Diferenzas entre revisións de «Roque Cameselle»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m (Desfixéronse as edicións de 213.60.135.6 (conversa); cambiado á última versión feita por Ramiro Torres)
 
==Traxectoria==
Vive en [[Tui]] desde neno. Licenciado en Comunicación Audiovisual, éfoi profesor durante cinco anos de guión cinematográfico na Escola Superior de Cine de [[Galicia]], e Crítico de cine de ''[[Faro de Vigo]]''. Dirixiu as curtametraxes ''Memoria indesexable'' ([[1998]]), ''A moza do último'' (1998), ''[[Soldado sen fortuna]]'' ([[2000]]) e ''Amor a Mantis'' ([[2003]]). Na actualidade dirixe, sobre un guión propio, un episodio piloto de quince minutos para unha serie de debuxos animados sobre a historia de ''Bieito Dubidoso''.
 
No 2011 estreou no ''Festival Internacional del Nuevo Cine Latinoamericano de La Habana'' unha película de animación titulada ''[[The little Wizard. O mago Dubidoso]]'', que significou seu debut como director de longametraxes. A obra está baseada nos primeiros capítulos da súa novela ''[[Bieito Dubidoso]]''.
 
Na actualidade, traballa como director e xefe de guionistas no desenvolvemento dunha serie de televisión de debuxos animados que se chama "O diario de Berto".
 
Como guionista escribiu ''Na luz freada da tarde'' ([[2001]]), ''A Gilda chamábanlle Leonor'' ([[2002]]) e ''Meu xeneral o asasino foi o mar'' (2003), traballos premiados na convocatoria da Xunta de Galicia para a escritura de guións.
16

edicións

Menú de navegación