Conversa usuario:Xandrwijk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Alexandre Vigo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 00:37, 15 decembro 2007 (UTC)

Índice

Saúdo de Benvida[editar a fonte]

Benvido/a á Galipedia Alexandre Vigo. Con certo retraso súmome ó saúdo de benvida. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a tódolos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nos tes. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:07, 15 decembro 2007 (UTC)

Imaxe:Leovigildus1.jpg[editar a fonte]

Ola Xandrwijk, grazas por subir e compartir con nós esta imaxe. Hai un problema con ela.
Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou copyright e a orixe ou source.

A orixe[editar a fonte]

A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti.
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público y permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.

A licenza[editar a fonte]

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos (se incorporas os datos podes eliminar as marcas de borrado). Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou copyright e a orixe ou source.
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres parénteses (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Galipedia. A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ver a licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.
Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se pode subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 800.000 fotos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia, pero por desgraza aínda temos poucas fotos dos concellos galegos.

¿Como incorporar os datos ás imaxes?[editar a fonte]

¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así no tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, hai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda la página

Conta comigo para o que necesites. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 19:12, 20 decembro 2007 (UTC)

Imaxe[editar a fonte]

Fermosa imxe que subiches. O pero é que lle faltan datos. Púxenlle a caixa de datos para que che sexa máis doado engadir os datos, basta con que edites o campo de resumo da imaxe e engadas os datos‎. É unha boa imaxe, parabéns polo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 12:32, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Sen Orixe[editar a fonte]

Warning sign
Esta imaxe, salvo que se lle engadan os datos requiridos,

vai ser borrada no prazo dunha semana.

Image:GaliceCharlesV.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:GaliceCharlesV.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia procedentes de páxinas web teñen que ter unha licenza e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta.

Na orixe (páxina da que procede a imaxe) debe indicarse con exactitude a licenza con que a imaxe debe ser compartida na Galipedia. En caso contrario a imaxe será borrada.

Agradecémosche que indiques nos datos da imaxe o lugar preciso da páxina de orixe en que se fai mención exacta da licenza con que a imaxe se comparte na Galipedia. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outras imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explicitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.



Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:55, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxe[editar a fonte]

Ola, non hai de que. Faltaría por que dixeras quen foi o autor da fotografía da imaxe e a fonte de onde a sacaches (páxina web ou similar) para que se poida comprobar que a licenza que lle dera o fotógrafo a súa imaxe é válida coa Galipedia. Saúdos e bo traballo Lansbricae (Ti dirás) 23:46, 7 xaneiro 2008 (UTC)

  • Grazas. Está todo correcto. Agora a licenza é comprobable. Bo traballo. Conta comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:45, 8 xaneiro 2008 (UTC)

País desaparecido[editar a fonte]

Ola, Alexandre. Vin que creaches un novo modelo, de país desaparecido. :) Pero sorprendeume que lle puxeras PIB per cápita e esas cousas. Acabaches de facelo ou é que aínda estás traballando nel? Un saúdo --Xabier Cid 09:03, 11 abril 2008 (UTC)

Ola Xavier. Acabo de ver o bloqueo, realmente si, levo dende onte pola noite tentando facer o infobox para esta categoria, pero como ves non son moi ducho no tema e estame levando se cadra algo mais do desexable...:), primeiro tentei coller o infobox da wiki inglesa, a da española non me convenceu e decanteime pola portuguesa. O caso é no artigo Reino de Galiza, que pretendo equiparar a outros artigos da mesma clase en toda a wikipedia, preciso de por una infobox e asi de paso pode ser empregada pola Galipedia para futuros artigos, paises como Iugoslavia, e principalmente para estados antigos, como Ducados, Reinos,etc.. Se podes desbloqueala fariasme un favor! ;). Un saúdo. --Alexandros 10:31, 11 abril 2008 (UTC)

Ola, Alexandre. Eu bloqueei unha IP anónima, pensando que non eras ti. Síntoo. En todo caso, se empregas o campo de "resumo" para explicar o que vas facendo, axuda a que se vexa que non é un vandalismo, :) :) Síntoo se metín a pata. Con todo, a páxina non está bloqueada. O que está bloqueada é que edites como IP anónima. Se editas como usuario rexistrado, non deberías ter problema. Por outra parte, é mellor que me respondas na miña páxina de conversa... Se escribes na túa, é fácil que non te vexamos os demais. Un saudiño. --Xabier Cid 10:40, 11 abril 2008 (UTC)

Non te preocupes. Todos aprendemos todos os días. ;) Conta comigo pró que che faga falla. --Xabier Cid 11:05, 11 abril 2008 (UTC)

Nada meu, ti pra adiante co traballo que estás facendo. Se cadra podes porlle a etiqueta de {{enuso}} para que ninguén lle toque ó artigo mentres ti teñas pensado editalo. Un saúdo, noraboa polo artigo. AlberteSi, digame? 15:59, 11 abril 2008 (UTC)

En "Crónicas Galicianas" de Pérez Constanti dise que esta era a bandeira do reino suevo
Límites do reino nos séculos V-VI

Por certo, teño algunhas dúbidas ó respecto da inclusión de datos no modelo:País desaparecido. Por exemplo, poñemos unha bandeira e un escudo, mais dubido que esa bandeira e escudo foran os únicos durante os máis de mil anos do reino. De feito existe unha versión da bandeira sueva (aínda que algúns din que é un invento). Ademais durante o reino os límites xeográficos non foron sempre os mesmos, durante o reino suevo abranguía máis territorio. A cousa é: como facer que o lector non pense que o que pon no modelo é válido sempre, porque se eu non soubera nada do tema vería no modelo a bandeira o escudo e os límites na imaxe e pensaría que durante todo o reino foi así, non sendo unha conclusión correcta. Por sio non sei se cumpre facer ese modelo no artigo Reino de Galicia, ou se cadra hai que poñelo varias veces, unha delas para o reino suevo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:44, 11 abril 2008 (UTC)

  • Grazas pola mensaxe tan ben argumentada que me enviaches, a verdade é que me convenciches. Hai que seguir traballando no artigo, ampliándoo e aclarando cousas, e así poder engadir imaxes sobre a extensión do reino segundo o século e demais contido gráfico que se poida atopar. Por certo, no modelo aparece como linguas o casteán (século XV) e o galego (século XII). Estaría ben pór ademais o século no que se tornaron oficiais, e ademais engadir o latín, que supoño que foi oficial tamén nalgunha época. Pero isto xa é un asunto que se irá tratando en canto o artigo vaia mellorando, que estou seguro que é o que vas ir facendo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 13:34, 12 abril 2008 (UTC)

Monarcas galegos[editar a fonte]

Ola Alexandre! Pois eu coméntoche así de primeiras: non entendo moito do tema, e por iso advertín iso na conversa, porque a miña ollada pode achegarse bastante á de un leitor calquera, que atópase con distintas versións e datos bastantes confusos. Alédame, polo tanto que teñas en mente arranxar o artigo empregando a bibliografía que haxa, e unificar un tanto a información e aclarar datos que poidan soar un pouco raro como que Paio apareza na lista de monarcas de Galicia. Un saúdo. AlberteSi, digame? 19:12, 22 maio 2008 (UTC)

Lista de reis de Galiza[editar a fonte]

Nada en contra do teu traballo, simplemente que ao engadir reis anteriores ao período do que segundo o encabezamento trata o artigo non facía moito xeito, pero tanto ese artigo como o de reino de galiza precisan unha reformulación, se o fas ti perfeito.

Se dentro desta reforma cres ques e teñen que incluir os reis tradicionalmente atribuídos ao Reino de Asturias o tema vai traer debate, non é que eu estexa en contra de principio, pero en xeral o reino medieval de galiza ten uns límites históricos ben estabelecidos, e aínda que hai xente que lle quer dar unha continuidade co reino suevo e incluír reis tradicionalmente adscritos a outro título, esta é unha opinión moi discutida, e vai a haber que apoiala en citas claras. Un saúdo e bo traballo --emilio juanatey(talk) 22:22, 22 maio 2008 (UTC)

Imaxe:ChristianKingdomsin1050.jpg[editar a fonte]

Ola Alexandre. Hai un problema de orixe con esa imaxe. A orixe que indicas (Autoría de Lois Ramil Pais.) non permite comprobar a licenza. Se non permite comprobar a licenza, é coma se non tivese orixe.

Quizais Lois Ramil Pais puideses ser ti ou ser un amigo teu. Se é dun amigo, a imaxe hai que borrala. Na Galipedia non temos creado un sistema que permita a cesión de dereitos a outros. Si está crreado en Commons (Commons:Commons:OTRS), pero é moi traballoso. O ideal, se é dun amigo, é que a suba el mesmo (invitalo a túa casa, que cree un usuario e que a suba el mesmo coa túa axuda). Claro que quizais non sexa este o caso. Sexa como sexa, a orixe non é comprobable

Non vou marcar a imaxe en espera da túa resposta, por deferencia. Aclároche que non teño interese ningún en borrala. Cóntame. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:39, 16 xuño 2008 (UTC)

Infobox[editar a fonte]

Ola Alexandre! Fixen mudanzas no modelo:País desaparecido e quería que lle botases unha ollada a este infobox no artigo do Reino de Galiza. En concreto a duración que indiquei do reino foi de 409 a 1833, pero non sei se é habitual na historiografía actual incluír o reino Suevo como Reino de Galiza. Como fixen esa elección, no infobox puxen como entidade antecesora o Imperio Romano, que era do que formabamos parte antes da chegada dos suevos. Na wiki anglófona dan como inicio o ano 410, porén na hispanofalante dan o 910. Pois iso, bótalle unha ollada se podes. Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:11, 16 xuño 2008 (UTC)

Grazas pola resposta. O que non entendía era o de que o texto quedara á esquerda da infobox, xa que resulta que eu emprego o Firefox e nel a páxina mírase perfectamente. Así que decidín abrir tódolos navegadores que teño ciscados (Internet explorer, Opera e Safari), e resulta que no explorer mírase como ti dis. Pois que carallada, non sei porque se ve ben en todos menos en ese. Vou ver se arranxo o tema, se non habería que recuperar a versión do modelo anterior ás miñas modificacións. Un saúdo. AlberteSi, digame? 13:12, 17 xuño 2008 (UTC)
No infobox si que se poden mete-las datas como na wikipedia inglesa. Nas indicacións do emprego do modelo:País desaparecido, serían os parámetros evento e data_evento os que hai que utilizar para engadir esa información. Respecto ó problema que dá o infobox... sigo investigado. AlberteSi, digame? 00:30, 20 xuño 2008 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Ola Alexandre Vigo. Como usuario antigo deste wiki quero agradecerche o traballo que estás facendo en Reino de Galicia e noutros artigos. Parabéns e grazas polo ánimo que supón para aos que levamos tempo aquí ver o resultado das túas achegas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:39, 17 xuño 2008 (UTC)

Votación[editar a fonte]

Ola, Alexandre. Era mellor que incluíses a túa opinión en Wikipedia:Votacións para borrar/Fernando Alonso Romero para que fose tida en conta na votación. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 14:59, 14 xullo 2008 (UTC)


Artigo Reino de Galicia e imaxes[editar a fonte]

Ola Alexandre Vigo.
Non sei moito o que contas seguir facendo no artigo Reino de Galicia. A mín pareceme ben adiantado como para proporlo para artigo sobre Galicia (Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas) e para sacarlle un bóo resumo para a wikipedia en lingua francesa. Polo menos é o que conto facer. Vou esperar un pouco, por si acaso pasas por eiqui e tes comentarios. A maior "pega" que lle vexo, é a infobox por non convencerme, pero non pode estar todo o meu gusto persoal !
Por outra banda, si pasabas, gustariame preguntarche detalles sobre imaxes que cargaches e que non me atrevo a subilas a Commons (para logo utilizalas noutras wikis) porque sexa teñen tarefas pendentes, sexa non entenden ben certas cousas e non pode contar "parvadas" traducindo o francés. No caso que necesites axuda, eiqui estou para o que cabe nas miñas competencias
A lerte, si teño sorte. Saúdos ElviraConversa comigo 21:34, 18 agosto 2008 (UTC)

Motisimas gracias Alexandre pola tua resposta.
Polo do tempo non te preocupes, eu ando afaenada, e por temporadas non podo contribuir dandolle coidado o que fago, e xa sabés para mín o de falar galego ...
Entendo mui ben o que dis sobre o reino de Galicia. Iste tema leva duas dificultades grandes para ser artigo da Galipedia, onde non se pode facer traballo de investigación, nin partidario. Por unha banda a historia propia de Galicia sufre de investigións amplias e numerosas, e por outra banda dise moito, como no artigo da wiki en castelán (es:reino de Galicia) que istes temas están utilizados polo nacionalismo galego, cousa lexitima. Por todo isto a escrita diste artigo necesita moita maña e boas fontas.
Direiche que tamén me ilusiono, (para logo levar a wiki en francés, tanto como para miña cultura persoal), que ti e outros usuarios vades ampliar o tema da historia de Galicia, como por exemplo as istitucións, que sexan as propias do reino de Galicia ( Xunta do Reino de Galicia, que necesita ampliacion, e outras) ou as presentes no teritorio (Real Audiencia de Galicia, que tamén necesita ampliación e outras). Falo de ampliar e mellorar esta categoria da Galipedia que me gusta moito, e da cal son grande lectora, sen ser contribuiente.
Polo das imaxes agradezcoche moito a tua resposta e xa virei faceche preguntas.
Un cordial saúdo Alexandre Vigo ! ElviraConversa comigo 16:47, 23 agosto 2008 (UTC)

imaxe[editar a fonte]

Ola Alexandre
Subin a imaxe Imaxe:Wittizacoinbracara.jpg a commons para pode-la coller logo na wiki francesa. Non sei explicalo ben pero a imaxe non ten os requisitos necesarios para quedar e tal como está é de supor que sera borrado. Eu penso, pero sen garantizalo que é porque para estar coa licenza de domino publico debese poder comprobar co autor concorda para pola en dominio publico. Leva un nome de autor é non hai ligazón a autorización de esa persoa. Vín que na orixe pós : autoría propia, poís si fuches ti que sacou a foto da moeda, tes que pór na sección : Licenza ou permiso (Permission) : {{PD-self}} en lugar de Debe seleccionarse a licenza apropiada na caixa despregable de licenzas ou engadir a mesma ao sumario da imaxe.. Tamén se pode preguntar à Lmbuga onde está o problema
Polo caso que non podas fazer nada non te preocupes, non pasa nada.
Alegrome moito de ver os traballos que andas fazendo. Saúdos Alexandre ElviraConversa comigo 21:36, 10 setembro 2008 (UTC)

Edicións[editar a fonte]

