Olivenza: Diferenzas entre revisións
m r2.6.4) (bot Engadido: simple:Olivenza |
m r2.6.4) (Bot: Engado: uk:Олівенса |
||
Liña 51: | Liña 51: | ||
[[sv:Olivenza]] |
[[sv:Olivenza]] |
||
[[tr:Olivenza]] |
[[tr:Olivenza]] |
||
[[uk:Олівенса]] |
|||
[[vi:Olivenza]] |
[[vi:Olivenza]] |
||
[[vo:Olivenza]] |
[[vo:Olivenza]] |
Revisión como estaba o 30 de xuño de 2011 ás 23:16
Olivenza (en portugués Olivença) é un concello español, historicamente disputado por Portugal, situado na provincia de Badaxoz (Estremadura), preto do río Guadiana. É sede da comarca de seu nome.
Xeografía
A área do concello oliventino é de 430 km². Olivenza está situada na marxe esquerda do río Guadiana, a 23 km da cidade de Elvas e 24 km de Badaxoz. O territorio é de forma triangular, con dous dos seus vértices no río Guadiana. O concello de Olivenza inclúe hoxe dúas vilas e catro aldeas: San Francisco e San Rafael (vilas); e Villarreal, Santo Domingo, San Benito de la Contienda e San Jorge de Alor (aldeas).
Historia
Forma parte de España dende a Guerra das Laranxas, que tivo lugar en 1801. Portugal non recoñece oficialmente a soberanía española sobre o territorio [Cómpre referencia].
En 1801 o concello de Olivenza estaba constituído polas seguintes freguesías:
- Santa Maria do Castelo (Olivenza)
- Santa Maria Madalena (Olivenza)
- São Jorge da Lor
- São Domingos de Gusmão
- Nossa Senhora da Assunção da Talega ou Táliga, actualmente concello español.
- A aldea de Vila Real tamén situada no actual concello de Olivenza, facía parte en 1801 da freguesía e concello de Juromenha, que agora integra o municipio de Alandroal.