José Manuel Pita Andrade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 26 de xullo de 2014 ás 11:56 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{En tradución}} '''José Manuel Pita Andrade''', nado na Coruña o 1 de novembro de 1922 e finado en Granada o 7 de setembro de ...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

José Manuel Pita Andrade, nado na Coruña o 1 de novembro de 1922 e finado en Granada o 7 de setembro de 2009, foi un historiador da arte galego, caracterizado polo seu labor dentro da museografía. Así mesmo, foi o primeiro director do Museo del Prado nomeado na Transición Española, de 1978 a 1981. Foi Académico de Honra da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora de las Angustias de Granada, onde ocupou a letra C.

Biografía

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid doutorándose en Historia da Arte en 1947. Cursou estudios de posgraduado na Universidade de Nueva York.

Foi catedrático nas universidades de Oviedo (1960), Granada (1961-1978) e Complutense de Madrid (1978-1987) na que se xubilou. Posteriormente foi nomeado Profesor Emérito da Universidade de Granada hasta o año 2002 como Catedrático de Historia da Arte. En 2008 fue designado Doutor Honoris Causa pola mencionada Universidade de Granada.

Aparte do seu labor no Museo do Prado, durante uns anos foi conservador das coleccións de arte da Casa de Alba e do acabado de fundar Museo Thyssen-Bornemisza, cuxo catálogo xeneral supervisou.

Foi membro de número da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, desde 1984 (na que ingresou co discurso Dominico Greco y sus obras a lo largo de los siglos XVII y XVIII), e de la Real Academia de la Historia, desde 1989 (na que ingresou co discurso Goya y sus primeras visiones de la historia) e membro correspondente e académico de honra da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. Foi membro da Hispanic Society of America e recibiu a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes en 1989.

Obras

  • Dominico Greco y sus obras a lo largo de los siglos XVII y XVIII, Madrid, discurso de ingreso na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, 1984.
  • El Greco, Milán, Mondadori, 1986. Coa colaboración de José Álvarez Lopera.
  • Goya. Vida, obra y sueños, Madrid, Sílex, 1989.
  • Goya y sus primeras visiones de la historia, Madrid, discurso de ingreso na Real Academia de la Historia, 1989.
  • La construcción de la catedral de Orense, Santiago de Compostela, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, CSIC, e Madrid, Facultad de Filosofía y Letras, Universidad Complutense, 1954.
  • Luces y sombras en la pintura granadina del siglo de oro, Granada, discurso de recepción como académico honorario na Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora de las Angustias, 2000.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas


Predecesor:
Xavier de Salas Bosch
Director del Museo del Prado
19781981
Sucesor:
Federico Sopeña Ibáñez