Julián Barrio: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 7: | Liña 7: | ||
|diocese = [[Arquidiocese de Santiago de Compostela]] |
|diocese = [[Arquidiocese de Santiago de Compostela]] |
||
|precedida = [[Diocese titular de Sasabe]]<br> |
|precedida = [[Diocese titular de Sasabe]]<br> |
||
|ordenación = [[4 de |
|ordenación = [[4 de xullo]] de [[1971]], por [[Antonio Briva Mirabent]] |
||
|consagración = [[7 de febreiro]] de [[1993]], por [[Antonio María Rouco Varela|Antonio Rouco Varela]] |
|consagración = [[7 de febreiro]] de [[1993]], por [[Antonio María Rouco Varela|Antonio Rouco Varela]] |
||
|outrostítulos = |
|outrostítulos = |
Revisión como estaba o 13 de abril de 2012 ás 13:37
Modelo:Eclesiástico Julián Barrio Barrio, nado o 15 de agosto de 1946 en Manganeses de la Polvorosa (provincia de Zamora) é un crego católico galego, arcebispo de Santiago de Compostela desde 1996.
Traxectoria
Formación
Estudou Humanidades e Filosofía no seminario de Astorga e licenciouse en teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1971, ano no que ademais se converte en sacerdote. Xa como crego proseguiu os seus estudos e doutorouse en Historia da Igrexa pola Universidade Pontificia Gregoriana en Roma, en 1976, e posteriormente completou os seus estudos licenciándose tamén en Xeografía e Historia na Universidade de Oviedo, en 1979.
Carreira eclesiástica
A partir de 1980 foi vicerreitor do Seminario de Astorga, ata o ano 1992, cando foi nomeado bispo auxiliar de Santiago de Compostela. Colaborou con seu predecesor, o arcebispo Antonio María Rouco Varela, ata que este foi trasladado a Madrid. Foi nomeado Administrador Diocesano de Santiago de Compostela ata o 25 de outubro de 1994 e posteriormente (o 5 de xaneiro de 1996) foi nomeado arcebispo de Compostela por bula do papa Xoán Paulo II.
Dende que asumiu o arcebispado caracterizouse pola súa actitude conservadora[Cómpre referencia] e firme nas súas conviccións, continuando coa política do seu antecesor. Defendeu publicamente o catolicismo como "sinal de identidade do pobo español" e opúxose á aprobación legal en España do matrimonio homosexual, afirmando que "o matrimonio é esencialmente heterosexual e base ineludíbel da familia, cuxa quebra supón a quebra da sociedade."[Cómpre referencia]. Durante o seu arcebispado celebráronse tres Anos Santos, o terceiro deles coa visita do papa Bieito XVI a Santiago de Compostela.
Nomeado presidente da Comisión de Apostolado Seglar da Conferencia Episcopal Española en 2008[1], en 2011 entrou a formar parte do comité executivo da Conferencia Episcopal Española[2]
Notas
- ↑ "El arzobispo de Santiago, reelegido en su cargo en la Conferencia Episcopal", El Correo Gallego, 6 de marzo de 2008.
- ↑ "Monseñor Barrio entra en la cúpula de la Iglesia", El Correo Gallego, 2 de marzo de 2011.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julián Barrio |