Diferenzas entre revisións de «Anfipático»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
==Aplicacións==
As principais aplicacións son:
* Os [[xabón]]s están baseados nas propiedades anfipáticas dos ácidos graxos ionizados que conteñen. A parte hidrófila ou lipófila únese ás moléculas orgánicas, que doutro modo son insolubles en auga, e a parte hidrófila queda no exterior e a auga arrastra a partícula, producindo o lavado.
* Son [[tensoactivo]]s, que poden reforzar as interfaces entre dous medios, para crear por exemplo burbullas de xabón, que están formadas por finas capas de auga entre dúas capas de xabón. A parte hidrófila do xabón encerra a auga no grosor da parede da pompa, entanto que a parte hidrófila, que mira ao exterior, forma unha membrana relativemente forte, sostida polas [[forzas de London]].
* Son bos co-solventes, que permiten mesturar na mesma solución moléculas hidrófilas e hidrófobas para facelas reaccionar. Por exemplo permiten facer reaccionar ións (pouco solubles en medios orgánicos poco polares, e moi solubles en auga) e grandes moléculas orgánicas insolubles en auga. Nesta tarefa son imprescindibles en química.
203.831

edicións

Menú de navegación