Linguas malaio-polinesias: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.5.2) (bot Engadido: az:Malay-Polineziya dil ailəsi |
m r2.6.4) (bot Modificado: ms:Bahasa-bahasa Melayu-Polinesia |
||
Liña 32: | Liña 32: | ||
[[lt:Malajų-polineziečių kalbos]] |
[[lt:Malajų-polineziečių kalbos]] |
||
[[lv:Malajiešu-polinēziešu valodas]] |
[[lv:Malajiešu-polinēziešu valodas]] |
||
[[ms:Bahasa-bahasa Melayu- |
[[ms:Bahasa-bahasa Melayu-Polinesia]] |
||
[[nl:Malayo-Polynesische talen]] |
[[nl:Malayo-Polynesische talen]] |
||
[[nn:Malayopolynesiske språk]] |
[[nn:Malayopolynesiske språk]] |
Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2011 ás 01:42
As linguas malaio-polinesias son un subgrupo de linguas da familia austronesia. Este subgrupo esténdese polas illas do sueste asiático e o Pacífico (Polinesia), con algúns exemplos na Asia continental, e sendo un membro illado o malgaxe (Madagascar).
As linguas malaio-polinesias tenden á reduplicación (repetición de todo ou parte dunha palabra) para expresar o plural, como por exemplo wiki-wiki, e teñen unha entropía baixa, é dicir, os textos son bastante repetitivos en canto á frecuencia dos sons. A maioría non posúe grupos de consonantes (como [str] ou [mpl]) e ten un número de vogais pequeno, sendo cinco o máis común.
O malaio-polinesio divídese en dous, nunha póla occidental ("hesperonesio") e outra centro-oriental:
- Linguas malaio-polinesias occidentais, cuns 300 millóns de parlantes e que inclúen, entre outros, o indonesio, o malaio, o xavanés, o malagaxe, o tagalog, o ilokano, o cebuano, o buxinés.
- Linguas malaio-polinesias centrais-orientais
- Centrais, compóñeno unhas 160 linguas que se falan principalmente en Indonesia.
- Orientais, con aproximadamente un millón de falantes. Inclúe as linguas de Micronesia como o nauruano, o sama e o chamorro e as linguas de Polinesia como o hawaiano, o maorí, o rapanui, o samoano, o tahitiano, e tongano e o tuvaluano. Todas estas linguas teñen estatus oficial nos seus respectivos territorios