Lentella: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: kk:Азықтық жасымық
Sen resumo de edición
Liña 27: Liña 27:
[[Ficheiro:3_types_of_lentil.jpg|thumb|295px|Tipos de lentellas.]]
[[Ficheiro:3_types_of_lentil.jpg|thumb|295px|Tipos de lentellas.]]
[[Ficheiro:Lentils red and brown.jpg|thumb|295px|Lentellas vermella e marrón.]]
[[Ficheiro:Lentils red and brown.jpg|thumb|295px|Lentellas vermella e marrón.]]
Hai unha grande variedade de lentellas, con cores tan variadas como o amarelo, vermello, verde, marrón ou negro:
Hai unha gran variedade de lentellas, con cores tan variadas coma o amarelo, vermello, verde, marrón ou negro:


* Pardina [[Provincia de León|leonesa]] ou [[Castela - Castilla|castelá]] (marrón).
* Pardina [[Provincia de León|leonesa]] ou [[Castela - Castilla|castelá]] (marrón).
Liña 38: Liña 38:


==Preparación==
==Preparación==
Non se poden comer crúas, debido á presencia de anti-nutrientes como [[pitato|pitatos]] e [[tanino|taninos]]<ref>[http://pt.wkhealth.com/pt/re/injf/abstract.00009574-200508000-00002.htm Efectos da auga e a calor nos antinutrientes (en inglés)]</ref>. Algúns tipos de lentellas son tan rixos que teñen que ser deixadas dun día para o outro a remollo antes de cocelas. A cocción leva entre 20 e 30 minutos, dependendo da variedade.
Non se poden comer crúas, debido á presenza de antinutrientes coma [[pitato|pitatos]] e [[tanino|taninos]]<ref>[http://pt.wkhealth.com/pt/re/injf/abstract.00009574-200508000-00002.htm Efectos da auga e a calor nos antinutrientes (en inglés)]</ref>. Algúns tipos de lentellas son tan duros que teñen que ser deixadas dun día para o outro a remollo antes de cocelas. A cocción dura entre 20 e 30 minutos, dependendo da variedade.


Mistúranse frecuentemente con [[arroz]], xa que ten un tempo de cocemento similar. Este prato misturado chámase [[mujaddara]] no [[Medio Oriente]], [[khichdi]] na [[India]] e [[kushari]] en [[Exipto]].
Mestúranse frecuentemente con [[arroz]], xa que ten un tempo de cocemento similar. Este prato mesturado denomínase [[mujaddara]] no [[Medio Oriente]], [[khichdi]] na [[India]] e [[kushari]] en [[Exipto]].


En [[Galicia]] adóitanse preparar estofadas con [[chourizo]] e [[touciño]], e mesmo misturadas con arroz. Tamén se consumen cocidas con outros [[vexetal|vexetais]] ou simplemente fervidas para o seu uso en [[ensalada|ensaladas]]
En [[Galicia]] adóitanse preparar estufadas con [[chourizo]] e [[touciño]], e mesmo mesturadas con arroz. Tamén se consomen cocidas con outros [[vexetal|vexetais]] ou simplemente fervidas para o seu uso en [[ensalada|ensaladas]]


[[Ficheiro:Catalan lentil soup.JPG|thumb|300px|Lentellas con chourizo e touciño.]]
[[Ficheiro:Catalan lentil soup.JPG|thumb|300px|Lentellas con chourizo e touciño.]]

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2011 ás 09:53

A lentella (Lens culinaris) é unha planta da familia dos legumes ou Fabaceae. É un arbusto de crecemento anual, duns 40 cm de alto. Cultívase polas súas sementes, que medran dentro de vaíñas usualmente de dúas en dúas. O nome provén da forma de lente que teñen esas sementes.

Historia e usos

A planta probablemente ten a súa orixe na India, e foi parte da dieta humana dende tempos neolíticos, sendo un dos primeiros cultivos domesticados.

Cun 26%, a lentella é a terceira planta alimenticia cunha maior porcentaxe das súas calorías en forma de proteínas, despois da soia e os grans de cánabo[1]. Isto fai dela unha parte importante da dieta en moitas partes do mundo, especialmente no subcontinente indio, onde hai grandes poboacións vexetarianas. Son alimentos tradicionais, ademais de na India e Paquistán, na rexión mediterránea e no Medio Oriente.

Tipos

Tipos de lentellas.
Lentellas vermella e marrón.

Hai unha gran variedade de lentellas, con cores tan variadas coma o amarelo, vermello, verde, marrón ou negro:

  • Pardina leonesa ou castelá (marrón).
  • Lentellas de Puy (Lo Puèi de Velai) ou francesas verdes.
  • Beluga negra.
  • Eston Green, Richlea, Laird (verdes).
  • Petite Golden (amarelas).
  • Masoor (Coa pel marrón, son vermellas dentro).
  • Macachiados (amarelas grandes mexicanas).

Preparación

Non se poden comer crúas, debido á presenza de antinutrientes coma pitatos e taninos[2]. Algúns tipos de lentellas son tan duros que teñen que ser deixadas dun día para o outro a remollo antes de cocelas. A cocción dura entre 20 e 30 minutos, dependendo da variedade.

Mestúranse frecuentemente con arroz, xa que ten un tempo de cocemento similar. Este prato mesturado denomínase mujaddara no Medio Oriente, khichdi na India e kushari en Exipto.

En Galicia adóitanse preparar estufadas con chourizo e touciño, e mesmo mesturadas con arroz. Tamén se consomen cocidas con outros vexetais ou simplemente fervidas para o seu uso en ensaladas

Lentellas con chourizo e touciño.

Valores nutricionais e de saúde

Ademais do seu elevado grao de proteínas, as lentellas conteñen fibra, vitamina B1 e minerais[3]. A revista Health seleccionou as lentellas como un dos cinco alimentos máis saudables[4].

Contido en ferro

Son unha das mellores fontes vexetais de ferro. Isto fainas unha parte importante da dieta vexetariana, e útiles para prever a carencia de ferro en todo tipo de dietas, máis en particular para os adolescentes e mulleres en xestación[5].

Produción

Produción mundial de lentellas.

A FAO informou que a produción mundial no ano 2007 foi de 3,487 millóns de toneladas. Un terzo da produción mundial de lentellas dáse na India, seguida de Canadá co 17% e Turquía co 15%. Canadá, cuxa produción se concentra na rexión de Saskatchewan, é o maior exportador do mundo[6].

Notas

  1. Callaway JC (2004). Hempseed as a nutritional resource: an overview. Euphytica 140:65-72.
  2. Efectos da auga e a calor nos antinutrientes (en inglés)
  3. USDA nutrient database
  4. Alimentos máis saudables do mundo (en inglés)
  5. [Dietary Reference Intakes (DRI), Food and Nutrition Board, Institute of Medicine, National Academies. E.U.A. 2004 ]
  6. Produción agrícola canadense (en inglés)

Ligazóns externas