Ola Alexandre! Hai tempo que non editas, e quedaron os artigos do Reino de Galiza e o de Galaicos co marcador enuso. Como estes artigos gústanme moito, ando visitándoos de cando en vez para ver se editaches, e vexo que hai un tempo que non. A ver se pouco a pouco avanzamos neles. Agardo que todo vaia ben. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 19:05, 8 novembro 2008 (UTC)


Paulo Orosio[editar a fonte]

Ola Alexandre!
Primeiro alegrome moito de ver que sigues editando, e siguo pensando que remataras o artigo para o mes de xaneiro. Non sei si te deches conta, comezei a traducilo na wiki francesa. Ando de vagar a pouquiñas e ainda estou polas secciós que me dixesches. Pero esta ben sabido que un artigo de wikipedia sempre pode estar modificado se é para ben e eu tamén vixio iste artigo. Vexo que hoxe houbo unha modificación dunha IP que me parece boa : Paulo Orosio pasou de galego a galaico-romano. Eu na tradución non che puxen galego por parecerme anacroníco, pero non me atrevín a porlle tampouco galaïco- romano porque anda sempre catalogado como historiador romano e romano non me parece mui xeitoso. Cal é a túa opinion ? A contesta non ten presa Alexndre e que todo che valla ben. Saúdos ElviraConversa comigo 01:00, 18 novembro 2008 (UTC)

Reino de Galicia > Parabéns[editar a fonte]

  • Ola Alexandre. Só quería primeiramente pedirche desculpas por facer edicións en Reino de Galicia, mais cando as fixen non vira o cadriño de que o artigo estaba sendo editado. De todas as formas só foi algunha cuestión da lingua de pouca importancia e que para nada altera o sentido do texto. En segundo lugar, quería felicitarte pola grande calidade deste artigo, porque un non deixa de aprender sobre a nosa historia, á vez que ve unha edición onde texto, contido e a súa combinación posúen unha calidade moi difícil de igualar. Parabéns.--Xoán Carlos Fraga 11:08, 8 decembro 2008 (UTC)
  • Ola de novo, Alexandre. Pois nada, Alexandre, que fas ben en retomar o artigo e manteño o dito. Oíche, non sei que opinas do primeiro parágrafo de Territorio e concepto, mais eu penso que se pode poñer un pouco máis claro. Que che parece así?:

A Gallaecia pasou de ser unha provincia romana a albergar un reino de mans dos suevos, e destacados autores coetáneos á fin da dominación romana falaban dunha Gallaecia que posuía proporcións moito maiores que a actual Galiza, cuxos límites permanecen practicamente intactos ata o século XII, momento no cal Portugal deixa de pertencer a Galiza e León cobra personalidade propia.

  • Ola, Alexandre. Que tal vai? Perdoa por tardar un pouco na resposta. Paréceme ben o resumo en tres liñas, e dou por ben feito o que fagas polos teus coñecementos. Saúdos.--Xoán Carlos Fraga 20:28, 20 decembro 2008 (UTC)

Consideracións sobre o artigo[editar a fonte]

Ola Alexandre! Xa lle fixen outra lectura e ademais fixen algún retoque e engadido no artigo. O artigo é unha delicia e unha ledicia lelo. Certamente é moi bo, mais xa que me pides opinións sobre o que non vexo claro ou calquera outra cousa pois alá van:

  • Na sección "traslado da corte á cidade de..." hai unha parte que di: "(...)varias dúas conflúían no(...)". Nesa frase non entendo o que quere dicir dúas.
  • Na sección "O nacemento do reino de Portugal" hai unha parte que di: "(...) que gobernaba toda a Galiza e Toledoeito vasalaxe feudal (...)". Semella que aí ou falta ou sobra algún texto.

No texto chámaselle de dous xeitos á unha das fillas de Afonso IX: Dona Doce e Dona Aldonza. Habería que deixa-la máis correcta.

  • Entre a sección "o duque de Lancaster, rei de Galiza" e "os derradeiros nobres rebeldes" paréceme que hai un salto algo brusco, como se aí faltara un pouco de información para tecer o texto de xeito perfecto. O que non sei é se iso solucionábase con ese 30% de artigo que che queda.
  • Coido que habería que falar máis do que agora dos Irmandiños, sobre todo da Gran Guerra Irmandiña. Non sei moito de Historia, mais unha revolución popular así non sei se se deu con frecuencia en Europa nesas datas, polo que creo que é un feito bastante importante dentro do reino de Galiza.
    • Quizais un texto que foi borrado poida volver a inserirse para paliar isto. O texto dicía así:
Mapa cartográfico do Reino de Galiza. s.XVI. Feito por Ioannes Baptista Vrints.

Durante as revoltas dos irmandiños estes gobernaron o Reino de Galiza mediante Xuntas que decretaron o derrubamento dos castelos e fortalezas, exerceron xustiza e recrutaron exércitos. O poder irmandiño durou dous anos ata que a nobreza galega opositora recuperou o poder (1469), axudada pola coroa castelá. Os Reis Católicos propuxéronse disciplinar o reino e consolidar o seu dominio de xeito definitivo. Tralo escabezamento da nobreza máis levantisca (Pardo de Cela decapitado no norte, Pedro Madruga asasinado no sur, e o conde de Lemos coutado no leste), o reino de Galiza quedou baixo o mando dun Gobernador quen presidía a Real Audiencia do Reino, que era designado polos reis de Castela e Aragón de entre a nobreza foránea.

  • Tamén creo que podería volver este texto eliminado do comezo da sección "Alta Idade Media":

Galiza adquiríu de novo o carácter de reino independente de 910 a 914 baixo Ordoño II e a aristócrata galega Elvira Menéndez. Experiencia que se repetiu co primoxénito deste: Sancho Ordóñez (924) e a súa dona a raíña galega Goto. En moitos momentos da súa historia viuse unido ó Reino de Asturias e/ou ó Reino de León, facendo que nalgúns casos sexa difícil diferencialos.

Ben, isto é todo o que quería comentar. O artigo é unha pasada de bo, e cos arranxos que che comento e se aínda o vas ampliar algo máis, penso que vai polo vieiro de ser un artigo de calidade. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 19:35, 17 decembro 2008 (UTC)

Intro[editar a fonte]

Ola Alexandre, engandinlle unha introdución ao artigo. Traducina da Wikipedia en castelán, bótalle unha ollada a ver que che parece.--Hugo22 12:46, 3 xaneiro 2009 (UTC).

  • Moitas gracias pola contestación Alexandre, a verdade e que co texto que lle pensas engadir o artigo vai quedar de 10. Está ben que poñas que existen diferentes ramas que interpretan o Reino de Galicia doutro xeito, canto máis afondo se trate o tema moito mellor, así evitáse caer en erros que cometéronse noutras wikis. Non sei máis que dicir, só che podo dar a noraboa polo artigo e animarche a que sigas a traballar así de ben, és moi bo--Hugo22 14:12, 3 xaneiro 2009 (UTC).
  • Non lera estes fíos de conversas. Eliminei a introdución que se engadira, os motivos explícoos na conversa do atigo pero en resumo considerei que tentaba achegar unha visión ahistórica, que se contradi con todo o resto do artigo e que semella tentar mete-la cuña de que o reino suevo é un mito nacionalista galego (por certo que achegan unha cita de Castelao que non sei moi ben que ten que ver). Así pois, pensando que a introdución debe ser histórica e coherente co artigo decidinme a eliminala. Penso que é mellor facer unha propia. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 23:07, 3 xaneiro 2009 (UTC)

Calidade e alta calidade[editar a fonte]

Parabéns Alexandre Vigo !
Eu penso como Hugo en respeto a introducción do artigo Reiino de Galicia : ten que ser máis longa para decir :

O artigo debe posuír unha pequena introdución que resuma o contido que se vai desenvolver

. Xa sabés que teño muita ilusión co que estar a facer. Ando vixiando o artigo e cavilando nil. Eu tiña de fai xa tempo, antes de ver o teu artigo, un anaco de introducción en francés pra o artigo na wiki francesa :

On appelle Reino de Galicia (Royaume de Galice) la période qui va formellement de 410 au 30 novembre 1833, date à laquelle la régente Marie-Christine signe le décret qui dissout la Xunta Superior do Reino de Galiza (junte du royaume de Galice). Toutefois il est convenu de considérer que la Galice a eu une politique autonome jusqu'au XV ème siècle, en prenant comme date symbolique 1486, date de la visite des rois catholiques à Saint-Jacques-de-Compostelle, bien que depuis 1230 les rois du royaume de Castille sont aussi rois de Galice[1]. A partir de 1833 et de fait jusqu'à la transition démocratique la Galice n'est plus une entité politico-administrative

. Agora renuncié e, xa que o artigo francés sera traducción case completa do artigo de gl e que levara eso como fonte do artigo no día que acabe a traducción. Ese anaco deixeino, polo de momento, na introcucción do artigo fr:Histoire de la Galice, artigo que quero mellorar e ... empezei pola cabeceira !.
Tamén cavilei sobre a estrutura do artigo, e se non che parece mal digocho rapidamente, logo se non che vai, poís non pasa nada :

A sección "Historia" é mui longa. Algunhas subseccións poden ser artigos principaís co mismo nome ou cun nome algo diferente. Para alghunas subseccións hai xa artigos que podense considérar como artigos principaís. Esto para decir que en certos casos, sen saber se se pode cortar algo, podese iniciar novos artigos e podense mellorar os que esistén. O que vou, é que iste artigo, como artigo global sobre o reino de Galicia, merece o meu entender máis seccions, por exemplo sobre as "institucións", as propías segun os periodos, as centraís, etc.
Que che parece ?
Saúdos Alexandre Vigo ElviraConversa comigo 15:05, 3 xaneiro 2009 (UTC)

Veño de ver, despoís da mensaxe darriba, o que lle comentaches a Hugo22. Ando de presa pero xa volto para leelo tranquilamente. Saúdos ElviraConversa comigo 15:23, 3 xaneiro 2009 (UTC)

latín[editar a fonte]

ola, Alexandre!

así, a primeira vista, creo que é:

"Neste ano os Sarracenos resarcíronse dos males sufridos, irrumpindo en Hispania cun exército inxente e despoboando todas as terras agás a Gallaecia".

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 22:19, 15 xaneiro 2009 (UTC)

Ufff, Alexandre... Se tivese un dicionario a man quizais, pero así ao vivo... Non teño nada claro o sentido da primeira parte da frase, porque non me encaixa o perpessa co malae, pero de min non te podes fiar, e imaxino que de Estevoaei si. Así que diría "Ese mesmo ano os musulmáns (sarracenos) ***** ***** ******, e invadiron Hispania cun exército moi grande, despoboando todas as terras agás a Gallaecia"

  • A mandar! Nota: non son latinista, nin nada polo estilo. Espero non coller "mala" fama e quedar agora de tradutor de-la-hostia.

Parabéns polo artigo do Reino de Galiza.

--Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 17:06, 18 xaneiro 2009 (UTC)

+ latín[editar a fonte]

Desta volta puxéchesmo difícil!!

Xa hai seis anos que non collo o dicionario con destreza, e tampouco controlo o contexto histórico. Podería ser algo así? Non te fíes moito, e se algún outro usuario lle bota un ollo, seguro que lle atopa erros.

Quem pater Leubildus insequens, et vellens occidere, tandem ejus insecutione filius est interfectus, per quem data est occasio. Post mortem Mirionis regis Galliciae, filio ejus Eurico et genero, nomine Audegane, de regno certantibus, a Leubildo Suevi et omnes Galliciae potestati Gotthorum subjiciuntur.

Finalmente, cando a ocasión foi propicia, o pai Leovixildo asasinou ao seu fillo maior (o que o seguía). Logo da morte de Mirio, o rei da Gallaecia, o seu fillo Eurico e o seu xenro, chamado Audegane, do reino co que estaba a loitar, foron subiugados por Leovixildo o suevo e os galaecios que estaban baixo a potestade (influencia? quizais os ariaianos?) dos godos.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 21:54, 23 xaneiro 2009 (UTC)

imaxe[editar a fonte]

Ola, Alexandre. Vin que subiches unha imaxe dun mapa que se conserva na catedral de Burgo de Osma. O mapa está obviamente no dominio público, pero non ten por que estalo a fotografía. É necesario que completes a información sobre ese aspecto: quen fixo a fotografía e cando. Senón, habería que borrala. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 10:50, 28 xaneiro 2009 (UTC)

Ola de novo, Alexandre. Unha IP anónima fixo unha edición na licenza desta imaxe. Fuches ti e por erro non estabas rexistrado? --Xabier Cid Conversa 23:09, 31 xaneiro 2009 (UTC)
Quixen crear a caixa de datos desta imaxe (Ficheiro:WesternEurope BeatusOsma.jpg), pero Xabier con bo criterio eliminou a miña contribución. Non estaría de máis que editases algunha imaxe cos datos colocados correctamente para procurar engadir ben os datos na próxima imaxe que subas.
Ademais quixen colocarlle a licenza adecuada para imaxes en dúas dimensións de autores mortos fai máis de 70 anos (confundinme e escribín "antiga" en vex de "arte"). As imaxes en dúas dimensións poden acollerse a {{PD-arte}}. Agás que presenten marcos (3 dimensións), agás que se vexa o fondo do museo onde están (3 dimensións), que sexan obras derivadas ou artísticas realizadas por autores que non morreron nos últimos 70 anos, ou que supoñan unha realización extraordinaria que por achegar medios novidosos poida ter copyright. Se o autor (é unha xeneralización) leva morto máis de 71 ou 101 anos (segundo os casos e lexislacións), esas imaxes, están sempre no dominio público.
De non darse un deses casos, se ti fas unha foto dunha obra con dúas dimensións, se a obra con dúas dimensións está no dominio público, o resultado segue estando no dominio público por moito que ti desexes poñerlle copyright (O teu copyright sería inválido. Nalgunha páxina de Commons dise iso, pero non a atopo. De tólos xeitos, do encabezamento da licenza de Commons xa se sobreentende iso.
De feito, a imaxe podería subirse a Commons e non tería problema sempre e cando se engadisen os datos que quixeches engadir e se indicase a licenza {{PD-Art}}
Se tiveres problema coa imaxe na Galipedia, súbea a Commons, escribe os datos e coloca esa licenza--83.45.143.250 23:29, 31 xaneiro 2009 (UTC)

fr:Royaume de Galice[editar a fonte]

