Martiño Rivas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Engadido: ru:Ривас, Мартин
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:
|nomecompleto = Martiño Rivas López
|nomecompleto = Martiño Rivas López
|datadenacemento = [[10 de xaneiro]] de [[1985]] {{Idade|10|01|1985}}
|datadenacemento = [[10 de xaneiro]] de [[1985]] {{Idade|10|01|1985}}
|lugardenacemento = [[Vimianzo]], [[A Coruña]] {{GAL}}
|lugardenacemento = [[Vimianzo]], [[Provincia da Coruña|A Coruña]], {{GALb}} [[Galicia]]
|datadefalecemento =
|datadefalecemento =
|lugardefalecemento =
|lugardefalecemento =

Revisión como estaba o 1 de outubro de 2011 ás 11:33

Modelo:Infobox actor Martiño Rivas López, coñecido artisticamente como Martín Rivas[1], é un actor galego nado en Vimianzo en 1985.

Traxectoria

Fillo do escritor galego Manolo Rivas e de María Isabel López, Martiño comezou a súa carreira como actor sendo un neno, na serie de Video Voz para TVG Mareas vivas. Traballou nela de 1998 a 1999, nas temporadas primeira a terceira. En 2004 participou na rodaxe da curtametraxe Puzle, de 24 minutos de duración. En 2005 tivo tamén un papel de reparto, como David, nas dúas temporadas de Maridos e mulleres, de Zénit Televisión para TVG. Das teleseries de ámbito autonómico pasou a traballar en series estatais con títulos como SMS (Globomedia para La Sexta) nun rol episódico dos capítulos 221 a 225. Actualmente é un dos protagonistas da serie El Internado de Antena 3. Academicamente, ademais de seguir a súa formación como actor na escola Espacio Aberto, estuda o 4º curso de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago.

Películas

Series de televisión

Curtametraxes

Vida persoal

Sentimentalmente relacionouse no pasado con Sara Casasnovas e Elena Furiase e na actualidade mantén unha relación coa actriz Irene Escolar[2].

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas