Engurras: Diferenzas entre revisións
engado táboa e máis info |
Sen resumo de edición |

Liña 6: | Liña 6: | ||
| director = [[Ignacio Ferreras]] |
| director = [[Ignacio Ferreras]] |

| produtor = [[Manuel Cristobal]]
[[Oriol Ivern]] |
| produtor = [[Manuel Cristobal]]
[[Oriol Ivern]] |

| guión = [[Paco Roca]]
[[Ignacio Ferreras]]

| guión = [[Paco Roca]]
[[Ignacio Ferreras]]
[[Rosanna Cecchini]]
[[Ángel de la Cruz]] |

| baseado = ''Arrugas'' de [[Paco Roca]] |
| baseado = ''Arrugas'' de [[Paco Roca]] |

| intérpretes = [[Álvaro Guevara]]
[[Tacho González]] |
| intérpretes = [[Álvaro Guevara]]
[[Tacho González]] |
Revisión como estaba o 20 de xuño de 2012 ás 08:43
Engurras | |

Ficha técnica | |
Título orixinal | Arrugas |
Director | Ignacio Ferreras |
Produtor | Manuel Cristobal Oriol Ivern |
Guión | Paco Roca Ignacio Ferreras Rosanna Cecchini Ángel de la Cruz |
Baseado en | Arrugas de Paco Roca |
Intérpretes | Álvaro Guevara Tacho González |
Música | Nani Garcia |
Fotografía | David Cubero |
Montaxe | Ignacio Ferreras |
Estudio | Perro Verde Films |
Estrea | 2011 |
Duración | 89 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Animación |
Orzamento | € 2,000,000 |
Na rede | |
http://www.arrugaslapelicula.com/ | |
Engurras é un filme de animación galego que foi estreado por primeira vez o 19 de setembro de 2011 no Festival de Cine de San Sebastián, baseado no álbum de banda deseñada Arrugas, de Paco Roca.
Argumento
Emilio e Miguel son dous anciáns recluídos nun xeriátrico que se fan amigos. Emilio, que padece un principio de alzheimer, conta inmediatamente coa axuda de Miguel e outros compañeiros que tratarán de evitar que vaia a parar ó andar dos eivados. O seu disparatado plan tingue de humor e tenrura o monótono día a día na residencia.
Personaxes
- Álvaro Guevara como Emilio
- Tacho González como Miguel
- Mabel Rivera como Antonia
- Raúl Dans como Xoán
- Montse Davila como Nora de Emilio
- Chelo Díaz como Emi
- Isabel Vallejo como Maite
- Carolina Vázquez como Xoán de neno
- Xermana Carballido como Dolores
- Paco M. Barreiro como Ramón "o locutor"
- Ana Maciñeiras como Sol
- Charo Pena como Rosario
- Xavier Perdiz como Martín
- Antonio Rey como Agustín
- Miguel López Varela como Pellicer
- Antón R. Olmos como Esteban
- Ana Lemos como Eugenia
Produción
O filme comezouse a rodar en xaneiro de 2010, dirixido por Ignacio Ferreras. A dirección de animación é do propio Paco Roca, autor do álbum orixinal, e a música do compositor galego Nani García. As produtoras son Perro Verde Films e a catalá Cromosoma.
Galardóns e nomeamentos
- XXVI edición dos Premios Goya (2011)
- Mellor filme de animación.
- Mellor guión adaptado realizado por Ángel de la Cruz, Ignacio Ferreras, Paco Roca e Rosanna Cechinni.
- Premios Mestre Mateo (2011)
- Premio Mestre Mateo á mellor película de animación.