Mui boa idea Alexandre, a túa escrita en francés non é boa, pero eu entendo mui ben e corrixir a túa escrita ganame 70 por cen do tempo que levo eu para traducir ! Vai ser un prazer andar a revisar ! Puxen un marcador para que non se desfaga a túa traducción. Ando (coma sempre !) de presa e teño que coidar un pouco e rapidamente o artigo Francia (antes das doce da noite !). Xa vas ver o artigo francés coa túa axuda vai esta pronto rematado. Estaría ben que te rexistrases na wiki fr co mesmo nome, ou maís lóxico é de fazer unha conta global, pero iso velo ti. A colaboración permite ganar moito en calidade na cantidade ! ou en cantidade na calidade !!! Ainda non traballei na cronoloxía da historia de Galicia, pero si que teño ideas ! Saúdos e sempre mui alegre de traballar con ti ElviraConversa comigo 16:43, 31 xaneiro 2009 (UTC)

Ola Alexandre. Que non che pareza mal pero teño que decirte, que agora que ando a traballar de verdade na traducción do Reino de Galicia ao francés, poís resultame necesario comezar co texto que escribiches en galego. Resulta que entendote millor cando falas galego que cando falas francés ! Xa sabes unha lingua non é copia doutra lingua por ben bases (o latin por exemplo) comuns que teñan. Unha palabra mui parecida pode ter un sentido mui dierente, ou pode funcionar mui diferentement no contorno morfo-sintaxico no cal se atopa. Non quero que che pareza mal pero non penso que sexa natural de andar con mentiras. Saúdos e ánimo ElviraConversa comigo 13:19, 7 febreiro 2009 (UTC)
Podo darche como exemplo concreto a traducción do titulo Le règne de Alphonse III et le neoghoticisme que ven de "O reinado de Afonso III e o neogoticismo". En francés eso de neogotico entendese únicamente polo movemento cultural actual e non porque os cristiáns da reconquista querian vincularse co reino godo anterior. Ando a cavilar. E como a tradución pareceme literal, pois necesito ir ver cal é o teu texto de orixen por se acaso dame outra pista de traducción. En todas dubidas sempre volto ao teu texto de orixen. Penso que me entendes. ElviraConversa comigo 13:32, 7 febreiro 2009 (UTC)

Pois por min perfecto! Polo que vin cadra que as invasións viquingas comezan cando os musulmáns toman un descanso (retomarían a actividade xa con Almanzor). Por min está ben facer outro cadro con información sobre as invasións (moita dela pode sacarse de Viquingos en Galicia). Se queres intento facelo eu (até marzo non teño máis exames). E reducirei a letra do cadro sobre as razzias musulmás.

A todo esto, este é un método de facelo, outro é crear unha sección sobre as invasións e metelas todas, mesmo as inglesas do pirata Drake se me apuras, hehe. Xa me dirás como prefires facelo. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 22:21, 9 febreiro 2009 (UTC)

Fada[editar a fonte]

Mensaxe para AlexandreVigo, Lameiro e XabierCid
Non sei se podedes axudarme a aclarar a palabra fada en galego, por se acaso. Entendo que hoxe falase de fadas como das hadas en castelán e das fées en francés e na Galipedia atopo ese uso en artigos Morgana, Dama do Lago ou Xenebra (raíña), etc : hai outros usos como no artigo Lobishome que entendo mellor. Este sentido non vai de acordo ca lembranza que me quedou do uso desa palabra de cando eu era nena escoitando falar a xente en galego. O Diccionario de los seres míticos gallegos di que que as hadas son en galego, segun o contexto, moura, dona, doncela, señora, señorita e encanto ; a fada é un sino que levan as persoas de toda a vida, ou botado nun momento da vida dunha persoa. O que di ese dicionario vai dacordo cas miñas lembranzas de nena. Cando investigo con google (resulta fastidioso porque non podo escoller o galego como lingua de preferencia) atopo o uso de fada como se fosen hadas en blogs ou en conversas sen especial fundamento de coñocemento "cientifico". E cando atopo algo que semella máis acreditado (Enrique Bande Rodriguez, catedrático de Geografía e Historia, poís vai polo sino e non pola persoa imaxinaría. Emilia Pardo Bazán na La última fada: novela inédita usa a palabra fada como se fose unha hada galega ? O DRAG consultado na web da as duas posibilidades : a persoa extraordinaria e a sorte. En resumo na lingua galega temos dous conceptos de fada, a fada sendo unha muller mágica de uso corrente e logo fada sino do destino propio da mitoloxía galega ? e polo só seria un artigo na Galipedia coa segunda acepción, a primeira seria sinalada nos diferentes artigos que a esplición seria útil, considerando que o uso actual de fada/hada/fée non acada unha potencia de desenvolmento necesario que non se poida atopar xa en artigos como moura ?
Toda ista conversa porque ando arredor do que seria o artigo Mitoloxía galega e todo o que pode ír na Categoría:Mitoloxía galega. E ainda ca mitoloxía galega como a mitoloxía gala non teñen literatura antiga comas mitoloxías irlandesa e galesa, eu penso que merecen artigos de alta calidade xa que o estado do coñocemento permite de recoller datos que ilustran a sua existencia na formación das respectivas culturas dende tempos remotos ata polo mesnos finaís do seculo XX en Galicia (para Francia non investiguei moito e non sei se a fomación da cultura cos mitos rematou ao comenzo do seculo XX).
Perdoar esta molestía, quero aclararme un pouco antes de meter a pata, non tendes obligación de contertar se o tema non está diante de vós ElviraConversa comigo 15:47, 8 marzo 2009 (UTC)

Aviso de falta de datos dunha imaxe[editar a fonte]

Ola, Alexandre. Hai tempo subiches unha imaxe á que lle faltan datos para poder ser publicada na Galipedia. En Commons non tería problema, pero a lexislación española é máis restritiva ao respecto. Seguramente non viches a miña primeira mensaxe. Podes aclararlos? A imaxe é ficheiro:WesternEurope_BeatusOsma.jpg. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 10:47, 11 marzo 2009 (UTC)

Ainda co reino de Galicia e as suas linguas[editar a fonte]

Boas Alexandre Vigo ! Vexo que puxeches un pé e veño darche novas do reino de Galicia para cando teñas tempo de ler (D:) :

  • traductores : o teu traductor pode que sexa moi bóo, o que non axude para o texto do reino de Galicia non é proba do contrario. Eu adoito axudarme de tres e niste caso renuncié, porque a escrita do artigo galego é mui "rica" (perdoa se non é a palabra correcta)) e necesita unha atención particular. Hai suptilidades de redacta que teñen moito sentido e polo tanto levan a escoller entre esquecer informes ou desformalos ou traballar sen automatismos na tradución. Digo isto, sen falar da necesidade de adaptar as ligazóns coa WP en francés, esto tamén é un asunto !
  • as ligazóns co WP en francés tamén plantexan a cuestion da historia de Galicia no campo do coñocemento historiografico .... con esto quero decir que vai por diante un traballo enorme para harmonizar con outros artigos. O usuario que actualmente contribue tamén na tradución do reino de Galicia, semella que esta disposto a meterse para que sen andar con posturas partidarias recollase o estado do coñocemento nos varios artigos.
  • O Reino de Galicia e a historiografía tradicional española : eu teño moita esperanza no estudo do tema que podría máis ben ser un artigo con fontes recollendo o que din historiadores e titulado A historia de Galicia e a historiografía tradicional española, quedando no Reino de Galicia unha sección con ligazón ao artigo máis xeral. Non penso que poida axudarte para decidir o que vas a fazer. Non teño capacidades para eso. O tema anda espallado na miña mente con cousiñas : a sección do artigo, o que di Ramón Villares, libros como Los celtas en Galicia -arqueologia y politica en la créación de la identidad gallega de Beatriz Díaz Santana ...non teño capacidades, pero estou de acordo para axudarte no que poida.
  • Ibn Sahib al-Salah non tera iste crónista un nome latinizado como no caso de Averroes ? non dou atopado nada sobre il, ágas unha página web que decia máis ou menos o que puxeches no artigo, tiña tantas xanelas abertas que perdín a ligazón, pero tampouco lembro que fose de moita axuda para mellorar o artigo.
  • Xa ves que ainda non rematei a tradución ao francés do reino, é un traballo mui formador para mín e mui gratificante xa que non uso traductores (porque trabuquean moito o texto orixinal), só dicionarios galegos na red (DRAG e IR INDO). Esto para decirche que por demais dun montón de pequenos artigos que son necesarios para servir de referencia interna, e do montón de artigos máis ou menos traducidos das outras WP que son necesarios (esta ben que proxectos irmáns aproveiten entre si) a Galipedia necesita artigos longos de autoría propia respetando as bases - neutralidade (os diferentes puntos de vista acreditados), fontes, etc- para ca Galipedia poida ser tamén un proveito para as outras WP. Niste campo, polo de agora, quedades poucos usuarios a realizar artigos. Para mín é ocasion de aprender moito e de interesarme na contribución aos proxectos wikimedia. Podes contar comigo
  • Non dubides en comentar e/ou corrixir o artigo de fr.

Bueno Alexandre, agora quedanme as preguntas de detalles. Farei unha sección para cada pregunta. Asi contestaras cando poidas e adaptando ao ritmo que che vai millor. Sáudos ElviraConversa comigo 13:30, 15 marzo 2009 (UTC)


Linguas do reino de Galicia[editar a fonte]

A lingua falada na Diocese de Britonia era o bretón ou unha lingua britónica non identificada nos artigos Linguas britónicas e fr:Langues brittoniques, en:Brythonic languages ? Os bretóns que chegan a Galicia nises tempos, son da mesma emigración coos que escapan de Gran Bretaña e colonizan a actual Bretaña francesa ? Na tradución en fr non concordamos entre os dous usuarios que traballamos nila, eu ando por lingua britonica, pero non atopo fontes. Xa veras se podes aclararme, sen obrigación Alexandre. ElviraConversa comigo 13:30, 15 marzo 2009 (UTC)

Grazas Alexandre asi estou tranquila da mudanza que fixen na tradución doutro usuario, o que dis é o que máis ou menos puxen non resumo cando troquei lingua bretoa por lingua britónica. ElviraConversa comigo 21:40, 22 marzo 2009 (UTC)

Foto dubidosa[editar a fonte]

Moi ben, Alexandre. Iso soluciona moitos problemas... e abre outros (moitos menos)

  1. Tes que indicar toda esa información na licenza da imaxe.
  2. Tes que indicar quen é a autora da imaxe, e que, ou ben che cede a ti os dereitos ou, mellor, cede a imaxe coa licenza que sexa.
  3. Tes que indicar na licenza que ti fas unha obra derivada desa fotografía e, pra ser 100, que tipo de operación fas sobre esa imaxe. --Xabier Cid Conversa 22:30, 15 marzo 2009 (UTC)

Ou sexa:

  • A editorial non ten dereitos, porque o que está facendo é un facsímile.
  • Martinus non ten dereitos, porque vaiche boa.
  • Pero a persoa que fixo esa fotografía pode ter dereitos (na medida en que fixo unha fotografía). Digo que pode porque non está demasiado claro na lexislación española o que é "mera fotografía", se existe semellante cousa. Para curarnos en saúde, deberías indicar con que licenza libera esa autora a fotografía.
  • Ti tes dereitos tamén, ao facer unha obra derivada.

--Xabier Cid Conversa 22:36, 15 marzo 2009 (UTC)

Froila II[editar a fonte]

Ola Alexandre. Hoxe estiven traballando nos artigos dalgúns monarcas, entre eles Froila II. Pode que non fora rei de Asturias, pero coido que de león si que o foi. Pode que o territorio atribuído ó reino de León sexa parte do territorio galego, mais penso que a diferenciación entre o goberno leonés e o galego existe, había autonomía aínda que por veces as súas historias xúntense e discurran á par. Por iso penso que hai que recupera-la táboa seguinte:

Blason Léon.svg
Reino de León

Segue a:
Ordoño II
Xandrwijk
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Astur-Leonesa

Cando menos o reino de León é nomeado nas fontes das que dispoño. A verdade é que eu pérdome un pouco no lío ese, en todo caso sería bo mencionar que boa parte da historiografía o considera tamén rei de León, e xa de paso engadir fontes, que son necesarias nos complexos estudos destes reis. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 22:56, 18 marzo 2009 (UTC)

Polo que vexo o reino de León nace canda García I de León, ó redor do 910. Alberte Si, dígame? 23:11, 18 marzo 2009 (UTC)
Evidentemente entre o "reino de León" e o de Galiza hai certa unidade, entanto que hai unha unidade cultural e histórica. Mais, con todo, creo que si é visible a diferenciación gobernativa. O tema é complicado, e eu non estou capacitado para defender ningunha opinión, pero coido que habería que da-las dúas versións, xa que é importante a historiografía que fai esa diferenciación entre reino de galiza e de león, en troques de chamalo de "toda Galiza". Saúdos. Alberte Si, dígame? 23:23, 18 marzo 2009 (UTC)
Home, estaría ben ter en conta ese libro que dis. Está claro que a versión galega da historia (se é esa a única que hai) hai que dala, mais sen obvia-las outras, xa que iso dá unha visión máis ampla e completa ó inocente lector, que probablemente, coma min, non teña moita idea no tema. Alberte Si, dígame? 23:45, 18 marzo 2009 (UTC)
Ben, Anselmo López Carreira semella ser toda unha celebridade historiográfica, véxoo moitas veces citado. Paréceme ben que se comece a dar esa visión da historia. O que fixen polo de agora é manter algunha da información xa que non é incorrecta (nin correcta), para ter aí esa versión, logo xa se verá como queda ó aumenta-los artigos coas demais versións, e con información adicional. A verdade, a enciclopedia que estou empregando está escrita por galegos (son un par de catedráticos de historia medieval da USC). Saúdos. Alberte Si, dígame? 00:10, 19 marzo 2009 (UTC)

García[editar a fonte]

Ola Alexandre. Estiven traballando no artigo García de Galiza, e máis ou menos finaliceino. Pero gustaríame engadirlle citas dos documentos como a Historia Compostelá, a Naxarense e todo iso, e como ti controlas deses documentos ó mellor tes algún por aí. Máis nada, un saúdo. Alberte Si, dígame? 21:45, 19 marzo 2009 (UTC)

reis de ...[editar a fonte]

Ola Alexandre ! Non teño tempo e moito a pregntarche, pero quero decirche que encantame o traballo candas a facer cos reis de Galicia, o primeiro foi de trocar o escudo da comunidade autonoma !!!Saúdos e ata prontoElviraConversa comigo 17:18, 20 marzo 2009 (UTC)

Pois non creo necesario que fagas consenso comigo, basicamente porque eu son un amateur total nisto da historia, e ti sabes moito máis. Se a bibliografía que manexas faiq ue o artigo precise mudanzas de estrutura eu non o vexo mal, sempre que a bibliografía sexa fiable e sexa aceptada comunmente (cando menos en galiza). De tódolos xeitos está ben facer pequenas notas dicindo as distintas interpretacións que ten outra parte dos historiadores, etc. O que considero importante é reface-lo artigo Reino de León, porque ímolo ter contradicind o que se vai dicindo noutros artigos. Xa ves, aquí o traballo nunca mingua, só medra, hehehe. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:16, 21 marzo 2009 (UTC)

