Festa do caracol da Graña do Umia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2009 ás 01:06

Imaxe da carballeira da Ponte da Devesa no día da festa do caracol

A Festa do Caracol é un evento gastronómico que se dá cita cada ano no mes de setembro o primeiro domingo do mes. No ano 2010 a festa cambia de data para o primeiro domingo do mes de agosto. Ten lugar na carballeira da Ponte da Devesa, na aldea de A Graña de Umia, no concello pontevedrés de Forcarei.

Orixe

Os inicios desta festa remóntanse ao ano 2002, onde un grupo de xente da zona se uniu para colaborar e levar adiante a devandita Festa do Caracol.

Desenvolvemento

A festa arranca ao mediodía co reparto de centos de quilos de caracois gratis entre os asistentes. O menú consiste en caracol preparado ao estilo rioxano, así como existe tamén a posibilidade de degustar churrasco e polbo. Ao remate do xantar un grupo musical ameniza o evento ata ben entrada a tarde.