Diferenzas entre revisións de «O dereito á preguiza»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
 
==O pensamento de Lafargue==
N' ''O dereito á preguiza'', o autor fai unha defensa do soño da abundancia e o goce, e da liberación da [[escravitude]] do traballo, empregando a [[paradoxa]] como [[figura estilística]] para explicar mellor a doutrina marxista entre a clase obreira do seu tempo. Tomado como oposición á declaración do [[dereito ao traballo]] de [[1848]] (o subtítulo do libro é ''Réfutation du «Droit au travail»'' de 1848''), Lafargue defende que o traballo é o resultado dunha imposición do [[capitalismo]], contrariamente á idea tradicional de reivindicación obreira, contrapoñendo o dereito á preguiza, máis acorde cos instintos da natureza humana, cos que se acadarían o [[dereito ao benestar]] e a culminación da revolución social.
 
Lafargue analiza as consecuencias da crise de superprodución que consideraba inevitable no sistema económico burgués, e que se manifestarían pola ruína do capitalismo, o paro e a miseria da clase operaria. Nun estadio previo, Lafargue considera e critica conceptos como o sobreconsumo, a existencia dunha clase doméstica de consumidores improdutivos, ou a creación de necesidades e mercados ficticios cos que o sistema capitalista facilitaría a saída e redución de vida útil dos produtos.
23.056

edicións

Menú de navegación