Léonard Bourdon: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
+ portrait
Liña 1: Liña 1:
[[File:AduC 169 Bourdon de la Crosnière (L.J.J., 1758-1816).JPG|thumb|right|240px|Bourdon de la Crosnière (Album du Centenaire)]]
'''Louis Jean Joseph Léonard Bourdon da Cronière''', nado en [[Alençon]] o [[6 de novembro]] de [[1754]] e finado en [[Breslau]] o [[29 de maio]] de [[1807]], foi un [[Revolución Francesa|político revolucionario]] [[Francia|francés]], presidente da ''[[Assemblée nationale]]'' e procurador da [[Comuna de París]], participou na revolta contra [[Robespierre]] que puxo fin ao [[Reinado do Terror|período do Terror]].

Revisión como estaba o 28 de decembro de 2010 ás 16:51

Bourdon de la Crosnière (Album du Centenaire)

Louis Jean Joseph Léonard Bourdon da Cronière, nado en Alençon o 6 de novembro de 1754 e finado en Breslau o 29 de maio de 1807, foi un político revolucionario francés, presidente da Assemblée nationale e procurador da Comuna de París, participou na revolta contra Robespierre que puxo fin ao período do Terror.

Biografía

Fillo dun encargado de finanzas, era avogado do consello do rei Luís XVI cando en 1789 fundou unha escola de educación e tomou parte na toma da Bastilla do 14 de xullo.

Delegado da sección do gremio dos gravistas da comuna de París, apropiouse de parte das xoias confiscadas aos axustizados en Versalles na xornada do 10 de agosto de 1792 mentres eran custodiadas cara a Orleans o 9 de setembro de 1792 onde decretou o estado de rebelión.

O mesmo ano é elixido deputado da Convención polo departamento de Loiret próximo ás posicións do partido Hebertistas que defendían as políticas de descristianización.

Durante os sucesos de 9 de Termidor, xunto a Barras, dirixiu a columna que asaltou o Hôtel de Ville de París que resultou na morte de Le Bas e ordenou a exhumación do cadáver de Jean-Paul Marat do Panteón. Tras o golpe de estado do 18 de Brumario, o 9 de novembro de 1799, que deu o poder a Napoleón Bonaparte, dirixiu unha das maison d'éducation.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Michael J. Sydenham, Leonard Bourdon: The Career of a Revolutionary. 1754‑1807, Waterloo Ontario, Wilfrid Laurier University Press, 1999.

Ligazóns externas