Modesto Brocos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
muiño * > muíño
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Brocos-engenho.jpg|thumb|250px|right|''Engenho de mandioca'' ([[Muiño]] de [[mandioca]]), [[1892]]]]
[[Ficheiro:Brocos-engenho.jpg|thumb|250px|right|''Engenho de mandioca'' ([[Muíño]] de [[mandioca]]), [[1892]]]]
'''Modesto Brocos y Gómez''', nado en [[Santiago de Compostela]] en [[1852]] e finado en [[Rio de Xaneiro]] en [[1936]], foi un pintor galego-brasileiro.
'''Modesto Brocos y Gómez''', nado en [[Santiago de Compostela]] en [[1852]] e finado en [[Rio de Xaneiro]] en [[1936]], foi un pintor galego-brasileiro.



Revisión como estaba o 26 de febreiro de 2011 ás 11:12

Engenho de mandioca (Muíño de mandioca), 1892

Modesto Brocos y Gómez, nado en Santiago de Compostela en 1852 e finado en Rio de Xaneiro en 1936, foi un pintor galego-brasileiro.


Traxectoria

Era irmán do escultor Isidoro Brocos y Gómez, profesor da Academia de Belas Artes da Coruña. Terminados os estudos, aos dezaoito anos, pretendeu gañarse a vida en Arxentina, mais dous anos despois estaba en Brasil ilustrando o semanario O Mequetrefe, de Río de Xaneiro. Introduciu no país a técnica do xilogravado aplicándoa nas súas ilustracións.

Em 1875 inscribiuse como alumno libre na Academia Imperial de Belas Artes, onde recibiu clases de Vítor Meireles e Zeferino da Costa.

De xenio inquedo, antes de dous anos mudouse a París, onde ingresou na Escola de Belas Artes, tendo como mestre ó alemán Henri Lehmann. Incontento, marchou a Madrid, regresando ó pouco a París e despois marchando a Roma, onde encontrou ó seu protector, o artista español Pradilla. Frecuentou durante cinco anos a Academia Chigi ata 1890. Nesa época xa era un artista maduro, autor de excelentes obras e frecuentador do Salon parisino. Na condición de pintor con formación completada, retorna a Río de Xaneiro por invitación de Rodolfo Bernardelli, daquela director da Escola Nacional de Belas Artes, sucesora da vella Academia Imperial.

Profesor da Escola Nacional de Belas Artes durante a Primeira República Brasileira, fixou con realismo os tipos e as escenas brasileiras. Practicou diversos xéneros de pintura e foi autor de libros como A questão do ensino de Bellas Artes (1915) e Retórica dos pintores (1933).


Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Modesto Brocos y Gómez


Bibliografía

  • (en portugués) José Roberto Teixeira Leite: Pintores espanhois no Brasil, São Paulo, Espaço Cultural Sérgio Barcellos, 1996.

Ligazóns externas