Ibn Sahib al-Salah[editar a fonte]

Atopei (na rede con google) arabistas franceses que refirense a il para aumentar as fontes sobre estudios do tempo dos almohades e en particular sobre Sevilla. Teño unha antoloxía de Al Andalus en francés, que o cita largamente para o retrato do calife almohade Abû Ya qub Yûsuf. É por decirte que pareceme mui posible de mellorar o artigo en debe de levalo para borrar. Polo de momento non podo pero agardoó nas tarefas pendentes por si ninguén o fai.Saúdos ElviraConversa comigo 21:50, 22 marzo 2009 (UTC)

o goberno da Galicia en 1112[editar a fonte]

Alexandre, resulta que ao traducir ca "... morte de Henrique no ano 1112, sucédelle a viúva deste, D. Tareixa no goberno dos dous condados durante a menoridade do seu fillo ...", eso de que Tareixa goberna os dous condados resultanos raro tanto a Enguerrand VII como a mín. Ando a investigar para entendelo ben e poder xustificar esa frase no artigo. Podes ti comentala un pouco ? ElviraConversa comigo 22:01, 22 marzo 2009 (UTC)

Moitas grazas, xa está ben entendido e a tradución feita. ElviraConversa comigo 23:39, 22 marzo 2009 (UTC)

casamento ?[editar a fonte]

Seguindo coa tradución do reino de Galicia en fr : "...materializado no casamento con Fernán Pérez de Trava ..." falando de D. Tareixa co señor galego Fernán Pérez de Trava, eu non atopo fontes para decir que houbo casamento e gustariame retirar a pedida de fontes, ou mudar a tradución en que foi unha relación e para iso teño fontes. A ver si podes comentarmelo ? ElviraConversa comigo 12:08, 23 marzo 2009 (UTC)

Referencia engadida co comentario. Moitissímas grazas Alexandre. ElviraConversa comigo 23:41, 23 marzo 2009 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da Semana/Propostas[editar a fonte]

Propuxen dúas imaxes túas como imaxes da semana. Desculpa se non son as mellores. Son as que dei fundamentado (ligazóns útiles referentes a elas) primeiro.Grazas polo teu labor--Xan de ningures 23:52, 24 marzo 2009 (UTC)

Esquecín pedirche que revisases, se podes, a descrición das imaxes. Quizais encontres outras mellores. Se encontrases outras mellores, tes licenza pola miña parte para borrar o que eu como descrición puidese escribir. Se facer iso che resulta incómodo -cousa que comprendería- coméntame as alternativas e eu mesmo miro de modificar ou -quizais sexa o preferible- propor novas descricións--Xan de ningures 04:44, 25 marzo 2009 (UTC)

Modelo:Reis de Galiza[editar a fonte]

Boas Alexandre ! Cada vez que paso correndo sempre atopo unha maravilla. A última iste modelo. Parabéns Alexandre ! Deica logo ElviraConversa comigo 23:01, 25 marzo 2009 (UTC) Eu engadiria de baixo de cada seccion e aparte a lista de todos reis, tal como esta no artigo principal, eso permitiria de ire navegar o artigo de cada rei e veriase ben onde esta na listaxe o rei que leva o titulo do artigo. Claro a lista é longa pero eu penso que paga a pena. Seria algo asi :

Monarcas de Galicia
Reino de Galicia
Reis de Galiza2.jpg

Reis suevos

Reis visigodos

Señores territoriais

Reis desde Oviedo

Reis desde León

Reis de Galicia e León


Só é a miña opinion Alexandre.ElviraConversa comigo 00:14, 26 marzo 2009 (UTC)

Boas Alexandre! Vou ver se fago algo parecido ó que ti querías. Basicamente vou tentar meter caixas enrolantes para que vaian aparecendo os reis , porque senón a verdade é que un modelo no que tódolas ligazóns van cara ó mesmo artigo non resulta de moita utilidade, ou cando menos non máis que pór unha ligazón no véxase tamén cara á lista de monarcas do reino de Galiza. Outra observación que tería é que García de Galiza, que aparecería baixo a dinastía galaico-navarra, no modelo pon que son reis de Galiza e de León, porén García só o foi de Galiza, e non de León. Bueno, póñome a elo. Saúdos. Alberte Si, dígame? 12:10, 26 marzo 2009 (UTC)
Estiven intentando facer, en base a este modelo, un estilo con caixas desenrolantes, pero o que me saía era unha tremenda chapuza, así que non sei, algo haberá que facer, porque que tódalas ligazóns redirixan cara á mesma páxina non o fai un modelo de moita utilidade. Polo de hoxe retírome, a ver se mañá estou máis despexado. Alberte Si, dígame? 17:11, 26 marzo 2009 (UTC)
  • A mudanza que esplico máis arriba e que levei a cabo en liñas xerais iría en harmonía coa que temos para os reis de Francia, exemplo no artigo Carlomán I, e que puxen en proba no artigo Requiario, onde se vé que Requiario aparece marcado na listaxe por ser o titulo do artigo. Concordo con Alberte para as ligazóns internas do modelo. É por iso cas ligazóns aos dous artigos xerais Reis de Galicia e Reino de Galicia están arriba. Logo a listaxe liga co artigo do rei, e retirei na listaxe todo o que pode ser detalle. É verdade ca listaxe é mui longo, a mín non me parece mal, non me dou conta de como seria o das caixas derolantes, non sei se son utilizadas polos lectores. Deberiase transladar esta conversa na páxina de conversa do modelo ? na taberna ? A ver xa o que opinades Alexandre e Alberte ? Saúdos ElviraConversa comigo 22:25, 26 marzo 2009 (UTC)

Conversa ficheiro:WesternEurope BeatusOsma.jpg[editar a fonte]

Sigo editando nesa páxina. Editei varios apartados: foron varias edicións. Sigo pensando que teño razón.

Critiquei o xeito de actuar de Xabier Cid abertamente, dicindo o que penso.

Tamén editei na súa páxina de conversa expresándolle que

...fun moi duro, inda que aínda non todo o duro que podo ser. Quéroche aclarar así e todo que, inda que critico o teu proceder neste caso e critícoo expresamente, non quero facer un xuízo de valor sobre ti nin como persoa, nin como usuario nin como administrador. Eu -xa o sabes- estou encantado con que ti sexas administrador na Galipedia.

.

A imaxe, segundo os criterios de Xabier Cid, inda que el dixese que non, é copyvio (se el di que non o é, é porque non ten o asunto claro). Segundo os criterios da fundación Wikimedia, non é copyvio. Segundo os meus -que son os da fundación wikimedia e creo telos algo claros- tampouco o é--Xan de ningures 20:07, 3 abril 2009 (UTC)

Aceptar a perspectiva de Xabier -sei do que falo-, obrigará a retirar da Galipedia fotos como estas: Ficheiro:Santiago apóstolo. Catedral de Santiago.jpg, Ficheiro:SantiagoMatamoros.jpg, Ficheiro:SaintJamesTomb.jpg. Motivo: Realmente estas fotos son máis susceptibles de ser retiradas do que a túa. Son máis susceptibles de ser retiradas porque non son de obxectos en dúas dimensións, e porque, como na túa, non se pode comprobar o permiso para facer as fotos. En España, só se poden poñer no dominio libre as imaxes tiradas na vía pública a obxectos permanentes (liberdade de panorama) ou as fotos de fotógrafos que levan máis de setenta anos mortos--Xan de ningures 20:24, 3 abril 2009 (UTC)
Por certo, a imaxe Ficheiro:Santiago apóstolo. Catedral de Santiago.jpg é de Lmbuga. Lmbuga subiu primeiramente esa imaxe a Flickr sabedor de que contraviña as normas de Wikimedia, pois en España (ou a Commons) non se poden subir imaxes situadas no interior de igrexas, museos,... inda que se fai .Dese xeito salvou a dificultade--Xan de ningures 20:32, 3 abril 2009 (UTC)

Ó final propuxen a imaxe para borrar[editar a fonte]

Non as teño todas comigo por se tratar dunha imaxe en dúas dimensións, pero o caso é que na Galipedia non cabe a cesión de dereitos. Se a foto a fixo unha amiga túa, ti non podes subila á Galipedia (le Commons:Commons:OTRS). Desculpa, eu sigo as normas de wikimedia--Xan de ningures 22:02, 3 abril 2009 (UTC)

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3ATaboleiro_dos_administradores%2FProblemas_varios&diff=1130521&oldid=1127332[editar a fonte]

Malia o que dixen nesa páxina, se Estevoaei continúa na Galipedia sen lle eu aceptar as desculpas, cousa que considero imposible, esquecédevos de min. Eu metín a pata, como digo nese fío, rectifiquei -aseguro- en menos dun minuto; pero o que ocorre é que eu non debía aturar o que se me dixo.

Ou Estevoaei ou eu. Vós decidides--Xan de ningures 00:41, 4 abril 2009 (UTC)

As guerras irmandiñas e o reino de Galicia[editar a fonte]

Boas Alexandre Vigo! Ainda ando coa tradución na WPfr e sempre coa axuda de Enguerrand VII. Temos unha dubida sobre a sección "As guerras irmandiñas", Enguerrand VII dime que pode que hai dous asuntos mesturados na sección , eu depoís de pensalo ben digo que semella cas dúas primeiras frases están ben colocadas, pero cas outras corresponden a sección vindeira : "Resistencia dos nobres galegos aos Reis Católicos". Vou coller un pouco tempo para ler fontes, deixote esta mensaxe polo caso que pases por aca e que sexate posible de comentarme algo. Sen obrigación Alexandre Vigo, eu sigo igual ollando as túas contribucións e cando poida metereime máis nas tarefas que temos pendentes. Son longa, pero son fiel nos proxectos, non dudes e penso que Alberte non duda de mín, xa fai tempo que andamos nestas terras para compartir cultura. Saúdos e a lerte para o que sexa. ElviraConversa comigo 20:03, 7 abril 2009 (UTC)

En resumo semella que concordamos os tres ! Enguerrand VII vaise por 15 días. Eu vixio o artigo WPgl e non se me poden escapar as mudanzas que fas, que sexa nesta parte do artigo ou noutra para tomar as medidas utiles para o artigo WPfr. Por outra banda é posible que eu engade un pouquiño de contido en WPfr para ca sección non quede tan desequilibrada. Niste ultimo caso avisareite para que poidas comentar, para mín eres ti o perito e ando mui tranquila de ter a oportunidade de contar contigo e as contribucións que fas noutros artigos tamén conto aproveitalas para mellorar fr. Moitas gracias pola tua colaboración na Galipedia, eme de moita axuda. Saúdos Alexandre Vigo. ElviraConversa comigo 19:39, 10 abril 2009 (UTC)
A nova redacta xa se moveu nas terras galas para tradución. Só con unha ollada podo decir que moito tempo necesitaria eu para escribir moito menos en cantidade e en calidade ! Agora só me queda de estudalo ben e remexer a WPfr para traducilo. Moitissimas grazas Alexandre, dasme tranquilidade e aforasme moito tempo ! ElviraConversa comigo 15:14, 11 abril 2009 (UTC)

Ainda co Reino de Galicia[editar a fonte]

Boas Alexandre Vigo. Para cando pases. Penso rematar coa tradución francesa polos primeiros días de xuño. Esta tradución é unha aventura fermosa para mín, aprendo moito, si que é dificil, as dificulatades resolvense cavilando e isto é unha gloria para mín ! Por non pensalo antes, teño agora a seguridade de que eres un historiador (de profesión ou por afición, non sei e non ten importancia), pero que si dominas eso ! E tes moito merito de aceptar de compartir o teu coñocemente coas regras e os usuarios dos proxectos de Wikimedia ! Na WPfr teño a sorte da colaboración do usuario Enguerrand VII que vai dandolle estilo as traducións literaís que vou facendo. E logo para seguir espallando a historia de Galicia ... cada cousa no seu tempo ! Unas cousiñas :

  • Reino de Galicia : Non me preocupo polas engadiduras que poidas botar cando sexa, eu vixio o artigo. Agás dous temas : o artigo necesita cabeceira, é posible que eu escriba unha para o artigo de WPfr, en espera de que brote a túa. A sección sobre a historiografía, penso eu, necesita unha decisión, é mui longa para o artigo. Sabendo, por demáis, que é mui dificil de concebila, eu claramente penso que ten que ir nun artigo principal. Xa me contarás.
  • Cronoloxía do reino de Galicia, cronoloxía da historia de Galicia e cronoloxía historíca. Penso que tanto eu, como Alberte, andamos con conversa que non ten moito sentido, e que non vai a ningures. Anduven remexendo por moitos lados e cada quen ten o seu convenio e cada quen usa un convenio hoxe e outro maña. Penso ca solución estaría escollendo un convenio propio a Galipedia. Pero xa ireino comentar no seu lugar e logo conto con ti para opinar e aconsellar a comunidade coa fin dunha decisión.
    Repetindome, a túa contribución na Galipedia é de grande proveito para todos. Saúdos Alexandre Vigo. ElviraConversa comigo 23:15, 17 maio 2009 (UTC)

historiografía e historiografías ...[editar a fonte]

Boas de novo Alexandre Vigo
Xa sabes tranquilamente para cando pases. Cavilando sobre nacionalismo galego e galeguismo con motivo da colaboración na WPfr ando ollando bibliografías sobre historia de Galicia ; lembrando o que ti me comentaches polo mes de marzo en relación coa sección historiografía do Reino de Galicia ; e seguindo a miña idea sobre o tema :

