protóns non teñen carga de cor, senón que son os quarks dos que están formados (up e down) os que a teñen (e a carga de cor entre os quarks dun protón e doutro dá lugar á forza que os aglutina).
Os gluóns son as partículas portadoras da forza nuclear forte, que manteñen unidos aos quarks para formar outras partículas: protóns, neutróns... Os gluóns tamén teñen carga de cor e xa que logo poden interaccionar entre si. Un efecto que deriva diso é a existencia de agrupaciones de gluóns (glubolas).
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |