Berdoias, Vimianzo: Diferenzas entre revisións
+ imaxe e datos |
m bot: Substituír '{{Galicia en progreso}}' por '{{Parroquias da Coruña en progreso}}' |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{ |
{{Parroquias da Coruña en progreso}} |
||
{{Parroquia |
{{Parroquia |
||
|nome = Berdoias |
|nome = Berdoias |
Revisión como estaba o 16 de xullo de 2009 ás 00:06
Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Berdoias | |
---|---|
Concello | Vimianzo |
Coordenadas | 43°03′27″N 9°05′09″O / 43.05759722, -9.08585556Coordenadas: 43°03′27″N 9°05′09″O / 43.05759722, -9.08585556 |
Área | - km² |
Poboación | (ano 2004) 295 hab. |
Densidade | Erro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km² |
Entidades de poboación | 11 |
[ editar datos en Wikidata ] |
[[Categoría:Vimianzo poboación {{{ano}}}]]
San Pedro de Berdoias é unha parroquia que se localiza no suoeste do concello de Vimianzo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 295 habitantes (150 mulleres e 145 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 332 habitantes.
Patrimonio
A Casota de Freáns é un dolmen, bo exemplo do megalitismo en Galicia. Nel pódense observar abundantes gravados, coviñas e algún elemento cruciforme, mostra da vontade de cristianización do megálito.
A capela de Santa Cristiña sitúase na aldea de Santa Cristiña, a carón dunha fonte sagrada. No chan do altar hai un pequeno receptáculo de forma rectangular cheo de terra á que se lle atribúen calidades curativas para as vacas. A tradición manda coller un puñado de terra e colgala ó pescozo das vacas durante nove días. Deste xeito a vaca estará libre de enfermidades e terá bos partos. Unha vez pasado este período de tempo, a terra debe ser devolta á ermida, e seguindo a tradición débese dar un donativo á santa a cambio do servizo prestado.
A aldea de Pedra do Frade debe o seu topónimo a unha lenda, segundo a cal un frade refuxiouse no alto dunha pedra para evitar o ataque dos lobos. Porén, alí foi devorado, estando na actualidade o lugar sinalizado cun cruceiro.
Lugares de Berdoias
Lugares da parroquia de Berdoias no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|
Berdoias | Boallo | A Bouza | A Casanova | Castrobuxán | Grixoa | Pedra do Frade | O Petón | Rego dos Podres | Romar | Santa Cristiña |