  • observo que hai unha tradición de historiografía galega recoñecida (un exemplo, hoxe ollei o que dí Ramon Villares no libro Nations en quête de passé - La péninsule ibérique(XIX-XX siècles), e esta historiografía alimentou a elaboración do nacionalismo galego ...
  • por ven voltas que lle des a sección tal como esta esplica mui ben o papel da historiografía tradicional española na formación do nacionalismo español...
  • eu entendo que máis ou menos os chaamados nacionalismos perifericos brotaron polas fallas na construción do nacionalismo español (por exemplo ollando o libro Les nationalismes dans l'Espagne contemporaine -idéologies, mouvements, symboles...
  • examinando estes elementos pode resultar co tema da sección non é exclusivo do artigo Reino de Galicia.
  • en resumo coido ca sección historiografía dentro do artigo non sexa adecuada. Francamente eu vexo dous artigos posibles, ainde que dure un ano para construilos : Galicia e a historiografía tradicional española e Historiografía tradicional galega
    Que che pareze ? Estando claro que non teño idea do que estas preparando.
    Contando esto, tes que saber, que dende que cheguei nas WP, ando cavilando sobre o artigo xénérico castro (e non só no artigo da Galipedia !), xan van dous anos e volvese un teima na miña mente por non ser capaz de axeitar algo ( olla alguns interwikis para darte conta do "drama" que me atranca : en:Hill fort, de:Wallburg, fr:Castro (architecture) (+ ainda que bastante baileiro fr:Fortifications celtes), pt:Castro, ast:Castru e es:Castro (fortificación). Podese decir que nas WP ibéricas, e a versión en castelán a menos etnocentrista ?
  • a modo de conclusion : estas son preocupacións miñas e non tes obrigación de compartilas. Non desespero de poder, co tempo, contribuir máis positivamente nos artigos en francés, para Galipedia e a WP en español hai tamén o problema da miña fala defectusosa.
    Saúdos Alexandre Vigo, ata que teñas tempo e ganas ElviraConversa comigo 23:10, 20 maio 2009 (UTC)

Infobox[editar a fonte]

Ola, Alexandre. Escribo para saber se é posible utilizar xa o modelo infobox que creache (ten a etiqueta de "en uso") porque me gustaría utilizalo para facer un marcador xa que está moi ben feito. Parabéns polo teu traballo e saúdos.--Adorian 09:16, 21 maio 2009 (UTC)

Parroquias[editar a fonte]

  • Xa que polas túas contribucións coñeces moito sobre o tema, poderías dar a túa opinión en Conversa:Reino Suevo?. Un saúdo.--RNC 09:58, 24 maio 2009 (UTC)

Península Ibérica[editar a fonte]

Bótalle un ollo ao que lle escribín a RNC na páxina de conversa. A ver se che interesa. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 16:47, 6 xuño 2009 (UTC)

A escape....[editar a fonte]

Que alegría Alexandre! A escape sobre historiografía :

  • por si falamos das mismas metas : no artigo Reino de Galicia , eu pense que é necesario conservar unha sección sobre historiografía. Eu recollin material con minimo de tres historiadores (dous franceses e un galego) para redactar para WPfr. Ao rematar a tradución, esta nos asuntos vindeiros. Conto con ti. Logo o que se faga na Galipedia pode ser outra cousa. Xa ti dirás o que propos. Galicia e a historiografía tradicional española e Historiografía tradicional galega no meu pensar son dous artigos por demaís. O material que temos na sección actual do Reino de Galicia é mui xeral para quedar niste artigo. Non sei si aclaro mellor as cousas. Cavila e non hai presa. Só inntento esplicar ben a miña postura. Eu tamén podo mudala segun o que me digas.
  • agradezoche moito o dos castros ( na peninsula iberica son notables e especificos os do noroeste da cultura dos Castros (Kruta) e tamén os de Ávila ....). Alegrome moito que iniciese unha melloría niste tema, onde Galicia é tan diferente e tan semellante ca outros lugares ! Básicamente todo artigo debe na cabeceira expresar o concepto que leva o titúlo e darlle a volta case como resumo do contido. Cada lingua sendo un xeito de velo o mundo ....
  • outro detalle : o león, simbolo do rei e do reino ? Andamos con iso eu e Sire Enguerrand na WPfr. A il parecelle ben que si hai fontes fiables para decir co leon tamén se escolleu pola consonancia (que tamén era de moda) coa cidade ....Si tes tempo e podes ollar as nosas páxinas de conversa ?
  • sempre ando de presa ... estouche mui agradecida Alexandre ElviraConversa comigo 23:40, 9 xuño 2009 (UTC)

Punto e sigue[editar a fonte]

Boas Alexandre
Para terte ao tanto e non para darche presión.
Rematei a tradución (agás a sección sobre historiografía voluntariamente e si outra cousa é olvido que terei que recuperar, en espera que Sire Enguerrand delle un repaso
Pola miña banda vamos pasar no artigo WPfr a escrita dunha cabeceira e dunha sección sobre historiografía, máis o que propoña Sire Enguerrand. Todo con tempo ... e muito prazer para mín e moita tranquilidade sabendo que ti anda por acáElviraConversa comigo 21:32, 10 xuño 2009 (UTC)

ainda a escape[editar a fonte]

Alexandre vanseme os ollos por moitas luces que brotan (e outras que xa naceran !). Douche os elementos (de arranque e sin averiguar, a escape) que me guían nesta conversa que levamos sobre a sección historiografía :

  • historiografía sobre Galicia (teritorio do noroeste da peninsula) haina dende os autores greco-latinos
  • máis ou menos a historiografía é unha ciencia (estudo que pretende separase do poder) dende finaís do seculo XVIII e sobre todo dende o seculo XIX
  • as historiografías nacionais alimentaron os nacionalismos europeos que naceron do romanticismo no seculo XIX, máis ou menos, podense incluir o español e o galego dentro desta categoría. Son maioritarias e máis difundidas as historiografías que relacionan a historia na historia que xustifica os estados contemporanéos e polo tanto omitense identidades.
  • o choque ideoloxíco da historiografía española e da galega é unha tesis de López Carreira únicamente ?
  • teño algunha fonte (1 ou 2 , non estou segura) que di cos nacionalismos perifericos (e as historiografías que os acompañan - Galicia e outros)) ao nacionalismo español brotaron polos fallos na elaboración polo estado liberal hispanico (non pudo ou non supo) de facer as politicas (educacion, economía etc) integratorias que levaron a cabo outros páises (como Francia).
  • a historiografía tradicional española oculta as identidades "rebeldes" a hispanidad ... por tradición (xa antes do seculo XIX), non é o caso automatico das outras historiografías cando falan da peninsula iberica. Esto en particular da inglesa e a francesa dende os anos 70 (seculo XX), de non ser antes. O problema seria que non hai estudos xeraís, só sobre temas.
  • dende os anos 70, 80 ou 90 segun os autores hai unha tendencia a "revisitar" a historia europea medieval con "outros ollos". No caso de España : as historiografías tradicionáis españolas que vain pola hispanidade intrínseca ou pola hispanidade que brotou depóis de 711, non estudan as hispanidades (les Espagnes).
  • no artigo Reino de Galicia estaria máis adecuado unha seción "O Reino de Galiza e a historiografía", máis amplia no concepto, menos polémica.
  • non repito cousas que xa te comentei
  • de momento na WPfr :
    • andamos movendo a estrutura e a cabeceira
    • engadin unha sección baleira sobre as institucións
    • eu penso agardar para as secións : 6.1 Le royaume de Galice au sein de l'empire des Hasbourg, 8 Les institutions e 11 Le royaume de Galice et l'historiographie a ver o que ti fas aquí.
  • Alexandre todo con tempo. O do lion, xa comento outro día, o que dis sempre me interesa e aproveitoó, non liaches nada ! Polo dos castros, non che digo nada, pero ando no ceo soñando nos futuros artigos ! Saúdos Alexandre. ElviraConversa comigo 00:14, 12 xuño 2009 (UTC)

Ficheiro:Conde de gondomar.jpg[editar a fonte]

Boas Alexandre
Tratei de subir a commons o Ficheiro:Conde de gondomar.jpg, e non me foi posible, según o que entendo por non poderse comprobar a licenza. Propoño que amañas asi :

== Resumo ==>
{{Information
|Description=Retrato de Diego Sarmiento de Acuña
|Source=Parador Conde de Gondomar ''(habería que pór a ligazón para que vexase a orixe da foto, de modo que podase comprobar.)''
|Author=Autoría propia ''(supoño que deberiase pór o nome do pintor se é coñecido, ou anónimo)''
|Date=Século XVII
|Permission=PD-old
|other_versions=
}}


== Licenza: ==
{{PD-old}}

E que lle preguntes ao usuario:Lmbuga si lle pareze sufuciente. Pero non te preocupes Alexandre, si non tes tempo ou que non che se da por andar con esto, a mín no me parece mal, xa fas moito traballo de moito proveito. Ata outra AlexandreElviraConversa comigo 21:16, 8 xullo 2009 (UTC)

Foto das linguas de España[editar a fonte]

  • Ola Alexandre. Oíche, está moi ben o mapa coas linguas de España e a súa evolución co tempo. A verdade é que o artigo galego (lingua galega) mellora ben con esa imaxe. Os meus parabéns. --Xoán Carlos Fraga 05:31, 23 agosto 2009 (UTC)

Ficheiro:Linguistic map Southwestern Europe.gif[editar a fonte]

Ola de novo. Un usuario novo, Karkeixa, subiu unha nova versión desta imaxe animada pisando a túa (subiuna co mesmo nome). Rógoche que a revises. Grazas. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  17:38, 31 agosto 2009 (UTC)

Pensando máis na cuestión acabo de considerar que non estou de acordo con que se poida pisar unha imaxe que foi considerada imaxe da semana. Voullo comentar a un administrador. -- Lmbuga / Conversa comigo  17:44, 31 agosto 2009 (UTC)

Terminar artigo[editar a fonte]

Ola Alexandre! Non me fixei moito pero creo que hai tempo que non editas o magnífico artigo Reino de Galicia. Hai unha sección nomeada pero sen contido ("O reino de Galicia no Imperio dos Habsburgo"), e penso que es ti o que ten a idea de por onde ten que ir o tema para finaliza-lo artigo. Anímote a rematalo cando poidas, porque heino presentar como artigo de calidade (sería o primeiro en leva-la estreliña). Un saúdo, Alexandre. --Alberte Si, dígame? 01:38, 17 setembro 2009 (UTC)

ficheiro:Linguistic map Southwestern Europe.gif[editar a fonte]

Ola Alexandre ! Xa fai tempo ... Eu subin ese ficheiro a commons (commons:File:Linguistic map Southwestern Europe.gif) para que poida utilizarse noutras WP (e si que tuvo exito !) e xa sabes o que pasou. Anduven cavilando que teño algunha responsabilidade neso. Na Galipedia Alberte fixo o correcto, pero queda o problema en commons ... e nas outras WP que utilizan un ficheiro da túa autoría con retoques que non son túos. Acabei por botarme e o minimo é que che : informe. Saúdos Alexandre ElviraConversa comigo 14:30, 26 setembro 2009 (UTC)

Lista de tribos celtas[editar a fonte]

Ola, Alexandre. Cando teñas un momento, a ver se podes comprobar estes cambios que fixo un usuario ti que sabes destas cousas. Bótalle un ollo aquí. Un saúdo e graciñas. --Atobar (conversa comigo) 22:29, 29 setembro 2009 (UTC)

Comentario[editar a fonte]

Ola Alexandre Vigo. Quería facerche unha pregunta relacionada co tema das imaxes, como ten certa complexidade preferia expoñercho polo correo. Poderías activar nas preferencias de usuario un enderezo de correo electrónico? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:22, 2 outubro 2009 (UTC)

Reis e Raiñas[editar a fonte]

Creso que tes razón, desculpa polos cambios que fixen. Con todo, creo que podemos utilizar a caixa azul (sobre todo por metivos estéticos) iso si, quitando o escudo. Saúdos e parabéns por ese traballo. --Xas (fálame) 16:52, 7 decembro 2009 (UTC)

Ficheiro:Afonso III Regi Gallaeciarum.jpg[editar a fonte]

Ola Alexandre. Grazas por subir esta imaxe. Só quería comentarche que non comprendo a licenza desta imaxe, pero que non hai ningún problema con ela:

A orixe é a Wikipedia inglesa. Na Wikipedia inglesa está no dominio público, ¿por que entón, en vez de poñerlle a licenza correspondente ({{PD-antiga}}), lle pos unha licenza GFDL? ¿Por que tes que ser ti nomeado e a páxina da Galipedia en que compartes esta imaxe, se a imaxe se usa?

A que che acabo de facer é unha pregunta retórica que probablemente non precise contestación pois sexa todo un despiste.

Por outra banda, por min non hai problema para que lle poñas licenza GFDL, pero considéroo absurdo, nunca vas ter dereito a esixir ser ti nomeado, pois a imaxe está no dominio libre (Se inda tirases ti a foto e a foto tivese valor artístico...). Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:33, 7 decembro 2009 (UTC)

Por certo, a licenza que empregaches escríbese así:
{{GFDL-user-w|gl|Wikipedia galega|Alexandre Vigo}}

Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:39, 7 decembro 2009 (UTC)

Non é cousa de incompetencia, é cousa de tempo: Non hai tempo para todo. Por sorte, mentres dialoguemos, o tempo corre sempre ó noso favor, pois calquera erro posible será doadamente corrixido. Xa vin que subiches novas imaxes. Son imaxes moi interesantes. Vou revisalas agora. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  20:12, 8 decembro 2009 (UTC)
Outra cousa menor. Debido ós meus fráxiles coñecementos de historia, estou marcando estas imaxes con {{ImaxeSencat}} (o único que fai esa marca é engadir a categoría Categoría:Imaxes pendentes de categorización). Supoño que as imaxes se poderían categorizar nalgunha nova subcategoría de Categoría:Imaxes sobre a historia de Galicia, pero non me atrevo por non saber se sería mellor facelo dentro de Categoría:Imaxes sobre a historia de España (categoría por crear). Polo de agora quedan así, se tes algunha idea, coméntama. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  20:25, 8 decembro 2009 (UTC)

Árbores xenealóxicas[editar a fonte]

En canto poida botareille unha ollada ó tema. Sóame ter visto algunha árbore xenealóxica por esta wikipedia, pero non estou de todo certo. A ver se para a próxima semana teño a cousa arranxada. Un saúdo. Ah, e non esquezas o artigo Reino de Galicia, que xa lle falta pouco ^^. --Alberte Si, dígame? 22:39, 9 decembro 2009 (UTC)


Por certo, penso que o teu traballo ó subir esas imaxes é excelente. Estounas categorizando en Categoría:Imaxes de mapas históricos de Galicia, dese xeito serán máis doadamente localizables-- Lmbuga / Conversa comigo  17:00, 12 decembro 2009 (UTC)
Repara na licenza (falta) de Ficheiro:Gallaecia-Celtici Praestamarici.png, Ficheiro:Gallaecia-Celtici Supertamarici.png e Ficheiro:Gallaecia-Limici.png-- Lmbuga / Conversa comigo  22:12, 14 decembro 2009 (UTC)

Mapa linguístico ao decorrer da história[editar a fonte]

Oi Alexander! Seu mapa Ficheiro:Linguistic_map_Southwestern_Europe.gif é uma obra magnífica, absolutamente incrível, extraordinariamente preciso (até onde posso perceber), uma maravelha, uma perfeção em cada detalhe! Deve ter sido muito trabalhoso. Parabéns e muito obrigado! --Florian Blaschke 20:09, 15 decembro 2009 (UTC)

Sobre imaxes[editar a fonte]

Ola Alexandre Vigo. Como xa fixen o pasado 2 de outubro volvo a pedirche que por favor rexistres un enderezo de correo nas preferencias. Quero facerche uns comentarios sobre certos mapas, prefiro facelo polo correo porque non quero que poidan ser utilizados para fins vandálicos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:00, 17 decembro 2009 (UTC)

Grazas. O correo non chega a verse no wiki, o único que aparece é un enlace ao formulario de envío. De feito no primeiro envío nin sequera se ve para quen envía un correo. Para que apareza o enlace tes que entrar no teu buzón de correo e confirmar que vas a usar esa opción. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:17, 17 decembro 2009 (UTC) Engadido: a ligazón que ten que aparecer é 'Enviar un correo electrónico a este usuario'. Cando insires un enederezo de correo o sistema, por seguridade, envía unha mensaxe a ese enderezo de correo para confirmalo baste con premer na ligazón incluída na mensaxe para que active a opción de recibir correo. --Prevertgl 15:21, 17 decembro 2009 (UTC)
Non sei que pasa que sigo sen ver o enlace ao formulario de correo, quizais sexa a caché do navegador, probarei máis tarde a ver se aparece. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:31, 17 decembro 2009 (UTC)
Mensaxe enviada. --Prevertgl 15:56, 17 decembro 2009 (UTC)

Sobre as miñas imaxes[editar a fonte]

Se te refires a que as macro que fago son espectaculares, a verdade é que teño uns medios moi pobres e que me gustaría poder facelas mellor. Espero dentro dun ano ter mellor cámara, pero esperarei a aforrar algo máis.

