A Pedra, Cariño: Diferenzas entre revisións
engado mapa |
engado foto |
||
Liña 51: | Liña 51: | ||
{{Cariño}} |
{{Cariño}} |
||
== |
==Galería de imaxes== |
||
<gallery> |
|||
Ficheiro:Praia de Fornos.jpg| Praia de Fornos en Figueiroa |
|||
</gallery> |
|||
===Outros artigos=== |
===Outros artigos=== |
||
*[[Lugares de Cariño]] |
*[[Lugares de Cariño]] |
Revisión como estaba o 19 de marzo de 2010 ás 11:36
A Pedra | |
---|---|
Igrexa da Santa María da Pedra | |
Concello | Cariño |
Coordenadas | 43°43′46″N 7°52′43″O / 43.7294, -7.8787Coordenadas: 43°43′46″N 7°52′43″O / 43.7294, -7.8787 |
Área | - km² |
Poboación | (Ano 2004) 950 hab. |
Densidade | Erro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km² |
Entidades de poboación | 30 |
[ editar datos en Wikidata ] |
[[Categoría:Cariño poboación {{{ano}}}]]
Xeografía
A Pedra esténdese polas últimas ramificacións orientais da Serra da Capelada montes da Herbeira e Montefaro, e os picos da Miranda. Confina polo norte coa parroquia de Cariño dende a praia no lugar dos Pedrouzos até a outra beira do mar pasando polo alto de Montefaro (vixía do Limo) . Polo leste a división vai dende a praia de Cariño até o desaugue do regato Richoz na ensenada da Caleira. Polo sur linda coa parroquia de Sismundi dende o anterior regato Richoz até a Fonte da Miranda e a Pena do Fraile , e tamén coa parroquia de Landoi . Polo oeste o linde é o mar. A estrada de Mera a Cariño atravesa a parroquia polos lugares de Pousadoiro, A Ortigueira, A Cerca e Os Pedrouzos. O rio Lourido e os regatos Morela e Pousadoiro regan esta parroquia que ten no Pico da Miranda con 528 metros a súa maior altitude.
Patrimonio
A igrexa parroquial, na honra de Santa María ten planta de cruz latina e a tradición dinos que o nome da parroquia débese a unha virxe en pedra de toelo que se atopou no lugar de Cabaneiro. No interior ten duas capelas románicas interesantes pola súa antigüedade. No lugar da Cerca os indianos cosntruiron uhna escola, que hoxe é centro social dos veciños. Na beiramar desta parroquia atópase a Punta do Castro, que foi un asentamento castrexo típico con murallas e foxo por un lado e cantís costerios polo outro . Está catalogado coma o Castro da Moura.
Poboación
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 952 habitantes (481 homes e 471 mulleres), distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 990 habitantes.
Principais núcleos de poboación
- A Cerca: centro xeográfico e social da parroquia e no que están ubicados a igrexa, o centro da terceira idade, a antiga escola e o edificio da sala de cine.
- A Area: situada ao norte da Cerca, inclúe a praia da Basteira, a máis grande do concello e situada en fronte do porto de Cariño. Parte da súa superficie foi gañada ao mar.
- Figueiroa: Comprende a península formada polo coto Mazanteo, ao oeste da Cerca. Adentrada na ría, conta con dúas praias: Fornos e Figueiras.
- O Lourido : Está situada ao sur da Cerca e comprende o val do río do mesmo nome.
Etimoloxía
A orixe do topónimo vén dada por unha lenda que dá conta dunha imaxe da virxe María realizada en pedra e atopada no lugar. A aparición foi atribuída a esta divinidade. Na actualidade, comezos do século XXI, non se conserva esa imaxe.
Historia
Na súa fundación como parroquia, nos inicios do cristianismo na Galiza, era a máis septentrional da península ortegana e incluía o territorio da actual parroquia de Cariño. Ao comezar o século XX, a auxe do núcleo urbano situado no porto de Cariño provocou a creación desta nova Parroquia e a súa excisión da da Pedra.
Festas
- Santo Antón. 13 de xuño.
- Nosa Señora. 15 de agosto.
Institucións
A parroquia conta cunha comunidade de montes veciñais. A orixe desta institución pérdese no tempo, mais, como se acepta pola maior parte dos historiadores, a súa orixe máis probábel sexan as invasións xermánicas da Alta Idade Media. A comunidade administra unha superfície de 1400 hectáreas, entre monte e pastizais.
Lugares e Parroquias
Lugares da Pedra
Lugares da parroquia da Pedra no concello coruñes de Cariño | |
---|---|
O Airado | A Area | Barreiros | A Basanta | A Boca da Leira | O Cabaneiro | O Cadro | O Campanario | O Campo do Monte | As Cañotas | As Casas Novas | O Castelo | A Castiñeira | O Castro | A Cerca Pequena | A Cerca | A Corredoira | O Esteiro | Figueiras | Figueiroa | Fontao | Fornos | A Golpa | Lodeiro | O Lourido | As Maciñeiras | Murela | A Ortigueira | O Outeiro | A Postiña | O Pousadoiro | Reboredo | Sagrón | O Sisto | Vilanova |
Parroquias de Cariño
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cariño | |
---|---|
Cariño (San Bartolomeu) | Feás (San Pedro) | Landoi (Santiago) | A Pedra (Santa María) | Sismundi (Santo Estevo) |
Galería de imaxes
-
Praia de Fornos en Figueiroa