Lumbrigante: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Taxonomia-animal |NOME_VULGAR=Lumbrigante| IMAXE=Langosta-rafax.JPG
{{Taxonomia-animal |NOME_VULGAR=Lubrigante| IMAXE=Langosta-rafax.JPG
|ESTADO=LC|ESTADO_NOME=Pouco preocupante}}}}
|ESTADO=LC|ESTADO_NOME=Pouco preocupante}}}}
{{Taxonomia-filo |FILO= Arthropoda }}
{{Taxonomia-filo |FILO= Arthropoda }}
Liña 13: Liña 13:
{{Taxonomia-fin}}
{{Taxonomia-fin}}


O '''lumbrigante''' (''Homarus gammarus'', Linne 1758) é un [[crustáceo]] mariño decápodo macruro (de abdome ben desenvolvido), moi apreciado pola calidade da súa carne. Carácterízase polo seu primeiro par de patas rematado en grandes pinzas.
O '''lubrigante''' (''Homarus gammarus'', Linne 1758) é un [[crustáceo]] mariño decápodo macruro (de abdome ben desenvolvido), moi apreciado pola calidade da súa carne. Carácterízase polo seu primeiro par de patas rematado en grandes pinzas.


Na imaxe da dereita, diferentes crustáceos expostos á venda. En primeiro plano, un '''lumbrigante'''. Á esquerda, [[lagostino]]s; á dereita, abaixo, [[cigala]]s; e tamén á dereita, pero arriba, adivíñase o caparazón dunha [[lagosta (crustáceo)|lagosta]].
Na imaxe da dereita, diferentes crustáceos expostos á venda. En primeiro plano, un '''lubrigante'''. Á esquerda, [[lagostino]]s; á dereita, abaixo, [[cigala]]s; e tamén á dereita, pero arriba, adivíñase o caparazón dunha [[lagosta (crustáceo)|lagosta]].


==Descrición==
==Descrición==
Liña 83: Liña 83:
No mercado pode atoparse outra especie semellante, o '''lumbrigante americano''' (''Homarus americanus''), máis comunmente denominado '''canadense''', máis grande e de cor máis avermellada. Os gastrónomos aseguran que a súa carne é menos fina e saborosa cá da especie europea.
No mercado pode atoparse outra especie semellante, o '''lumbrigante americano''' (''Homarus americanus''), máis comunmente denominado '''canadense''', máis grande e de cor máis avermellada. Os gastrónomos aseguran que a súa carne é menos fina e saborosa cá da especie europea.


Estes lumbrigantes canadenses poden alcanzar tallas enormes: segundo o ''[[Libro Guinness dos Récords]]'', o exemplar máis grande foi capturado en Nova Escocia ([[Canadá]]), cun peso de 20,14 kg.
Estes lubrigantes canadenses poden alcanzar tallas enormes: segundo o ''[[Libro Guinness dos Récords]]'', o exemplar máis grande foi capturado en Nova Escocia ([[Canadá]]), cun peso de 20,14 kg.
Ás veces podemos atopar textos que describen esta especie baixo a denominación castelá de '''lagosta''' (ou '''lagosta americana'''). A razón da confusión pode deberse a unha tradución pouco rigorosa do inglés americano, lingua na que o lumbrigante se denomina '''''lobster''''', palabra que os dicionarios traducen directamente por ''lagosta''.
Ás veces podemos atopar textos que describen esta especie baixo a denominación castelá de '''lagosta''' (ou '''lagosta americana'''). A razón da confusión pode deberse a unha tradución pouco rigorosa do inglés americano, lingua na que o lubrigante se denomina '''''lobster''''', palabra que os dicionarios traducen directamente por ''lagosta''.
==Galería de imaxes==
==Galería de imaxes==
{{AP|Galería de imaxes de lumbrigantes de Galicia}}
{{AP|Galería de imaxes de lumbrigantes de Galicia}}

Revisión como estaba o 29 de agosto de 2012 ás 20:42

Lubrigante
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Mandibulata
superclase: Crustacea
Clase: Malacostraca
Superorde: Eucarida
Orde: Decapoda
Suborde: Macrura Reptantia
Familia: Nephropidae
Xénero: Homarus
Nome científico
Homarus gammarus (Linnaeus, 1758)
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


O lubrigante (Homarus gammarus, Linne 1758) é un crustáceo mariño decápodo macruro (de abdome ben desenvolvido), moi apreciado pola calidade da súa carne. Carácterízase polo seu primeiro par de patas rematado en grandes pinzas.

Na imaxe da dereita, diferentes crustáceos expostos á venda. En primeiro plano, un lubrigante. Á esquerda, lagostinos; á dereita, abaixo, cigalas; e tamén á dereita, pero arriba, adivíñase o caparazón dunha lagosta.

Descrición

Caparazón de cor negra azulada, con manchas máis pálidas; de cor amarelada na cara inferior. O bordo lateral dos segmentos do abdome é brancuxa ou vermella. No caparazón coexisten dous pigmentos, un azul escuro, dominante, soluble; e outro vermello, insoluble. A cor vermella viva coa que coñecemo-lo lumbrigante no prato, cociñado, aparece só trala cocción, por desaparición dos outros pigmentos do caparazón, solubles na auga.

Cadro de Cornelis de Heem (1631-1695).
Cadro de Cornelis de Heem (1631-1695).