Si é certo que o que fago é pouco usual, especialmente polo flash. Ultimamente emprego unha Canon G10. É unha cámara que pode custar 400 euros por Internet e que saíu defectuosa, de feito a G11, xa no mercado, corrixe os problemas de ruído da G10 ó pasar de 15 megapíxeles a 10 megapíxeles (tantos megapíxeles nun sensor tan pequeno non son boa cousa).

Por mor do ruído, coa Canon G10 só podes facer fotos a 80 ISO e inda así hai ruído. Á cámara engadinlle unha lente macro, unha lupa de 60 euros que aumenta 2x, pero que ó ser empregada co zoom 5x da cámara dá un resultado de 10x. Non é fácil de usar pois, ó colocar esa lupa, a cámara non enfoca, tes ti que calcular aproximándote ó obxecto que queres fotografar. Hai un punto, a uns 10-15 cm. en que o obxecto está enfocado e é entón cando podes tirar a foto, evidentemente hai que tirar moitas.

Ademais emprego un flash que xa tiña (de marca Nikon, creo que o sb-600) e que me custara 260 euros (válido para a cámara Nikon vella que teño). Como o flash non é da mesma marca, cando o emprego teño que traballar en manual tanto co flash como coa cámara. A miña sorpresa foi que colocando o flash ó mínimo teño tanta luz para facer as fotos que as tiro con f/8.0 e 1/2.000 segundos (podes ver os datos EXIF da imaxe da reprodución das moscas, aparecen ó final da páxina da foto). Tiralas así favorece que o campo enfocado sexa maior. O incrible é que con esas condicións tan extremas saian ben as cores, o cal implica que o procesador da cámara está moi logrado.

Como poderás observar, o segredo é pouca cousa, o único que fago é intentar aproveitar os medios que teño ó máximo (ou iso creo). Cando cambie de cámara terei que intentar facer o mesmo, non é doado, a lupa que emprego non dá os mesmos resultados con tódalas cámaras, hai un factor "sorte".

Ficheiro:Gallaecia-Celtici Praestamarici.png

Sobre o que me comentas desa imaxe, pouco podo facer, pois eu xa non son administrador e non podo borrar imaxes; inda que si podo indicarche como actuar sen recorrer a ningún administrador (se é que entendín ben o que dis).

Ó final da páxina de Ficheiro:Gallaecia-Celtici Praestamarici.png encontrarás unha ligazón que pon "Cargar unha nova versión deste ficheiro". Non tes máis que facer click aí para subir unha outra imaxe con ese mesmo nome e substituír a primeira imaxe subida. Tes que saber unha cousa, cando sobes unha imaxe mediante ese procedemento, os datos da imaxe que escribes cando sobes a imaxe nova pérdense, é dicir, sempre van quedar os datos da primeira subida (para variar os datos é necesario editar a imaxe). Polo tanto, se che indica o sistema de subida que tes que poñer unha licenza ou algo máis, dá igual o que poñas, o que poñas vai desaparecer.

Se non dás solucionado así o problema, faimo saber. Quizais poida que non entenda adecuadamente o que me dis. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:07, 17 decembro 2009 (UTC)

Sobre as imaxes miñas que non son macro, o que fago é tratalas minimamente con photoshop para corrixir problemas de perspectiva ou luminosidade. Con todo, pois non vexo moito excepcional nelas, non creo que te referises a elas-- Lmbuga / Conversa comigo  22:11, 17 decembro 2009 (UTC)
Esquecín isto: se xa subiches o ficheiro correcto e queres borrar Ficheiro:Gallaecia-Celtici Praestamarici.png, edita a imaxe e coloca esta etiqueta
{{Lixoporque|Duplicada e nome incorrecto: [[:Ficheiro:Nome_da_imaxe_co_nome_correcto_da_que_é_duplicado]]}}

Borrarase en pouco tempo-- Lmbuga / Conversa comigo  08:55, 18 decembro 2009 (UTC)

Ficheiro Linguistic map Southwestern Europe.gif[editar a fonte]

Olá Alexandre, Fiz alguns comentários ao teu mapa no Commons. Espero que isto ajude a aperfeiçoar um trabalho que já está magnífico! Um abraço e Feliz Ano Novo, Manuel de Sousa 17:42, 1 xaneiro 2010 (UTC)

Hórreos[editar a fonte]

Os motivos polo que solicitei a fusión do artigo hórreo co hórreo cedeirés son varios. Por unha banda a extensión que pode chegar a ter a medio prazo o artigo do hórreo cedeirés non será moito maior da que xa ten. Por outra, o artigo do hórreo tamén está nun estado bastante primario. A conclusión inmediata, ao meu entender, é que deberían formar parte dun todo, e se nun futuro cómpre dividilos xa se fará. A idea é, sobre todo, non marear ao lector con tanto paseo para poder enterarse ben do que é un hórreo. --Xoacas(Góstache o pemento?) 17:00, 27 febreiro 2010 (UTC)

  • Outra cuestión: faise necesario atopar en hórreo algunha referencia a algunha fonte que permita establecer esa taxonomía que ti empregas entre tipoloxías de hórreos. Dígoo sobre todo porque se me fai estraña, e tras consultar a bibliografía que eu manexo non a vexo demasiado xustificada. O hórreo dos Ancares, como ti lle chamas, téñoo atopado eu noutras zonas, e o cedeirés haino tamén nas mariñas coruñesas, por exemplo, ou na terra cha. --Xoacas(Góstache o pemento?) 17:13, 27 febreiro 2010 (UTC)

Ola, estou revisando o artigo Hórreo e lembrei que ti xa trataras este tema antes escribindo de certas variantes comarcais do hórreo, como o cedeirés ou o dos ancares. Viríame ben saber de que fonte tomaches esa clasificación. Eu, ata o momento, non teño atopado nada polo estilo. Gracias de antemán. Xoacas(Góstache o pemento?) 22:20, 21 marzo 2010 (UTC)

Caixa de imaxes[editar a fonte]

Nos tres últimos ficheiros (imaxes) que subiches a caixa de datos das fotos era incorrecta. Se o desexas, explícoche como incorporala. Tamén podes ver como incorporala en Modelo:CaixaImaxes.

Podes ver as túas últimas imaxes subidas aquí. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  18:02, 27 febreiro 2010 (UTC)

Vermudo III[editar a fonte]

ola, Alexandre! Podes botarlle un ollo ao artigo de Vermudo III, que lle tes o marcador de {enuso}? Vou facer unha edición pequena, para desfacer a redirección a homónimos de León. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:46, 3 marzo 2010 (UTC)

Navia (deusa)[editar a fonte]

Ola, Alexandre! Movín o artigo que creaches sobre a deusa seguindo o patrón de títulos de artigos. As comas adoitan usarse para os topónimos, preferíndose as parénteses para outros aspectos. Tamén fixen algunhas ligazóns e o agreguei no artigo Navia (homónimos). Unha petición: anímaste a traducir o artigo da portupedia Fonte do Ídolo, e engadir a referencia á inscripción adicada a Navia que se menciona no artigo Galaicos?

Un saudiño, e beizóns a eito polo traballazo que andas a faser. Saúde. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:21, 4 marzo 2010 (UTC)

Brinco de ouro[editar a fonte]

Ola Alexandre! Como vai? Mira, din con este artigo sobre un brinco de ouro, polo que semella un achado excepcional [1]. O caso é que estiven buscando onde metelo e non atopei lugar. Os artigos nos que podería ir serían os de Galaicos, Romanización de Galicia e Gallaecia, mais neses artigos non hai texto sobre a xoiaría ou o xeito de vida romano na Gallaecia onde meter esa referencia. Igual ti atopas algún sitiño. E non esquezas ó reino de Galicia, que xa lle falta pouquiño e é un orgullo de artigo. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 15:04, 4 abril 2010 (UTC)

Engadín a ligazón como referencia no artigo A Igrexa, Carballedo, Cotobade, onde está o castro. Tamén está moi ben a outra ligazón que aparece, un artigo que saíu na Voz feito por un arqueólogo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:29, 4 abril 2010 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

Ola, Alexandre. Vexo que estás creando artigos novos sobre temas de historia e alégrome moito, porque algúns deles facían verdadeira falta. Porén ás veces boto en falta que sinales algunha referencia que soporte o contido deses artigos (manual, libro, artigo...) e que o faga contrastable. Ánimo e bo traballo. Xoacas(non che sinto?) 12:40, 27 de abril de 2010 (UTC)

Refírome, concretamente, aos cambios de categoría de boa parte dos reis de Galicia, Asturias e sitios así. Pasar Mauregato de Categoría:Reis de Asturias a Categoría:Reis de Galicia ser dar motivos non é moi propio. --Xoacas(non che sinto?) 14:55, 27 de abril de 2010 (UTC)

Se a túa intención é trasladar toda a réstea de reis asturianos e facelos constar como reis de Galicia, creo que non sobraría que esperaras a acadar un certo consenso. Non se trata dunha cuestión sen importancia nin dun cambio illado. --Xoacas(non che sinto?) 14:55, 27 de abril de 2010 (UTC)

Estou de acordo contigo no que dices no idioma: o galego é para min sacrosanto a pobre do que che mo toque. Pero o que eu che dicía é que referencies as túas decisións, sobre todo cando afectan a unha serie amplísima de artigos. No caso de que a túa decisión non sexa compartida pola comunidade vainos dar un traballiño tremendo reverter as túas edicións. Ignorar este tipo de advertencias non vai servir para que os principios da Galipedia muden, só para desbaldir enerxías. Boa sorte. Xoacas(non che sinto?) 15:13, 27 de abril de 2010 (UTC)

Violacións de licenza[editar a fonte]

Ola Alexandre.

Por favor, ten en conta que a licenza GFDL baixo a que están os textos da Wikipedia require o recoñecemento da autoría mesmo cando os artigos proceden doutra Wikipedia. Tes información de como facelo en Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias.

Saúdos e a seguir traballando --. HombreDHojalata.conversa 13:06, 27 de abril de 2010 (UTC)

Mudanzas monarcas[editar a fonte]

Alexandre, antes de seguires coas mudanzas, cómpre que expliques amplamente as túas fontes. Ben sei que a historiografía española é traizoeira, pero este tema xa se falou e parece ser que a historiografía galega, agás contados casos, deixa estar o tema. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:54, 27 de abril de 2010 (UTC)

Unha conversa como exemplo [2] --Atobar (conversa comigo) 14:55, 27 de abril de 2010 (UTC)
Estou ao corrente, pero insisto no mesmo. Que expertos o mencionan así? En que libros concretos, en que páxinas, con que palabras? Que porcentaxe e relevancia teñen eses historiadores dentro da historiografía galega? Se efectivamente, as denominacións aplicadas son esas, ningún problema. Caso contrario, haberá que manter a corrente maioritaria e contrastada. Por outra banda, o caso de Carlos I/V e lixeiramente distinto. En fin, que por favor o expoñas na taberna ou onde che pareza antes de efectuar novos movementos. Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:15, 27 de abril de 2010 (UTC)
  • Alexandre, as túas últimas contribucións están a ser revertidas. Insisto, non implica que estean mal, isto está por ver. O problema está en que unha mudanza desta relevancia debe obrigatoriamente ser consensuada e matizada o máximo posíbel pola comunidade. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:03, 27 de abril de 2010 (UTC)
  • Vexo que xa estás informado de que as túas edicións foron revertidas. O que xa non está claro é que non queden secuelas. Dende logo levou o seu tempo revertelas, tempo que tiña pensado investir en traballos máis produtivos. Para aforrarmos no futuro estes esforzos estériles, antes de mudar a nomenclatura de todos os reis asturianos en bloque somete a túa proposta a discusión. Para iso están as páxinas de conversa de cada artigo e outros foros tales como a Taberna e similares. Pero ti todo iso xa o sabes, que non es novo aquí. Queda con dios. Xoacas(non che sinto?) 23:50, 27 de abril de 2010 (UTC)
    • Alexandre, entendo que a ninguén lle gusta que revertan as súas edicións, e máis cando son feitas coa mellor das vontades, como está sobradamente demostrado que é o teu caso. Se isto non se debateu antes, que en parte si, supoño que foi porque ao sermos unha lingua coitada e un número de editores reducido a cousa non dá para máis. Hai o que hai, ben o sabes. En fin, expón o que teñas que expor na taberna, e malo será que non cheguemos, con fontes e citacións ao pé da letra, a un consenso. Como che dixen, non son alleo ás desfeitas que da nosa historia fixo, fai e fará a historiografía española. Quero dicir con isto que tamén a min me interesa a verdade e non as inercias dos poderosos, pero esa verdade ou ben referenciadísima ou non é tal. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 01:15, 28 de abril de 2010 (UTC)
Entendo. Ten unha saída complicada, certamente. O único que teño ben claro é que non debemos facer mudanzas de numerais até que fique perfectamente dilucidado o tema. O problema que eu teño é que todos os libros de historia están na casa de meus pais e non na miña, e vivimos a unha chea de quilómetros de distanza (cóntanse por miles). O que tratarei de facer é estudar cando pase por aló e sobre todo de facerme cos libros para a consulta e poder seguir o debate. En fin, que pola miña parte queda no aire, porque non teño medios de seguir a corrente co rigor que cumpre facelo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11:31, 28 de abril de 2010 (UTC)
  • Alexandre, opino sobre os reis e raíñas. Ao meu entender, a Galipedia debe ter en conta primeiramente a historiografía galega, e despois a continuación pode (ás veces debe) mencionar outras historiografías (sobre todo a española). En xeral penso que as túas edicións van nesa óptica, e estou de acordo con elas, mais entendo que haxa outras opinións. Gustaríame saber tamén que denominacións usan os libros en galego de Historia de España, pois serían outro punto a ter en conta. Consultando o DEGU (Dicionario enciclopédico galego universal, 2003) en papel, vense as entradas de dous Afonso VIII (unha para o rei de Castela e outra para o rei de Galicia e León), e a entrada Afonso IX pon => Afonso VIII. Por tanto, penso que a denominación deste rei está clara que debe ser Afonso VIII (historiografía galega actual, DEGU... penso que xa son boas referencias). Curiosamente Afonso X o Sabio (no DEGU), queda así. --Xoán Carlos Fraga 13:39, 28 de abril de 2010 (UTC)
Pregunteille a un historiador amigo e efectivamente, malia que non é a súa especialidade, coméntame o mesmo sobre das falsidades da historiografía española. Tratarei de seguir informándome, pero polo que vou vendo efectivamente fai falla ir actualizando algunhas cuestións. Seguimos co debate. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:59, 28 de abril de 2010 (UTC)
Busquei outra opinión de peso, a do historiador Carlos Baliñas, é non está en absoluto de acordo con moitos dos cambios propostos. Agora estou de viaxe e até dentro duns días non andarei na Galipedia. Á volta xa che comento. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:37, 30 de abril de 2010 (UTC)
  • Ola Alexandre ! Non teño moito tempo : a miña opinion concorda coa túa, a de Xoán Carlos Fraga e a de emilio juanatey. O mellor seria levar unha conversa xeral na páxina Conversa:Lista de monarcas de Galicia, ou noutra si resulta mais productiva. Perdoa non teño disponibilidad de momento para pensar ben as cousas e buscar referencias e participar de seguida, pero si que se debe levar un debate, ainda que só sexa polo traballo que fixeches, no no podemos revertir o cabo de máis dun ano sin buscar consenso tranquilamente e con referencias e conversa fructuoso. Unha aperta Alexandre Elvira (conversa comigo) 01:56, 29 de abril de 2010 (UTC)

