Teglatfalasar III: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
Almabot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: id:Tiglath-Pileser III
Liña 26: Liña 26:
[[he:תגלת פלאסר השלישי]]
[[he:תגלת פלאסר השלישי]]
[[hu:III. Tukulti-apil-Ésarra]]
[[hu:III. Tukulti-apil-Ésarra]]
[[id:Tiglath-Pileser III]]
[[it:Tiglatpileser III]]
[[it:Tiglatpileser III]]
[[ja:ティグラト・ピレセル3世]]
[[ja:ティグラト・ピレセル3世]]

Revisión como estaba o 23 de xuño de 2009 ás 15:57

Teglatfalasar III, tamén coñecido como Tiglatpileser III, (746 adC722 adC.) foi rei de Asiria. Pasa por ser un dos grandes caudillos de todos os tempos.

Chegou ao trono tras unha guerra civil. Venceu a Urartu (Armenia), aos Medos, aos neohititas e controlou toda Siria (destruiu Damasco) e Fenicia. Tomou Arpad tras tres anos de asedio. Impuxo un duro tributo a Hamath e derrotou ao reino de Xudá e aos filisteos, e ocupou Samaría e a maior parte de Israel. Realizou masivas deportacións e duras represións. Acabou co poderío de Babilonia da cal se proclamou rei co seu nome orixinario Pulu.

Atribúeselle a construción do pazo de Nimrud.

Fixo importantes reformas administrativas. Limitou a autonomía dos caudillos militares; incrementou o número de provincias co fin de reducir o seu poderío e puxo ao fronte gobernadores eunucos.

Recrutou estranxeiros no seu exército co fin de poder prolongar as campañas militares alén do verán. Os asirios seguiron formando a cabalería e as unidades de carros, deixándose para os foráneos a infantería. Incrementou o papel da cabalería fronte aos carros, o que permitiu avanzar por áreas montañosas e gañar en velocidade de manobra e ataque. Todo isto permitiulle un despregue militar sen precedentes.

Sucedeulle Salmanasar V, seu fillo.