Sueste asiático: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Asia; engado a Categoría:Xeografía de Asia mediante HotCat |
m r2.7.2) (Bot: Engado: fy:Súdeast-Aazje |
||
Liña 58: | Liña 58: | ||
[[fr:Asie du Sud-Est]] |
[[fr:Asie du Sud-Est]] |
||
[[frp:Asia du Sud-Levant]] |
[[frp:Asia du Sud-Levant]] |
||
[[fy:Súdeast-Aazje]] |
|||
[[gan:東南亞]] |
[[gan:東南亞]] |
||
[[hak:Tûng-nàm-â]] |
[[hak:Tûng-nàm-â]] |
Revisión como estaba o 16 de xullo de 2012 ás 22:42
O sueste asiático é unha subrexión de Asia que comprende gran variedade de países cunha certa unidade cultural e histórica. Está situada entre os paralelos 90 e 130 aproximadamente, e entre os meridianos 30 e 17.
Características
O nome non se comezou a empregar ata o século XX. Comprende dúas rexións xeográficas diferenciadas, Indochina e Insulindia, divididas en 11 estados que cobren unha superficie aproximada de 11.000.000 km² no que viven 550.000.000 persoas.
En total, a superficie do Sueste Asiático ascende a uns 4.000.000 km². No ano 2004 máis de 593 millóns de persoas habitaban na rexión, a sexta parte (114 millóns) na illa de Xava (Indonesia), unha das illas máis poboadas do mundo.
Historia
O principal feito histórico que determinou a vida da rexión foi indubidablemente que se atopa situada entre os dous xigantes asiáticos: China e India. Deles houbo influencias de tipo cultural, lingüístico, relixioso e político que aínda subsisten. A rexión é tamén zona de encontro de dous grupos humanos que se mesturaron pacificamente co pasar do tempo: o tipo malaio que vén do sur e das illas, co tipo asiático do leste que vén do norte.
Cara ao século I toda a rexión recibiu unha forte inmigración dos pobos da India, especialmente do norte e da casta dos bramáns. Tales pobos trouxeron consigo o hinduísmo e moldearon as linguas primitivas cun grande aporte do sánscrito. O hinduísmo perdurou na rexión ata o século XV, cando na península Indochinesa se introduciu o budismo de Theravada desde Sri Lanca e nas illas comezou a invasión do Islam. Os séculos XVII e XVIII viron tamén a chegada do colonialismo. O único país que o puido evitar, grazas ás políticas de modernización do seu monarca, foi Tailandia (antiga Siam).
Da herdanza hinduísta é testemuña a illa de Bali, que formando parte do meirande país musulmán do mundo (Indonesia), a súa relixión maioritaria é aínda o hinduísmo.