Cores[editar a fonte]

Ola Alexandre. Finalmente saiuche ben o tema dos modelos. Iso é que xa controlas máis ca min nese eido. Tentei muda-la cor amarela porque pareceume algo rechamante de máis, pero desfixen o meu troco porque a miña elección tampouco foi boa. Vou deixalo polo de agora así, como dis. Bo traballo, seguirei atento ás túas edicións, máis que nada porque aprendo moito con elas. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 16:32, 30 de abril de 2010 (UTC)

  • En Vermudo III non funciona o cadro, non sei cal é o erro. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 11:14, 1 de maio de 2010 (UTC).
  • Acabo de ver que non funciona a ligazón externa que confirma que Vermudo III era emperador de Gallecia, non encontrei outro que valese. Era ben repoñer esta ligazón. --Xoán Carlos Fraga 13:41, 2 de maio de 2010 (UTC)

Violacións de licenza[editar a fonte]

Sobre as violacións de licenza dos artigos copiados doutras wikipedias sen mencionar a fonte, remítome ao xa explicado por Usuario:HombreDHojalata hai poucos días. E postos a copiar de calquera maneira, non esquezas poñer en práctica todas as outras cousas (formato, ligazóns, categorías...) que xa sabes que hai que facer. En Reino de Toledo deixeino eu a medio arranxar, que xa é tarde, pero a Reino de Sevilla, Reino de Xaén, Reino de Córdoba, Reino de Murcia e Reino de Alxeciras aínda lles queda moito que traballar. Xa de paso indica en algures que os colliches da es:wp, que tamén teñen dereito. Námaste. Xoacas(de laranxa) 23:12, 2 de maio de 2010 (UTC)

Vexo que estás facendo edicións en varios artigos relacionados coa historia de Galicia, e felicítome por iso. A wikipedia sairá gañando e todos nós con ela. Porén creo que non sobraría indicar algunha referencia que xustifique as túas edicións, alén dunha simple listaxe bibliográfica final. Os artigos gañarían calidade e o lector veríase beneficiado. Saúdos. Xoacas(de laranxa) 13:26, 5 de maio de 2010 (UTC)

Correo[editar a fonte]

Alexandre, vouche mandar un e-mail agora mesmo. Dígocho para que lle botes un ollo, por se non é o teu enderezo habitual. --Atobar (conversa comigo) 21:56, 12 de maio de 2010 (UTC)

Movementos[editar a fonte]

Cando queiras mover un artigo non tes máis que premer na ligazón "mover", automaticamente o artigo pasará á súa nova localización conservando o historial e a páxina de conversa intactos. O que fixestes co artigo Silo (rei) non é o máis indicado. Por outra banda, e polo que se falou en varias páxinas de conversa, inténtase chegar a un consenso sobre a nomenclatura (se se pode chamar así) dos reis e similares, pero ese consenso aínda non está formulado. Saúdos. Xoacas(non te me poñas así) 22:23, 12 de maio de 2010 (UTC)

Parabéns[editar a fonte]

  • Ola, Alexandre. Só era para dicirche que o mapa da coroa de Castela queda moi ben e é moi didáctico, superando o anterior con diferenza. Con respecto ao do rei Silo, penso que é mellor poñer en Silo (rei) a etiqueta "lixo" (paso necesario para que nos quede libre despois esa entrada), e despois (tras ese borrado que ten que facer un administrador) o artigo Silo de Asturias movelo desde a pestana "mover" (como moi ben expuxo Xoacas), que está arriba á dereita de historial, pois así consérvase todo o historial. Eu penso que non hai dúbidas nese movemento despois das referencias que puxeche no artigo e do contido (penso que mantelo como está non é coherente entre o texto e o nome da entrada), e penso que engadindo que a historiografía española o denomina Silo de Asturias, non debera haber problemas. Outra referencia: o DEGU (dicionario enciclopédico galego universal de Ir Indo) tamén ten a entrada Silo -a secas-; por tanto, penso que non debe haber contraposición. --Xoán Carlos Fraga 09:25, 14 de maio de 2010 (UTC)
  • Ola de novo, Alexandre. Como vai? Espero que todo vaia ben. Vouche preguntar sobre o artigo Isabel I de Castela, porque eu tirando datos da wiki en español na titulación completa tamén se inclúe raíña do Algarve e Xibraltar. Se isto é correcto (do cal non estou seguro), talvez debera ir esta información no cadro de abaixo? Mais nada, grazas por todo. --Xoán Carlos Fraga 09:47, 21 de maio de 2010 (UTC)

Habsburgo[editar a fonte]

Ola, Alexandre. Vin que propuxeches o cambio das denominacións dalgúns reis para que non consten como reis de España. Paréceme estupendo que optes por procurar o consenso nestas cuestións. Só faltouche unha cousa: facelo na orde correcta (primeiro consensuar, logo cambiar). Mentres non haxa decisións en contra adoptadas pola comunidade, os nomes de Carlos I de España, Filipe II de España, Filipe III de España, Filipe IV de España, Carlos II de España, Filipe V de España, Luís I de España, Fernando VI de España, Carlos III de España e Carlos IV de España deberían seguir sendo os que son. Ánimo e un saúdo. Xoacas(dei verbum; adoramus te, domine) 23:59, 23 de maio de 2010 (UTC)

Deixeiche unha respostiña en Carlos I de España. Eu neste tema non penso volver meter baza, xa cansei. Supoño que esa era a idea. Xoacas(dei verbum; adoramus te, domine) 21:38, 27 de maio de 2010 (UTC)

Modelo novos[editar a fonte]

Ola Alexandre.

Parabéns polo teu traballo.

Creaches o Modelo:S-rel, máis o seu funcionamento pode chegar a resultar tremendamente opaco para outros editores. Tendo en conta que este é un proxecto colaborativo... poderías redactar a páxina de descrición/instrucións, engadirlle a categoría axeitada e (se existiran) as ligazóns interlinguísticas que correspondan?

Todo iso facilitaría enormemente o seu uso por outros usuarios.

Moitísimas grazas--. HombreDHojalata.conversa 19:09, 26 de maio de 2010 (UTC)

Re:Reis de España[editar a fonte]

Eu tamén valoro moito este tipo de debates ainda que teñamos diferentes opinións, se non fora así o mundo sería moi aburrido. Comenteiche esa pregunta porque paréceme raro entón que so estemos falando dun rei, cando é un tema que afectaría a varios. Por certo póñoche aquí un texto traido da wiki es, que ó meu parecer pintan como da época de Carlos I (pégocho para que non o teñas que buscar, se ocupa demasiado na tua conversa, aquí o tes:


[...] hubo alguno confusión entre los del Consejo por no saber el título que pondrían al Rey Don Carlos por causa de ser electo Emperador, por do les parecía ser justo celebrarle en las Cortes con título más honroso no disminuyendo la autoridad de la Reina Doña Juana, su madre; y después de muchos pareceres que sobre ello tuvieron, en que algunos decían que se llamase Emperador aunque no fuese coronado, así como se había llamado Rey de España antes de ser jurado, otros decían que pues España era exenta de los Emperadores que no se llamase en ella Emperador, porque más cosa era Rey de España que no Emperador de Alemania, y la última resolución que se tomó fué que se dijese en sus escrituras: "Don Carlos Rey de romanos semper augusto electo Emperador, y Doña Juana su madre, y el mismo Don Carlos, por la gracia de Dios, Reyes de Castilla y de León", como antes se escribiese: "Doña Juana y Don Carlos por la gracia de Dios, Reyes de Castilla y Aragón".
Y en la verdad la moderación de estos títulos fué bien considerada porque se guardase la dignidad del Imperio de Roma y la preeminencia del Reino de España, y conociendo Su Majestad la mucha reverencia y acatamiento que sus súbditos le tenían y lo que le habían servido, no quiso dar lugar que su elección y título que le habían puesto en las Cortes y provisiones de Emperador, primero Rey de España, pudiese traer perjuicio á la libertad que ella tenía de no ser sujeta á los Emperadores de Roma, y así mandó dar y promulgar la provisión y pragmática siguiente:
Don Carlos, por la gracia de Dios electo Rey de romanos, futuro Emperador semper augusto, Rey de Castilla, de León [...] por preferir en los títulos de nuestras dignidades el del Imperio no seamos ni somos visto perjudicar en los dichos Reinos de España en su libertad y exención que tienen, porque aquello ni otros cualesquier autos que ahora de aquí adelante se hagan de lo que antes se hacía y solía y debía hacer, aunque sean consentidas tácita ó expresamente no lo decimos ni ponemos en señal de mayor sujeción ni sumisión, mas por guardar el honor y orden á cada uno debido, según lo cual se debe preferir el Imperio, en cualquier persona que esté, á todas las otras dignidades seglares, aunque no lo sean sujetas, quedando todavía en su fuerza y vigor la libertad y exención de los dichos Reinos de España debida [...]

Un saudo--Carronada (Si me quieres escribir, ya sabes mi paradero) 21:47, 27 de maio de 2010 (UTC)

Fontanería[editar a fonte]

Compadre: felicítome por ver que es capaz de traballar tan ben como o que máis, pero laméntome de que non aproveites esa capacidade: cada artigo da Galipedia, ademais de ter uns certos contidos, debe estar escrito con correcta ortografía e cun certo formato, e se non o fas ti terano que facer outros. E xa que nos confesamos: a idea de ter un apartado de bibliografía é que figuren nel as publicacións que se empregaron na elaboración do artigo en cuestión ou que sosteñan o que se afirma nel; resolver a papeleta copiando en todos lados "Enciclopedia Británica" non cola. Pénsao se queres. Un biquiño. Xoacas(sólo la puntita) 19:45, 31 de maio de 2010 (UTC)

petición de artigo[editar a fonte]

Ola, Alexandre! Antonte fixen en Pontevedra unha foto do sartegho de Sueiro Gomes de Soutomaior, pero mirei que non tiña artigho; Dáme mágoa que quede a foto abandonada nun cartafol do disco duro; anímaste a facer o artigho do nobre? Saúdos, e un millón. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:17, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Boa noite! Xa subín a foto; Mira unha cousa: hai unha contradición: Dise que era bisneto de Chariño, pero entendín que era tataraneto (dado que seu pai, Paio Gómez de Soutomaior, era fillo de María Álvarez, neta de Chariño). Sabemos algho ao respecto? Seghimos en contacto; Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:51, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Parroquias de Vigo sen imaxes[editar a fonte]

Ola Alexandre, polo teu nome de usuario penso que andas por ahí.

Sería estupendo se poideras achegar algúnha fotiño no tema este.

