Eclecticismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hr:Eklekticizam
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ru:Эклектизм (философия); cambios estética
Liña 1: Liña 1:
'''Eclecticismo''' (do grego εκλεκτός, «escoller»), é en [[Filosofía]] a escola de pensamento que se caracteriza por escoller (sen principios determinados) concepcións filosóficas, puntos de vista, ideas e valoracións entre as outras escolas que se asume poden chegar a ser compatibles de forma coherente, combinándoas e mesturándoas ainda que o resultado poida ser a miúdo contraposto sen chegar a formar un todo orgánico.

==Historia e desenvolvemento==
== Historia e desenvolvemento ==
O eclecticismo desenvolveuse en [[Grecia antiga|Grecia]] a partires do século II a. C. como unha maneira de sintetizar os grandes achados intelectuais da filosofía clásica anterior dos [[presocráticos]], [[Platón]] e [[Aristóteles]]. Por exemplo, [[Antíoco de Ascalón]] compaxinou o [[estoicismo]] e o [[escepticismo]], e [[Panecio de Rodas]] baseou o seu pensamento no [[platonismo]] e no [[estoicismo]].

Liña 8: Liña 8:
Entre os cristiáns, [[Clemente de Alexandría]] e [[Oríxenes]] combinaron a [[metafísica]] grega e as ideas xudeocristiás das Santas Escrituras. Xa a finais da Idade Media, o mestre da [[Devotio moderna]] [[Eckhart]] formulou un sistema de filosofía cristiá baseado en Aristóteles, os seus comentaristas árabes medievais, o [[neoplatonismo]] e a [[Cábala]] ou mística hebrea.

==Eclecticismo en Europa==
== Eclecticismo en Europa ==
En España, o Eclecticismo desenvolveuse no seo da [[Ilustración]] do século XVIII como única escola alternativa á [[escolástica]] dominante sen suscitar os receos da [[Inquisición]] e nese senso destacan pensadores como [[Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro|Benito Xerónimo Feijoo]] ou o médico e lóxico aragonés [[Andrés Piquer]]..

Liña 39: Liña 39:
[[no:Eklektisisme]]
[[no:Eklektisisme]]
[[pt:Ecletismo]]
[[pt:Ecletismo]]
[[ru:Эклектизм]]
[[ru:Эклектизм (философия)]]
[[sq:Eklektizmi]]
[[sq:Eklektizmi]]
[[sr:Еклектицизам]]
[[sr:Еклектицизам]]

Revisión como estaba o 11 de setembro de 2009 ás 19:04

Eclecticismo (do grego εκλεκτός, «escoller»), é en Filosofía a escola de pensamento que se caracteriza por escoller (sen principios determinados) concepcións filosóficas, puntos de vista, ideas e valoracións entre as outras escolas que se asume poden chegar a ser compatibles de forma coherente, combinándoas e mesturándoas ainda que o resultado poida ser a miúdo contraposto sen chegar a formar un todo orgánico.

Historia e desenvolvemento

O eclecticismo desenvolveuse en Grecia a partires do século II a. C. como unha maneira de sintetizar os grandes achados intelectuais da filosofía clásica anterior dos presocráticos, Platón e Aristóteles. Por exemplo, Antíoco de Ascalón compaxinou o estoicismo e o escepticismo, e Panecio de Rodas baseou o seu pensamento no platonismo e no estoicismo.

Os pensadores romanos, que nunca desenvolveron un sistema filosófico propio, inclináronse por este tipo de pensamento: Cicerón, por exemplo, que asimilou teorías do estoicismo, do escepticismo e dos peripatéticos, sen considerar a súa desunión esencial.

Entre os cristiáns, Clemente de Alexandría e Oríxenes combinaron a metafísica grega e as ideas xudeocristiás das Santas Escrituras. Xa a finais da Idade Media, o mestre da Devotio moderna Eckhart formulou un sistema de filosofía cristiá baseado en Aristóteles, os seus comentaristas árabes medievais, o neoplatonismo e a Cábala ou mística hebrea.

Eclecticismo en Europa

En España, o Eclecticismo desenvolveuse no seo da Ilustración do século XVIII como única escola alternativa á escolástica dominante sen suscitar os receos da Inquisición e nese senso destacan pensadores como Benito Xerónimo Feijoo ou o médico e lóxico aragonés Andrés Piquer..

No século XIX rebrotou aínda o eclecticismo en Francia a través da obra do filósofo Victor Cousin, que tratou de xuntar o idealismo de Immanuel Kant, a filosofía do sentido común e as doutrinas indutivas de René Descartes.

revisión de licenza: este artigo é unha tradución de