Baixo Vouga
Aparencia
Coord.: 40°37′N 8°38′O / 40.62, -8.63
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Portugal | ||||
| NUTS 1 | Portugal continental | ||||
| Rexión | Rexión Centro | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.804 km² | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
Baixo Vouga é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Centro. Os municipios que a forman pertencen ao Distrito de Aveiro. Limita ao norte coas subrexións do Grande Porto e Entre Douro e Vouga, ao leste coa de Dão-Lafões, ao sur coa de Baixo Mondego, e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 1 802,3 km² e conta cunha poboación de 390 840 habitantes (2011[1]). A súa capital é Aveiro.
Concellos
[editar | editar a fonte]Comprende 11 concellos:
- Águeda
- Albergaria-a-Velha
- Anadia
- Aveiro
- Estarreja
- Ílhavo
- Murtosa
- Oliveira do Bairro
- Ovar
- Sever do Vouga
- Vagos
No Baixo Vouga localízanse 10 cidades: Albergaria-a-Velha, Águeda, Anadia, Aveiro, Esmoriz (municipio de Ovar), Estarreja, Gafanha da Nazaré (municipio de Ílhavo), Ílhavo, Oliveira do Bairro e Ovar.
Comprende a parte correspondente á boca da conca do Río Vouga.
