Sancho IV de Castela: Diferenzas entre revisións
arranxiño |
+ datiño |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Sancho_IV_de_León_y_Castilla.jpg|thumb|255px|Estatua de Sancho IV nos xardíns do Retiro de Madrid.]] |
[[Ficheiro:Sancho_IV_de_León_y_Castilla.jpg|thumb|255px|Estatua de Sancho IV nos xardíns do Retiro de Madrid.]] |
||
'''Sancho IV de Borgoña, ''o Bravo''''', nado en [[ |
'''Sancho IV de Borgoña, ''o Bravo''''', nado en [[Valladolid]] o [[12 de maio]] de [[1258]] e falecido en [[Toledo]] o [[25 de abril]] de [[1295]], foi [[Lista de monarcas de Castela|rei de Castela]] e de [[Reino de León|León]]. Era o segundo fillo de [[Afonso X o Sabio]] e [[Violante de Aragón]], filla de [[Xaime I de Aragón|Xaime I o Conquistador]]. |
||
Sancho IV casou con dona [[María de Molina]] en 1282, e tiveron seis fillos: |
Sancho IV casou con dona [[María de Molina]] en 1282, e tiveron seis fillos: |
Revisión como estaba o 7 de xaneiro de 2010 ás 13:17
Sancho IV de Borgoña, o Bravo, nado en Valladolid o 12 de maio de 1258 e falecido en Toledo o 25 de abril de 1295, foi rei de Castela e de León. Era o segundo fillo de Afonso X o Sabio e Violante de Aragón, filla de Xaime I o Conquistador.
Sancho IV casou con dona María de Molina en 1282, e tiveron seis fillos:
- Isabel (1283-1328), casada con Xaime II de Aragón e con Xoán III de Bretaña;
- Fernando o Emprazado (1285-1312), o rei Fernando IV;
- Afonso (falecido en 1319);
- Pedro (falecido en 1319);
- Filipe;
- Beatriz (1293-1359), que casou con Afonso IV de Portugal.
O primoxénito de Afonso X, don Fernando de la Cerda, non chegou a reinar ó falecer antes có seu pai. O rei Sabio deixou escrito no seu testamento que o reino debía pasar ó seu neto primoxénito, o infante don Alfonso de la Cerda e ó mesmo tempo desherdaba ó seu segundo fillo, Sancho.
Porén, Sancho proclamouse rei sen respetar a vontade do seu pai, e foi coroado en Toledo en 1284. Foi recoñecido pola maioría dos pobos e dos nobres, pero ó mesmo tempo houbo un grupo bastante numeroso de partidarios dos Infantes de la Cerda, que reclamaban o acatamento do testamento. Durante todo o reinado deste monarca houbo loitas internas e pelexas por alcanzar o poder. Un dos personaxes que máis discordias provocou foi o infante don Xoán (irmán de Afonso X), e á súa causa uniuse o nobre Lope Díaz III de Haro, octavo señor de Biscaia. O rei Sancho fixo executar ó de Haro e mandou encarcerar ó seu tío, o infante don Xoán. Tamén, segundo as crónicas, deu a orde de executar a 4.000 seguidores dos infantes de la Cerda, pasándoos a coitelo, en Badaxoz, a 400 en Talavera e a outros moitos en Ávila e Toledo.
Despois destes acontecementos perdonou ó seu tío don Xoán, quen ó pouco tempo volveuse sublevar, ocasionando o conflito de Tarifa. Don Xoán chamou na súa axuda ós benimerines de Marrocos e sitiaron a praza que estaba defendida polo seu gobernador Guzmán el Bueno, señor de León. Alí ocorreu o famoso acto heroico e a morte inocente do fillo de Guzmán. A praza de Tarifa foi fielmente defendida e os benimerines regresaron ó seu lugar de orixe. Desbaratáronse deste modo os plans do infante don Xoán e os do sultán de Marrocos, que pretendía unha invasión.
Ó subir ó trono de Aragón Xaime II houbo un acercamento con Sancho IV, e os dous reis, unidos, deron un nuevo impulso á Reconquista.
O rei Sancho IV foi un gran amigo, ademais de titor, do personaxe histórico coñecido como o Infante don Juan Manuel.
Sancho morreu en 1295, deixando como herdeiro ó seu fillo Fernando, de nove anos. Deixou tamén en herdanza as desputas e rivalidades cos infantes de la Cerda e os seus partidarios.
Malia ser fillo de Afonso X, era analfabeto.
Predecesor: Afonso X |
Rei de Castela e de León 1284-1295 |
Sucesor: Fernando IV |