Hermenexildo Gotérrez: Diferenzas entre revisións
m {{SenReferencias}} |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{SenReferencias}} |
|||
'''Hermenexildo Guterrez''' foi un líder da nobreza galega do [[século IX]], fillo de [[Gutier Aloitez]] e a súa muller Elvira. |
'''Hermenexildo Guterrez''' foi un líder da nobreza galega do [[século IX]], fillo de [[Gutier Aloitez]] e a súa muller Elvira. |
||
Revisión como estaba o 30 de maio de 2010 ás 20:16
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Hermenexildo Guterrez foi un líder da nobreza galega do século IX, fillo de Gutier Aloitez e a súa muller Elvira.
Contaba con amplas posesións na Galicia actual e no norte de Portugal. Pertenceu á Curia Rexia e ostentou o máis alto cargo na mesma: mordomo real. Foi conde de Porto e conquistador de Coimbra, no ano 876.
Conquista de Coimbra
A conquista de Coimbra non foi unha mera repoboación. Era un núcleo musulmán consolidado situado a máis de cen quilómetros ao sur do núcleo cristiá máis próximo. Hermenexildo Gutérrez tomou a cidade asaltando as fortalezas da mesma. O emir de Córdoba Muhammad I reaccionou axiña e sitiou a Hermenexildo, que resistiu con éxito ata a chegada de reforzos.
Representa á nobreza galega que deu un pulo á chamada reconquista, chegando ata o río Mondego, nun momento en que a fronteira cristiá-musulmana, no centro da península, estaba aínda a altura de Burgos e no que Zamora non se pode dar como repoboada ata o ano 893.
Esta marcha cara o sur da nobreza galega consolidou un espazo social cristiá no territorio portucalense. Este espazo tan avanzado xeograficamente tivo que organizar a súa autodefensa mediante unha crecente autonomía. Sería o xermolo do futuro Reino de Portugal.
Dux de Galicia
Na rebelión do Dux galego Vitiza contra o rei de Oviedo Afonso III o Magno, aglutinou á nobreza galega leal ao monarca ovetense. Durante os sete anos que durou a rebelión, e que puxo en perigo a coroa do rei Afonso e a unidade do reino, fixo fronte aos ataques de Vitiza e contribuiu decisivamente á súa derrota. Impediu que o rebelde se fixera co espazo galaico.
No ano 895, o seu exército capturou a Vitiza e levouno encadeado á presenza do monarca. En recompensa recibiu as mandacións do rebelde e o título de Dux (representante da monarquía en Galicia ao que os condes debían obediencia).
Liñaxe real
No ano 900, a súa filla Elvira Menéndez casaba co futuro rei de Galicia e León Ordoño II. Da súa liñaxe descenden os reis galaico-leoneses (dende Sancho Ordóñez ata, polo menos, a casa de Borgoña).
Liñaxe e descendencia
Foi fillo de Gutier Aloitez (810 - 875), Conde de Coimbra e de Elvira Anzures. Casou cerca do ano 860 con Hermesinda Gatoniz (? - 840) - filla de Gaton Ramirez Conde do Bierzo e de Exilona - coa que tivo os seguintes fillos:
- Gudilona Menendiz (862 -?).
- Árias Menendiz ou Arias Mendes (911-924).
- Elvira Menendiz (864 - Outubro de 921).
- Gutier Menendiz (880 - 933).
- Inderquina Menendiz (? – 947).
- Aldonza Menendiz (882-942).