Bastavales, Brión: Diferenzas entre revisións
m <!--Categorías ocultas--> Categoría:Brión poboación 2004 |
m Bot: Substitución automática de texto (-|densidade +|ano = \n|densidade) |
||
Liña 7: | Liña 7: | ||
|superficie = 14,4 |
|superficie = 14,4 |
||
|poboación = (Ano 2004) 1346 |
|poboación = (Ano 2004) 1346 |
||
|ano = |
|||
|densidade = 93,47 |
|densidade = 93,47 |
||
|entidades = 24 |
|entidades = 24 |
Revisión como estaba o 20 de marzo de 2012 ás 22:33
San Xulián de Bastavales | |
---|---|
Igrexa de San Xulián de Bastavales. | |
Concello | Brión |
Coordenadas | 42°49′19″N 8°39′50″O / 42.822, -8.6639Coordenadas: 42°49′19″N 8°39′50″O / 42.822, -8.6639 |
Área | 14,4 km² |
Poboación | (Ano 2004) 1346 hab. |
Densidade | Erro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km² |
Entidades de poboación | 24 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xulián de Bastavales é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.346 habitantes (708 mulleres e 638 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.382 habitantes.
Historia
Segundo a mitoloxía popular no castro de Beca tiña a súa residencia a Raíña Lupa na época en que o Apóstolo Santiago foi enterrado en Compostela. Este castro Lupario, ou castro de Beca, puido ser a capital da tribo prerromana dos Amaeos, pertencente ao pobo dos Caparos.
No arquivo parroquial gárdanse os escritos do párroco José Pumar Gándara, que polos anos 60 e 70 escribiu unha Historia Inédita de Bastavales, 12 tomos encadernados en pel nos que trata tamén temas como a etnoloxía ou léxico do lugar.
Patrimonio
A igrexa parroquial foi construída na metade do século XVII sobre un templo románico anterior, mencionada no poema de Rosalía de Castro "Campanas de Bastavales", do libro Cantares Gallegos.
- Campanas de Bastavales,
- cando vos oio tocar,
- mórrome de soidades.
- Cando vos oio tocar,
- campaniñas, campaniñas,
- sin querer torno a chorar.
- Cando de lonxe vos oio,
- Elas tocan pra que rece;
- penso que por min chamades,
- E das entrañas me doio
- Dóiome de dor ferida,
- que antes tiña vida enteira
- i hoxe teño media vida.
- solo media me deixaron
- os que de aló me trouxeron,
- os que de aló me roubaron.
- Non me roubaron, traidores,
- ¡ai!, uns amores toliños,
- ¡ai!, uns toliños amores.
- Que os amores xa fuxiron
- as soidades viñeron...
- De pena me consumiron.
Persoeiros de San Xulián de Bastavales
Da parroquia é a pandereteira Josefa de Bastavales.
Galería de imaxes
- Artigos principais: Galería de imaxes de Brión#Bastavales, Brión e Galería de imaxes de Brión.
-
Ponte dos Mouros ou de Paradela.
-
Castro Lupario.
-
Efectos da treboada Gordon.
Lugares e parroquias
Lugares de San Xulián de Bastavales
Lugares da parroquia de Bastavales no concello de Brión (A Coruña) | |
---|---|
Babenzo | Bastavaliños | Beca | Bemil | Casaldoeiro | Caxusa | Chave de Carballo | Chave de Ponte | Coruxido | Fontao | A Igrexa | Osebe | O Outeiro | Reboredo Grande | Romarís | O Rubial | Sabaxáns | Saíme | Soigrexa | A Telleira | Valiño | Vidaloíso | Vilas | Xinzo |