José Cornide Saavedra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Arranxos menores
Liña 32: Liña 32:
[[Categoría:Escritores en lingua galega|Cornide Saavedra, Xose Andres]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega|Cornide Saavedra, Xose Andres]]
[[Categoría:Escritores de Galicia|Cornide Saavedra, Xose Andres]]
[[Categoría:Escritores de Galicia|Cornide Saavedra, Xose Andres]]
[[Categoría:Nados na Coruña]]


[[ca:José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra]]
[[ca:José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra]]

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2010 ás 20:39

Casa natal, enfronte da Colexiata, A Coruña

José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra[1], señor de Cebreiro, de Madiz e de Saa, nado na Coruña o 25 de abril de 1734 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1803, foi un xeógrafo, naturalista e humanista galego, membro sobranceiro do movemento ilustrado.

Traxectoria

José Cornide Saavedra é un dos primeiros en denunciar a colonización económica e cultural de Galicia:
“No hay provincias en España que no tengan sus fábricas de algún género de paños; solo Galicia se ha contentado con las chapuceras fábricas de buriel tosquísimo (...). Los que ya hicieron callos en esta máxima diabólica (...) son los que más se han de oponer a todo cuanto de bueno y útil se propone en favor de Galicia, porque quieren que Galicia sea país de Indias”

De orixe fidalga, estudou Humanidades na Universidade de Santiago de Compostela. Foi rexedor da cidade da Coruña, fundador da Sociedad Económica de Santiago, fundador da Academia de Agricultura del Reino de Galicia e primeiro secretario perpetuo da Real Academia de la Historia (1802-1803), entre outros. Ao longo da súa vida realizou completos estudos sobre historia, xeografía e economía, fundamentalmente da Galiza.

Elaborou gran cantidade de mapas, entre os que destacan os da diocese de Ourense e da de Mondoñedo. Realizou numerosas crónicas de viaxes, como Viaje desde Coruña a la Corte, ademais de cultivar literatura, tanto en lingua española como en lingua galega, aínda que os seus poemas na nosa lingua actualmente son descoñecidos.

Obras

  • Memoria sobre la pesca de la sardina en las costas de Galicia (1774).
  • Historia natural de los peces y otras especies marinas de Galicia (1788).
  • Las Casitérides, o Islas del Estaño, restituidas a los mares de Galicia. Disertación crítica en que se procura probar que estas islas no son las Sorlingas, como pretende en su Britania Guillermo Cambden, y sí las de la costa occidental del reino de Galicia. Ficha en cervantesvirtual.es (1790).
  • Investigaciones sobre la fundación y fábrica de la llamada Torre de Hércules situada a la entrada del puerto de La Coruña. Ficha en cervantesvirtual.es.
  • Estado de Portugal en el año 1800.

Notas

  1. Portada na que se aprecia o nome de Joseph Cornide na súa grafía de finais do século XVIII.

Véxase tamén

Ligazóns externas