Salto, Vimianzo: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) Lp Salto, Vimianzo |
m Bot: substituír 'obxetivo' por 'obxectivo' |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
Pero é despois da chegada do novo imperio cando se comeza unha organización e estrutura sólidas, tendo o seu enclave histórico máis importante na igrexa parroquial. Comezando coma unha nave sinxela e co típico [[arco de medio punto]] románico, foi evolucionando sen alterar ningún dos seus elementos orixinais. Por exemplo, a [[bóveda]] da sancristía e os capiteis das columnas son tipicamente renacentistas, así coma as diferentes imaxes de María Magdalena e Cristo mentres que a bóveda da capela maior responde a un estilo [[gótico]]. No [[1789]] foron engadidos dous retablos máis obra de [[Francisco Agudín]], de estilo [[neoclásico]] e outros vestixios coma a [[Virxe do Rosario]], de líneas barrocas. O derradeiro cambio produciuse no [[1956]], sendo definitivamente una igrexa de cruz latina. |
Pero é despois da chegada do novo imperio cando se comeza unha organización e estrutura sólidas, tendo o seu enclave histórico máis importante na igrexa parroquial. Comezando coma unha nave sinxela e co típico [[arco de medio punto]] románico, foi evolucionando sen alterar ningún dos seus elementos orixinais. Por exemplo, a [[bóveda]] da sancristía e os capiteis das columnas son tipicamente renacentistas, así coma as diferentes imaxes de María Magdalena e Cristo mentres que a bóveda da capela maior responde a un estilo [[gótico]]. No [[1789]] foron engadidos dous retablos máis obra de [[Francisco Agudín]], de estilo [[neoclásico]] e outros vestixios coma a [[Virxe do Rosario]], de líneas barrocas. O derradeiro cambio produciuse no [[1956]], sendo definitivamente una igrexa de cruz latina. |
||
Sendo a igrexa a clave da cultura desta parroquia, o eixe da economía correspóndelle ós [[Batáns do Mosquetín]]. Estes muiños sitúanse á esquerda do [[Río Grande, Terra de Soneira|río Grande]] e suman en total sete máis tres [[batán]]s. Recóllense en dous edificios sobre o río, sendo os muíños destinados á malla da fariña e os batáns para o [[liño]] e [[lá]]. Durante séculos constituiu unha importante industria e os seus servizos eran demandandos máis aló dos límites naturais de [[Terra de Soneira|Soneira]]. Actualmente están sendo rehabilitados pola [[Deputación da Coruña]] co |
Sendo a igrexa a clave da cultura desta parroquia, o eixe da economía correspóndelle ós [[Batáns do Mosquetín]]. Estes muiños sitúanse á esquerda do [[Río Grande, Terra de Soneira|río Grande]] e suman en total sete máis tres [[batán]]s. Recóllense en dous edificios sobre o río, sendo os muíños destinados á malla da fariña e os batáns para o [[liño]] e [[lá]]. Durante séculos constituiu unha importante industria e os seus servizos eran demandandos máis aló dos límites naturais de [[Terra de Soneira|Soneira]]. Actualmente están sendo rehabilitados pola [[Deputación da Coruña]] co obxectivo de transformalos nun museo. |
||
==Ermitas== |
==Ermitas== |
Revisión como estaba o 28 de setembro de 2009 ás 22:27
Salto | |
---|---|
Batáns do Mosquetín | |
Concello | Vimianzo |
Coordenadas | 43°06′48″N 8°59′51″O / 43.11340714, -8.99742513Coordenadas: 43°06′48″N 8°59′51″O / 43.11340714, -8.99742513 |
Área | - km² |
Poboación | (Ano ) 840 hab. |
Densidade | Erro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km² |
Entidades de poboación | 12 |
[ editar datos en Wikidata ] |
[[Categoría:Vimianzo poboación {{{ano}}}]]
Santa María de Salto é unha parroquia do concello de Vimianzo, provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela.
Situación xeográfica
Está delimitada por Nandes, Tines, Bamiro, Vimianzo e Calo, distando 3,2 km da capital do concello e sumando 840 habitantes en total. Divídese nos núcleos de Careixo, Castro, Castromil, Reboredo, Señorás, Torelo e Reparada.
Enclaves naturais
Cabe destacar o monte de San Bartolomeu, con 407 m de altitude e o paso dos ríos Castro e Grande do Porto.
Historia
Tomando como referencia os restos castrexos en Castro e mámoas en Reparada, pódese asegurar que as orixes desta comunidade, ó igual que as súas veciñas colindantes, remóntanse a antes da chegada dos romanos.
Pero é despois da chegada do novo imperio cando se comeza unha organización e estrutura sólidas, tendo o seu enclave histórico máis importante na igrexa parroquial. Comezando coma unha nave sinxela e co típico arco de medio punto románico, foi evolucionando sen alterar ningún dos seus elementos orixinais. Por exemplo, a bóveda da sancristía e os capiteis das columnas son tipicamente renacentistas, así coma as diferentes imaxes de María Magdalena e Cristo mentres que a bóveda da capela maior responde a un estilo gótico. No 1789 foron engadidos dous retablos máis obra de Francisco Agudín, de estilo neoclásico e outros vestixios coma a Virxe do Rosario, de líneas barrocas. O derradeiro cambio produciuse no 1956, sendo definitivamente una igrexa de cruz latina.
Sendo a igrexa a clave da cultura desta parroquia, o eixe da economía correspóndelle ós Batáns do Mosquetín. Estes muiños sitúanse á esquerda do río Grande e suman en total sete máis tres batáns. Recóllense en dous edificios sobre o río, sendo os muíños destinados á malla da fariña e os batáns para o liño e lá. Durante séculos constituiu unha importante industria e os seus servizos eran demandandos máis aló dos límites naturais de Soneira. Actualmente están sendo rehabilitados pola Deputación da Coruña co obxectivo de transformalos nun museo.
Ermitas
Ademais da igrexa principal existen numerosas ermitas distribuidas pola parroquia destacando a de San Bartolomeu no cumio deste monte e as da Virxe Peregrina, Santa Eirena e Santo Antonio.
Lugares de Salto
Lugares da parroquia de Salto no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|
O Careixo | Castro | Castromil | A Costa | A Lagoa | O Mosquetín | Reboredo | Reparada | Salto | Santa Irena | Señoráns | Torelo |