Rexión Centro, Portugal: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: hu:Centro régió (Portugália) |
m bot Modificado: en:Centro Region |
||
Liña 29: | Liña 29: | ||
[[cs:Centro (portugalský region)]] |
[[cs:Centro (portugalský region)]] |
||
[[de:Região Centro]] |
[[de:Região Centro]] |
||
[[en:Centro |
[[en:Centro Region]] |
||
[[es:Región Centro (Portugal)]] |
[[es:Región Centro (Portugal)]] |
||
[[eu:Erdialdeko eskualde]] |
[[eu:Erdialdeko eskualde]] |
Revisión como estaba o 21 de outubro de 2009 ás 14:04
O Centro ou Rexión do Centro é unha Unidade Territorial para Fins Estatísticos de Nivel II (NUTS II) de Portugal, que comprende, integralmente, os distritos de Coimbra, Castelo Branco e Leiria, a maior parte dos distritos de Aveiro e Guarda, e cerca de um tercio do Distrito de Santarém. Limita a norte coa Rexión do Norte, a leste co Estado español, a sul co Alentexo, a suroeste coa Rexión de Lisboa e ao oeste co océano Atlántico.
Área: 28 405 km² (31% do Portugal continental). Poboación (2007): 2 385 911 (23,6% do Portugal continental).
Está incluída na Unidade de Nível I (NUTS I) de Portugal Continental e comprende 12 Unidades de Nível III (NUTS III):
- Baixo Mondego
- Baixo Vouga
- Beira Interior Norte
- Beira Interior Sul
- Cova da Beira
- Dão-Lafões
- Medio Texo
- Oeste
- Piñal Interior Norte
- Piñal Interior Sul
- Piñal Litoral
- Serra da Estrela
A Rexión Centro comprende 100 concellos (25,2% do total nacional). En boa parte corresponde territorialmente á antiga provincia da Beira. É xeralmente dividida en dúas grandes rexións distintas: a Beira Litoral, correspondente aos distritos de Aveiro, Coimbra, Viseu e Leiria, e a Beira Interior, que comprende os distritos da Guarda e de Castelo Branco.