Grazas de todas, e un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 21:33, 12 de xuño de 2010 (UTC)

formato dos artigos[editar a fonte]

Boa noite, Alex! Pediríache que ao creares artigos, te preocupases un pouquechiño máis de darlles formato. Dígoo, por exemplo, polo de María de Habsburgo, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico; O artigo está bastante ben, de tamaño e de texto, pero víñanlle ben unhas cantas ligazóns internas e axeitalo ao formato usado na galipedia: [Tal persoa, nada en tal sitio en tal data, e finada en tal sitio en tal data, foi...]. Ademais, estaría ben que indicases a orixe do texto (tradución do artigo en castelán, non?).
Non o tomes a mal, e para evitar termos que andar despois homoxeneizando entre todos e axeitando contidos. Un saúdo, e parabéns polo teu cholliño! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:51, 13 de xuño de 2010 (UTC)

propostas de novos artigos[editar a fonte]

Ola, Alexandre! Mira, o usuario Srnec da wikipedia en inglés creou un montón de artigos de nobres galegos medievais (por exemplo Muño Peláez e Rodrigo Pérez de Traba), documentos (Chronicon Iriense e Chronicon Compostellanum), e outros. Aquí está a lista completa dos artigos que creou; como non sempre están ben categorizados, é difícil ver cales poderían ser de máis interese para a galipedia. Vin que tes un nivel de inglés medio; anímaste a botarlle un ollo? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 01:37, 15 de xuño de 2010 (UTC)

Usuario case homónimo[editar a fonte]

Sabes algo destoutro usuario, Alexandre? Olla para usuario:Alexander Vigo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 12:01, 18 de xuño de 2010 (UTC)

En uso[editar a fonte]

Retirei o marcador {{enuso}} que ti colocaches no artigo Reino de Galicia. Levaba posto ben máis dun mes. Dígocho por se non estás de acordo, para que podas reverter a miña edición. Un saúdo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 02:57, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Ola, Alexandre. Alégrome moito de ver que introduciches toda unha serie de referencias nos artigos nos que estabas traballando. Agora eses artigos son máis sólidos, o cal reverte nun beneficio indiscutible para o lector. Se che cadra ben, bótalle unha ollada a Categoría:Marcadores de referencias, onde atoparás unha serie de modelos moi cómodos para introducir esas referencias dun xeito estandarizado e evitar que ocorra o mesmo que coas notas de Reino de Galicia e a historiografía tradicional española (olla a páxina de conversa). O uso destes modelos poderá mellorar aínda máis o teu traballo e farano máis cómodo de editar ao resto de usuarios. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:15, 28 de xuño de 2010 (UTC)

Ola, Alexandre. Ten en conta que as ligazóns internas que hai en todo artigo hai que facelas a primeira vez que se emprega unha palabra no artigo, non convén repetilas unha e outra vez, a non ser que a lonxitude do artigo o aconselle. Non convén tolear ao lector facéndolle pinchar acó e aló. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:45, 30 de xuño de 2010 (UTC)

Recoméndoche que teñas en conta que as edicións sen referenciar son tan fáciles de rebater como de borrar. Visto o escaso éxito das miñas anteriores mensaxes supoño que esta será unha nova prédica no deserto, só cha deixo aquí cos esperanza de que o teu traballo resulte verdadeiramente produtivo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:44, 5 de xullo de 2010 (UTC)

Palestras sobre o reino suevo[editar a fonte]

Ola Alexandre! Veño de enterarme dunhas palestras que vai haber ó redor do reino suevo en setembro, en Pontevedra. Rapidamente pensei en contarcho porque podíate interesar. Aí vai a ligazón: [3]. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 16:14, 1 de xullo de 2010 (UTC)

Traducións[editar a fonte]

Ola, Alex. Sobre as traducións de artigos doutras Wikipedias non teño nada que dicirche que ti non saibas xa. Fai o favor de respectar as normas, que están feitas para todos. Os demais temos mellores cousas que facer que varrerche o que deixas ciscado. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:04, 17 de xullo de 2010 (UTC)

Se cadra isto pode interesarche. Un bico. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:18, 17 de xullo de 2010 (UTC)

Notas[editar a fonte]

Alexandre, se editas agora vainos aparecer un conflicto de edición entre o que fagas ti e o que estou facendo eu. Déixao para mañán ou xa nos poñeremos de acordo sobre cando facelo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:07, 21 de xullo de 2010 (UTC)

Incursións musulmás e normandas[editar a fonte]

Ola Alexandre! Grazas polo cumprido, non fixen tantas mudanzas no artigo. Paréceme perfecto un apartado sobre as incursións andalusís e normandas, de feito coido que foron máis importantes as normandas en tódolos niveis, pero creo que poñelo nun recadro xa se lle queda pequeno, e debería ser unha sección máis. O recadro que fixen está pensado para engadir unha información moi sintetizada que non tiña oco no texto, e fíxeno inspirándome na wikipedia italiana, que é onde mirei o cadro. Así pois, con tanta información, debe constituirse como unha sección máis. Por certo, que hai relativamente pouco, Manuel Gago no seu magnífico blog publicou 3 artigos sobre os lordomani, or normandos, e son certamente interesantísimos. Déixote a ligazón ó último deles [4]. --Alberte Si, dígame? 23:25, 23 de xullo de 2010 (UTC)

De lonxitude están ben, e de claridade tamén. Iso si, amplialos máis penso que non. Se é preciso ampliar información coido que é mellor ir a un artigo máis específico como os que temos no Modelo:Historia Galega. Por exemplo, a sección do reino na cartografía, que aínda está por facer debería ser unha introdución somentes, e ligar cara a un artigo propio do Reino de Galicia na cartografía (do mesmo xeito que fixemos co Reino de Galicia e a historiografía tradicional española) onde poder espallarse máis a gusto. Sería interesante non pasarse dos 200.000 caracteres, agora mesmo estamos nos 173.255, así que aínda hai marxe. --Alberte Si, dígame? 15:57, 28 de xullo de 2010 (UTC)

Expanding request[editar a fonte]

Hello, I would like to ask you a favor, can you please expand the article Selena (en:Selena) for a featured article (FA status) for the Galaican wiki? If you need any help, please drop me a message. Thanks AJona1992 01:14, 25 de xullo de 2010 (UTC)

Latín[editar a fonte]

En Conversa:Rómulo Augústulo fainos falta alguén de letras. Que saiba latín, para máis inri. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:39, 26 de xullo de 2010 (UTC)

Batalla do río Órbigo[editar a fonte]

Ola, Alexandre; Aumentín este artigo traducindo desde es:Batalla do río Órbigo; podes botarlle un ollo? Saúde!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:01, 28 de xullo de 2010 (UTC)

Efectivamente, agora enténdese moito mellor, especialmente coa achega do nomeamento do gobernador. Un millón! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:09, 28 de xullo de 2010 (UTC)

País/Nación[editar a fonte]

Puesto que tu me has escrito en español anteriormente, entiendo que no te importa que yo lo haga ahora. Bueno, dejémoslo en que la han reconocido como nación (nunca como estado, evidentemente), independientemente de que esté de acuerdo o no, entonces ¿por qué se coloca la bandera de Galicia a un jugador gallego y luego a otro manchego (por ejemplo) se le coloca la española? ¿no es eso considerar a Galicia algo más que nación dentro de España? Saludos y gracias por escribirme en castellano Morancio 14:02, 5 de agosto de 2010 (UTC)

Conversa:Galicia[editar a fonte]

A modificación que fixen eu de Conversa:Galicia tiña por obxecto solucionar un problema de lexibilidade: co teu comentario partiches pola metade o anterior comentado de Tenreiro, do que a primeira parte quedou sen sinatura e, se non é visitando o historial, non se sabe quen o escribiu. Se non che convence a miña solución búscalle ti a que máis che guste, pero así non pode quedar. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:06, 12 de agosto de 2010 (UTC)

Escudo do Reino de Galiza[editar a fonte]

Ola, Alexandre. Temos o artigo sobre o Escudo do Reino de Galiza un pouco baleiro, e non hai ninguén máis axeitado ca ti para enchelo, se te animas. Vaino pensando. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:42, 22 de agosto de 2010 (UTC)

Chronicon Compostellanum[editar a fonte]

Ola, Alexandre! Que tal esas vacacións?
Podes botarlle un ollo ao artigo Chronicon Compostellanum? Está traducido da wiki en castelán, polo que prefiro que lle botes un ollo ás ligazóns e aos nomes.
Mil graciñas, e un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:20, 3 de setembro de 2010 (UTC)

Bo día! Diches no cravo; eses eran os puntos donde tiña dúbidas. O caso é que habería que reformular o artigo historia de España. Gústame a denominación de "historia medieval da península Ibérica", ou algo similar. Graciñas pola achega de que o Chronicon puido ser escrito en Sahagún. Saúde, e ánimo ao retomar o ritmo de colaboración :) --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:22, 6 de setembro de 2010 (UTC)

Afonso VIII/Afonso IX[editar a fonte]

Xa está arranxado. O problema foi que traducín este modelo do italiano, no cal si que figura Afonso VIII/Afonso IX como trobador, non entendo por que, vendo que Afonso X está tamén. Gracias polo aviso. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:52, 11 de setembro de 2010 (UTC)

Licença de utilizador[editar a fonte]

Sou português e dinamarquês e vivo na Dinamarca. Estou a escrever um pequeno livro onde entra um pouco a história de Portugal. Gostaria de usar uma das suas imagens http://pt.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Gallaecia-Dioclecianus.png no meu livro, mas como sei nada destas coisas de licença na Wikipedia, não sei se posso utilizar-la ou não e em que condições. Pode ajudar-me? Qual é o seu endereço e-mail? O meu é lusodana@gmail.com

--194.239.206.127 17:58, 17 de setembro de 2010 (UTC)

Reino de Galicia[editar a fonte]

Ola, Alexandre! Primeiramente quería darche os parabéns polo enorme e continuado esforzo que realizaches no artigo do Reino de Galicia, que deu como froito un traballo sinxelamente extraordinario. Mais voume atrever a pedirche un derradeiro esforzo. Como deixei escrito na súa páxina de conversa é, sen dúbida, merecente da consideración de artigo de calidade, pero para iso, como está exposto en Wikipedia:O que é un artigo de calidade, fáltalle só un detalliño: unha pequena introdución que resuma o contido que se vai desenvolver. Quixen eu poñerme con ela, pero axiña dinme conta de que carezo dos coñecementos, e quizais da lexitimidade, para levala a cabo. Quen mellor ca ti para darlle ese derradeiro pulo ao artigo. Coido que, unha vez feito isto, será dificilmente discutible a súa condición de artigo de calidade. Un cordial saúdo! --Paradanta (Cóntame) 15:45, 26 de decembro de 2010 (UTC)

Grazas! Algo atopei no libro de López Carreira, O Reino Medieval de Galicia, que teño na miña biblioteca. Como ti dis, vai ser un artigo mínimo, pero vale para quitar esa molesta cor vermella na ligazón. Feliz 2011!! --Paradanta (Cóntame) 12:04, 2 de xaneiro de 2011 (UTC)
  • Prezado Alexandre, como ben saberás o artigo Reino de Galicia xa é artigo de calidade na Galipedia. Anímaste a facer un artiguiño adicado á efeméride no Xornal da Galipedia?. Penso que ti serías o máis axeitado para escribilo. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 23:18, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)
Ola! Non pasa nada, simplemente era escribir algo no Xornal da Galipedia referente ao artigo, pero iso debería ser no número de xaneiro que foi cando se escolleu como artigo de calidade, agora penso que xa é fóra de tempo. Pero tampouco tiña maior importancia. O de Alberte simplemente foi que me axudou con algúns problemiñas que tiven á hora de adxudicarlle o status de artigo de calidade ao Reino de Galicia. Agardo que todo vaia ben, un saúdo, compañeiro! --Paradanta (Cóntame) 12:19, 1 de marzo de 2011 (UTC)

Falsificación de Mapas históricos en esta versión de la Wiki.[editar a fonte]

Este artículo oculta la dimensión real de la redistribución provincial de Diocleciano para acercarla al mapa de la Galicia actual. Ahora resulta que los romanos ya conocían "Galeuska" cuando aún no habían llegado a la hoy Cataluña los Godos alanos de cuyo nombre (Goth-Aulanii) proviene el gentilicio de Catalunya. Lo que aquí se muestra no es en superficie ni la tercera parte del tamaño de Gallaetia en aquel cambio administrativo desde una Tarraco (antigua colonia griega con Ampurias) que iba desde el Mediterráneo a la costa atlántica. En esta división provincial pasó a denominarse Gallaetia la mayor parte de la Península, reduciéndose muy sustancialmente también Cartago-Nova (romana desde las victoria sobre los cartagineses) y Tarraco.

El centro de Gallaetia era entonces la actual Ávila, por cierto la parte de Hispania más auténticamente celta como es fácil ver incluso hoy día y reflejaba simplemente el hecho de que la mayor parte de Hispania fue conquistada por las Legiones de la Gallia. Por el mismo motivo el sur de Polonia se conoce hoy como Galizia. Generales romanos como Gallaetio (natural de Ávila) y mártires "gallaetios" como Prisciliano (muerto a manos de cristianos) son casos de personajes históricos nacidos en la Ávila de aquel entonces.

Siento mucho que se esté falsificando hasta la historia y pido disculpas en nombre de la auténtica Galicia que no necesita ser inventada ni mucho menos falsificada. Afortunadamente hay en las bibliotecas nacionales de Italia y España documentos gráficos no manipulables y que evidencian lo anterior por si la memoria histórica no fuese suficiente. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 217.125.118.204 (conversacontribucións) 25 de marzo de 2011 ás 12:57

Mapa do Bierzo na páxina sobre Galicia estremeira[editar a fonte]

Ola, creo que eres ti o usuario que creou esta imaxe: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Galician-Bierzo.png

Resulta que un dos concellos non ten asignado un número. Dado que ti eres o creador e tes o ficheiro orixinal sería axeitado que corrixiras o erro e o volvas subir.

De paso corrixe o texto do cadro onde se mostra o mapa na páxina Galicia_estremeira#O_Bierzo.

Mapas[editar a fonte]

Ola, Alexandre. A ver se podes refacer os mapas para este artigo de Taifa. Os que hai penso que non valen (en ca.wiki teñen un algo mellor, pero aínda así). Iso de Reino de León... Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:03, 17 de outubro de 2011 (UTC)

pobos e tribos[editar a fonte]

Boas Alexandre Vigo ! Teño un montón de tarefas pendentes (alghunas dende fai anos) nas que conto pedirche consello. Hoxe é únicamente para pedirche de dar unha ollada a proposta que fixen para cambiar o titulo do artigo Lista de tribos celtas. Xa sabes, si tes tempo e ganas, nunca hai compromiso. Saúdos --Elvira (fálame) 16:15, 22 de febreiro de 2012 (UTC)

Artigos con problemas[editar a fonte]

Ola, Alexandre. Dos artigos creados por ti (son 251) hai uns poucos que non levan ningún marcador que avise de carencias ou problemas. Son especialmente abundantes os que carecen de referencias. A ver se podes facer algo por amañalos. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11 de novembro de 2013 ás 00:47 (UTC)

Ola, Alexandre. Alégrome de verte de volta. --. HombreDHojalata.conversa 5 de xaneiro de 2015 ás 19:44 (UTC)

Global account[editar a fonte]

Hi Alexandre! As a Steward I'm involved in the upcoming unification of all accounts organized by the Wikimedia Foundation (see m:Single User Login finalisation announcement). By looking at your account, I realized that you don't have a global account yet. In order to secure your name, I recommend you to create such account on your own by submitting your password on Special:MergeAccount and unifying your local accounts. If you have any problems with doing that or further questions, please don't hesitate to contact me on my talk page. Cheers, DerHexer (conversa) 14 de xaneiro de 2015 ás 23:49 (UTC)

Lourenzo de Ourense[editar a fonte]

Boas Alexandre, o artigo Lourenzo de Ourense, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, cando teñas un momento a ver se podes revisalo e amplialo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de novembro de 2017 ás 13:59 (UTC)

Tamén ten o mesmo aviso Pedro Seguín. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de novembro de 2017 ás 14:02 (UTC)

Batalla de Cacheiras[editar a fonte]

Boas Alexandre, o artigo Batalla de Cacheiras, que creaches ti, ten varios marcadores de atención, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 13:28 (UTC)