Tines, Vimianzo
Tines | |
---|---|
Estela de Tines. | |
Concello | Vimianzo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752 |
Poboación | 174 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Baia de Tines é unha parroquia do concello de Vimianzo, na provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela. En 2018 tiña 179 habitantes (79 homes e 100 mulleres)[2], 61 menos ca en 1999.
Situación xeográfica
[editar | editar a fonte]Está delimitada polas parroquias de Salto, Bamiro, Treos e Vilar no concello de Zas, distando só 8,5 km da capital do concello.
Historia
[editar | editar a fonte]En Tines atopáronse restos de diferentes épocas históricas. A igrexa parroquial era representación de Rui Pérez da Costa e, o subsolo do seu adro é un dos enclaves máis interesantes para a historia de Galicia nunha pronta Idade Media. Debaixo atópase unha necrópole romano-sueva con enterramentos que datan dende o século I ata o século VIII. Atopáronse vestixios romanos nas escavacións feitas en 1954, se ben algúns dos vestixios foron destruídos.
Apareceu material da construción principalmente, ó que apunta á posible existencia dunha "vila romana" segundo Manuel Núñez. Tamén apareceron sarcófagos pétreos de dous formas distinguidas: unha máis primitiva e escasa de forma oval (datado da dominación sueva) e outra máis elaborada cun oco antropoide. A tapa dos sarcófagos antropoides están gravados con letras, trazos e debuxos cun estilo que presumiblemente date do século VI. Tamén se descubriron vestixios de enterramentos con tégulas, moi propios da dominación romana.
Xunto aos sarcófagos pétreos apareceu a estela romana de Vitorino ou estela de Tines. Nela distínguese un rostro humano, gravado toscamente e con inscricións. Segundo Díaz y Díaz é o primeiro testemuño epigráfico cristián de Galicia do século IV, pola aparición da fórmula "in pace". Consérvase no Museo Arqueolóxico da Coruña.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Tines
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Tines no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|
Parroquias de Vimianzo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 19 de marzo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ARMADA PITA, Xosé Lois: "El culto a Santa Eulalia y la cristianización de "Gallaecia", Algunos testimonios arqueológicos", 2003, ISSN 0210-7694 (en castelán).