O caparazón do cefalotórax é de forma subcilíndrica, comprimido dorsoventalmente, coa superficie lisa, a diferencia do da lagosta, na que é espiñento.

Primeiro par de antenas (anténulas) curtas e divididas en dous flaxelos. Segundo par de antenas longo, da mesma lonxitude có corpo, que nacen dunha base pequena e cunha espiña ben visible.

Posúe cinco pares de patas, coma tódolos crustáceos decápodos. O primeiro par é robusto e carácterístico, moito máis grandes cás outras, e remata nunha forte pinza formada por dúas pezas (quelas) desiguais e provistas de varios dentes romos na marxe interna. Estes abultamentos adoitan ser de cor castaña ou avermellada. Normalmente, unha das pinzas -as máis veces, a esquerda- é claramente maior cá outra, sendo a menor máis rápida e cos dentes máis agudos e aserrados. O lumbrigante utiliza a pinza maior para suxeita-las preas e a menor para esgazala en pequenos anacos.

O segundo e terceiro par de patas tamén rematan en pinzas, moito menores cás anteriores. O cuarto e quinto par de patas rematan nunha uña única.

O abdome está formado por seis segmentos ou aneis, que se sobrepoñen ó dobrarse baixo o cefalotórax. Cada segmento posúe dun par de pequenas patas (pleópodos) de función copuladora e ovíxena. Nos machos, os dous primeiros pelópodos están modificados para translada-los espermatozoides á femia no momento da cópula.

O abdome remata nun último segmento, que forma o telson, plano e rematando nun peite de sedas amarelas ou castañas, tamén presentes nos urópodos que conforman a aleta caudal.

O tamaño medio do lumbrigante oscila entre os 35 e os 50 cm, chegando a tallas superiores.

Hábitat

O lumbrigante, coma outros crustáceos superiores, é unisexual. O apareamento ten lugar a finais do verán. A femia garda os ovos pegados ó abdome durante 10-12 meses, ata que se produce a eclosión. As larvas pasan por unha primeira fase natatoria ata que alcanzan unha talla duns 3 cm, momento no que pasan a unha vida bentónica, para chegar á madurez ó cabo duns 4 anos, cuns 20 cm de lonxitude. Durante o desenvolvemento sofre numerosas mudas do caparazón, varias ó ano ó principio, que se van reducindo a unha cada dous anos, cando adultas.

Aliméntase de noite, a base de moluscos, vermes e peixes mortos.

Vive en augas pouco profundas, entre fondos rochosos de 2 a 40 m de profundidade. Atópase no Atlántico oriental, desde a altura do norte de Noruega ata as Azores e Marrocos. Tamén está presente no Mediterráneo, ata o Mar Negro.

Pesca

Captúrase con nasas especiais, engadadas con peixes ou crustáceos mortos. Ocasionalmente tamén ven enliado nos trasmallos e raeiros.

A talla mínima autorizada en Galicia é de 25 cm, medidos desde o extremo anterior da espiña infraorbitaria ata o extremo da aleta caudal ou telson.

Adoita comercializarse en fresco, vivo, pero tamén pode atoparse conxelado. Boa parte dos exemplares que se poñen á venda nos nosos mercados ou que se serven nos nosos restaurantes proceden do Reino Unido.

Consúmese cocido e con diversas salsas, e tamén simplemente á prancha. Desde hai anos estase estendendo o “arroz con lumbrigante”, prato que parece ser orixinal das illas Baleares.

Denominacións antigas

  • Cancer gamarus (Linne, 1758)
  • Astacus marinus (Fabricius, 1798)
  • Homarus vulgaris (H. Milne Edwards, 1837)

Sinonimia

Nos distintos portos galegos recibe tamén os seguintes nomes:

  • bugre
  • cereixo (por similitude con certas cereixas de cor vinoso, escuro)
  • labagante, lobagante, lombrigante, lubigante, lubrigante.
  • lagosta francesa (segundo Cornide e o padre Crespo. O adxectivo “francés” utilízase moito para designar variedades de inferior calidade)

Antón Santamarina supón que a denominación castelá “bogavante” é unha deformación popular de “lobagante”.

  • castelán: bogavante
  • catalán: llamàntol
  • vasco: abakandoa
  • Santander: lubricante, ollocántaro, abacanto
  • Asturias: llocántaro
  • Baleares: grimalt, llomanto
  • inglés: lobster, common lobster, European lobster
  • francés: homard breton (o europeo); homard américain (o canadense)
  • portugués: lavagante
  • italiano: astice
  • alemán: Hummer

Especies semellantes

“Lagosta” americana.

No mercado pode atoparse outra especie semellante, o lumbrigante americano (Homarus americanus), máis comunmente denominado canadense, máis grande e de cor máis avermellada. Os gastrónomos aseguran que a súa carne é menos fina e saborosa cá da especie europea.

Estes lubrigantes canadenses poden alcanzar tallas enormes: segundo o Libro Guinness dos Récords, o exemplar máis grande foi capturado en Nova Escocia (Canadá), cun peso de 20,14 kg.

Ás veces podemos atopar textos que describen esta especie baixo a denominación castelá de lagosta (ou lagosta americana). A razón da confusión pode deberse a unha tradución pouco rigorosa do inglés americano, lingua na que o lubrigante se denomina lobster, palabra que os dicionarios traducen directamente por lagosta.

Galería de imaxes

Ligazóns externas

  • Atlantic lobster [1]
  • Marine lobsters of the word [2]