Cariño, Cariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cariño
Cariño.jpg
Vista da vila e do porto.
Mapa Cariño.PNG
ConcelloCariño
Poboación2.758 hab. (2017)
Entidades de poboación1

San Bartolomeu de Cariño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 3.127 habitantes (1.593 mulleres e 1.534 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 3.514 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cariño está situada no somonte que forman a Punta dos Aguillóns e máis a Punta do Limo no estremo do crebado Cabo Ortegal. Confina ao sur coa parroquia da Pedra. Dende o lugar dos Pedrouzos na mesma praia, sobe a divisoria polo camiño que separa os lugares de Vilar e Cariño de Arriba dos de Airado na parroquia da Pedra até o alto do Faroleiro e vixía do Limo, e dende aquí descende ao mar, que de forma espectacular define os restantes lindes desta parroquia.

A estrada de Mera a Cariño remata no mesmo porto e dende aquí sae outra secundaria que nos leva até a mesma Punta dos Aguillóns ou do Cabo, pasando por San Xiao do Trebo. A altura máis importante da parroquia é o monte do Limo que ten 558 metros.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial, na honra de San Bartolomeu, é de construción moderna e planta de cruz latina cunha soa nave e un campanario cadrado. Érguese no centro da vila na rúa San Xosé. A zona vella da vila correspóndese co que foi unha antiga vila de pescadores, con rúas estreitas e empinadas que descenden cara á praia dende o pequeno alto do Castrillón, onde houbo antigamente unha garita de vixilancia artillada. A vila nova érguese ao longo da estrada que chega dende Mera para enlazar coa AC-862 ou Estrada da Costa.

Na actualidade está consolidado como importante porto pesqueiro e tamén de carga de mineral procedente das minas de serpentinita e de seixo das parroquias de Landoi e A Pedra. No lugar de San Xiao existe unha pequena capela na que se celebra unha romaría o derradeiro sábado de xaneiro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cariño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cariño no concello coruñes de Cariño

Cariño | Cariño de Arriba | San Xiao | A Vacariza

Parroquias de Cariño[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cariño

Cariño (San Bartolomeu) | Feás (San Pedro) | Landoi (Santiago) | A Pedra (Santa María) | Sismundi (Santo Estevo)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]