RAI: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: et:RAI; cambios estética |
m bot Modificado: ca:Radiotelevisione Italiana |
||
Liña 57: | Liña 57: | ||
[[ar:راي (راديو تلفزيون إيطاليا)]] |
[[ar:راي (راديو تلفزيون إيطاليا)]] |
||
[[bs:Radiotelevisione Italiana]] |
[[bs:Radiotelevisione Italiana]] |
||
[[ca: |
[[ca:Radiotelevisione Italiana]] |
||
[[cs:RAI]] |
[[cs:RAI]] |
||
[[da:RAI]] |
[[da:RAI]] |
Revisión como estaba o 14 de abril de 2010 ás 21:57
RAI ou Radiotelevisione Italiana, coñecida ata 1954 como Radio Audizioni Italiane,[1] é a empresa de radiodifusión pública de Italia. É a maior empresa de televisión de Italia, e compite coas cadeas privadas de empresas como Mediaset, Telecom Italia Media ou Sky Italia. A RAI opera varias cadeas de radio e de televisión, emitindo no sistema analóxico terrestre ata o 2013, vía televisión dixital e por satélite. Foi un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión no ano 1950.
Debido á súa proximidade xeográfica con Italia, o sinal da RAI tamén podese recibir en países como Albania, Suíza, Mónaco, Malta, San Marino, a Cidade do Vaticano, Eslovenia ou Croacia.
Orixes
A RAI naceu coma unha empresa privada coñecida como Unione Radiofonica Italiana (URI) e foi creada no ano 1924 por varios empresarios privados e membros do grupo Marconi. A URI realizou a súa primeira emisión de radio o 24 de outubro dese ano cun cuarteto de Haydn.
No ano 1927 a URI foi renomeada como Ente Italiano Audizioni Radiofoniche (EIAR). Sobrevivíu ata 1944 cando, baixo presión dos Aliados, foi renomeada Radio Audizioni Italiane, ou RAI.
Non foi ata o 1954 cando a RAI adquiríu a súa estrutura actual. Nese ano o estado italiano adquiríu parte da empresa, e a RAI comezou as súas emisións de televisión. O 3 de xaneiro de 1954 as 11:00, a primeira parrila de televisión foi emitida desde a oficina de Milán e desde as subsés de Turín e Roma. Ás dúas dese mesmo día comezou a primeiro programa de televisión da historia italiana Arrivi e partenze, dirixido por Armando Pizzo e Mike Bongiorno.
Servizos
Radio
- Rai Radio 1: Noticias e información
- Rai Radio 2
- Rai Radio 3: música clásica
- Rai FD4 Leggera
- Rai FD5 Auditorium
- Rai GR Parlamento: Emisións desde o Parlamento Italiano
- Rai Isoradio
- Rai Sender Bozen: en alemán, só emite na provincia de Bolzano
- Radio Trst A: en esloveno, só en Friuli-Venezia Giulia
- Notturno Italiano: emisión de ámbito europeo
- Rai Satelradio: internacional
- Radio Rai Sport
Televisión
Émisión analóxica (ata o 2013), dixital e satélite:
- Rai Uno
- Rai Due
- Rai Tre
- Rai Sender Bozen: en alemán, só en Bolzano-Bozen unhas poucas horas ó día;
Emisión en dixital:
- RaiNews 24 [1]: noticias
- Rai Sport Più [1]: deportes
- Rai Gulp [1]: destinado á mocidade
- Rai Storia [1]: educación e cultura
- Rai 4: entretemento
- Rai Test HD: cadea de alta definición
[1]: tamén disponible vía satélite
Emisión vía satélite:
- Rai Nettuno Sat 1
- Rai Scuola
- Rai Storia
- Rai Med
- Camera dei Deputati and Senato Italiano
Internacional
- Raitalia: emisión dos mellores programas da RAI