Claude Monet: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: so:Claude Monet |
m r2.7.1) (Bot: Engado: als:Claude Monet |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
[[Categoría:Pintores impresionistas|Monet,Claude]] |
[[Categoría:Pintores impresionistas|Monet,Claude]] |
||
[[als:Claude Monet]] |
|||
[[ar:كلود مونيه]] |
[[ar:كلود مونيه]] |
||
[[ast:Claude Monet]] |
[[ast:Claude Monet]] |
Revisión como estaba o 25 de marzo de 2012 ás 14:27
Claude Monet tamén coñecido como Oscar-Claude Monet ou Claude Oscar Monet, nado en París o 14 de novembro de 1840 e finado en Giverny, Francia, o 5 de decembro de 1926, foi un pintor impresionista francés.
Traxectoria
Nos anos inmediatamente anteriores á guerra de 1870 un grupo de pintores, Monet, Camille Pissarro, Alfred Sisley e Pierre Auguste Renoir sitúanse á marxe de calquera remedo das tendencias precedentes e realizan unha nova pintura, que un crítico denominou despectivamente impresionismo, inspirándose no título dunha obra de Monet exposta en 1874, Impresión, sol nacente.
Monet foi o pintor máis orixinal e principal representante das conquistas técnicas e estéticas do grupo. Sen os matices políticos ou sociais dos realistas, por medio dunha concepción estritamente pictórica, Monet busca a realidade cromática e formal baixo os efectos da luz. Na base da súa arte está o desligarse do estudo de pintura, buscando o aire libre para pintar e o colorido claro; a luz transforma e altera as cores e tamén as propias formas, de tal xeito que a paisaxe e os seus elementos xorden como visións instantáneas que non se volverán repetir. Unha preocupación primordial para Monet vai ser o estudo dos reflexos da luz na auga, que ten unha consistencia real semellante á dos elementos reflectidos. Esta linguaxe acadou a súa maior pureza nos anos que pasou en Argenteuil (1872-1878).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Claude Monet |