The Divine Comedy: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
m r2.7.1) (bot Engadido: en:The Divine Comedy (band)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de abril de 2011 ás 06:20

The Divine Comedy é un grupo de indie orixinario de Irlanda do Norte e formado en 1988. A banda está liderada por Neil Hannon, compositor, cantante, guitarrista, pianista e único membro estábel do proxecto, aínda que co andar dos anos pasasen por el unha longa listaxe de músicos.

Traxectora

A sua música combina influencias de grupos como The Smiths ou Electric Light Orchestra coa tradición crooner de Scott Walker, Jacques Brel e o pop barroco de The Beach Boys ou Burt Bacharach. Do mesmo xeito, a variada instrumentación e os arranxos orquestais das súas cancións tamén toman como referencia a música de compositores como Ravel, Stravinsky, John Barry, Michael Nyman ou Philip Glass.[Cómpre referencia] Malia estas influencias, o grupo foi criticado en ocasións por publicar como discos sinxelos as súas cancións máis orientadas ao easy listening.

As letras de Neil Hannon caracterízanse por retratar ironicamente a vida moderna e por incluíren referencias ao amor, o sexo ou a vinganza.

Véxase tamén

Ligazóns externas