Rudaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rudaki
AlcumeРудаки
Nacemento860
Lugar de nacementoPanjrūd
Falecemento941
Lugar de falecementoPanjrūd
NacionalidadeImpério Samânida
Ocupaciónpoeta, músico, escritor, cantante e rapsodo
Na rede
IMSLP: Category:Rūdakī Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Abdullah Jafar Ibn Mohammad Rudaki (en taxico Абӯабдуллоҳ Ҷафар Ибн Муҳаммад Рӯдакӣ; en persa ابوعبدالله جعفربن محمدبن حکیم‌بن عبدالرحمن‌بن آدم رودکی), nado en Rudak (imperio Samánida) en 859 e finado no mesmo lugar arredor de 941, foi un poeta persa coñecido como Rudaki, Rudagi ou Rudhagi, primeiro grande autor da lingua persa moderna e considerado o fundador da literatura persa clásica.

A súa poesía contén moitos dos vellos xéneros da poesía persa, incluíndo o cuarteto,[1] mais só unha pequena porcentaxe da súa extensa obra sobreviviu.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Rudak, localidade de Transoxiana, actualmente rexión de Panjakent en Taxikistán. A maioría dos seus biógrafos din que era totalmente cego, aínda que non de nacemento. Foi o poeta da corte do emir samánida Nasr II (914-943) en Bukhara, mais crese que logo perdeu os seus favores e foi condenado á pena de cegueira por motivos relixiosos.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Billete taxico de 500 somoni co retrato de Rudaki

Rudaki escribiu en todos os estilos poéticos, aínda que a súa temática preferida era a bucólica: na súa obra prevalece a ledicia e o optimismo. Consíderase Kalila wa Dimna, da que só se conservan fragmentos, a súa obra máis destacada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sassan Tabatabai, "Father of Persian Verse: Rudaki and His Poetry", Amsterdam University Press, 15 de febreiro de 2011.
  2. "Omar Jayyam y su mundo". Rubaiyyat (en castelán). Introducción y traducción de Carlos Areán (5ª ed.). Madrid: Visor Libros. 2003. p. 39. ISBN 84-7522-125-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • E.G. Browne. Literary History of Persia. (Catro volumes, 2256 páxinas), 1998, ISBN 0-7007-0406-X
  • Jan Rypka, History of Iranian Literature. Reidel Publishing Company, 1968, ISBN 90-277-0143-1

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]