Henrique I de Castela: Diferenzas entre revisións
lig int |
Xas (conversa | contribucións) caixa sucesión |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
Á súa morte planteouse un problema sucesorio. Elexida Berenguela, irmá de Henrique e esposa de Afonso IX, como reina en 1217, renunciou en favor do seu fillo, o herdeiro do [[reino de León]] [[Fernando III o Santo]]. |
Á súa morte planteouse un problema sucesorio. Elexida Berenguela, irmá de Henrique e esposa de Afonso IX, como reina en 1217, renunciou en favor do seu fillo, o herdeiro do [[reino de León]] [[Fernando III o Santo]]. |
||
== |
==Notas== |
||
{{listaref}} |
{{listaref}} |
||
{{sucesión | título = [[Lista de monarcas de Castela|Rei de Castela]] | período = 1214-1217 | predecesor = [[Afonso VIII de Castela|Afonso VIII]] | sucesor = [[Berenguela de León e Castela|Berenguela]] }} |
|||
{{Gobernante| |
|||
ESPAZO_POLITICO=[[Reino de Castela]]| |
|||
DINASTIA=[[Borgoña]]| |
|||
ANTES=[[Afonso VIII de Castela]]| |
|||
DEPOIS=[[Berenguela de León e Castela]]| |
|||
DATA_ENTRADA=[[1214]]| |
|||
DATA_SAIDA=[[1217]]| |
|||
}} |
|||
[[Categoría:Reis de Castela|Henrique 01]] |
[[Categoría:Reis de Castela|Henrique 01]] |
Revisión como estaba o 25 de maio de 2009 ás 00:47
Henrique I de Castela, tamén chamado Henrique de Borgoña, (nado o 14 de abril de 1204 e falecido en Palencia en 1217). Llamado también Enrique de Borgoña, foi rei de Castela[1] entre 1214 e 1217.
Fillo menor de Afonso VIII e de Leonor de Plantagenet, accedeu ó trono con 10 anos ó morrer os seus seis irmáns varóns.
A súa minoría de idade supuxo a apertura dun periodo de rexencia de 24 días por parte da súa nai. Trala súa morte asumiu a rexencia a súa irmá maior, Berenguela, que residía na corte castelá tralo anulamento do seu matrimonio con Afonso IX de León polo papa Inocencio III en 1204.
A rexencia de Berenguela foi contestada polos Lara, familia de nobres casteláns que xa se destacaran polas súas intrigas durante a minoría de idade de Afonso VIII. Encabezados polo conde Álvaro Núñez de Lara, negaban a oportunidade de que unha muller se fixese cargo da rexencia do reino, empuxando a Berenguela a renunciar á rexencia para evitar os mesmos conflitos que caracterizaron os primeiros anos do reinado do seu pai Afonso VIII.
A tutela do conde de Lara produciu desavenencias entre a nobreza castelá, que temía o enorme poder que con ela obtiñan os Lara, que desde un primeiro momento maniobraron para consolidar a súa posición concertando en 1215 o matrimonio de Henrique coa infanta Mafalda de Portugal, filla do rei Sancho I. O matrimonio nunca foi consumado e acabou sendo anulado ó ano seguinte por Inocencio III, debido ó grao de parentesco entre eles.
Isto motivou ó conde Álvaro Núñez de Lara a concertar un novo matrimonio de Henrique con Sancha, filla de Afonso IX de León, co que se pretendía unir os reinos de Castela e León e apartar da liña sucesoria dos dous reinos a Fernando, fillo de Berenguela e do propio rei leonés.
Porén, antes de celebrar os esponsais, Henrique I faleceu en Palencia de forma accidental, ó caer sobre el unha tella desprendida dunha das torres do pazo episcopal de Palencia, onde xogaba con outros nenos.
Á súa morte planteouse un problema sucesorio. Elexida Berenguela, irmá de Henrique e esposa de Afonso IX, como reina en 1217, renunciou en favor do seu fillo, o herdeiro do reino de León Fernando III o Santo.
Notas
- ↑ A titulación completa era Rex Castelle et Toleti (Rei de Castela e Toledo)
Reino de Castela | ||
---|---|---|
Segue a: Afonso VIII de Castela |
Henrique I de Castela | Precede a: {{{DESPOIS}}} |
Borgoña |