Matilde de Artois (1268-1329)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMatilde de Artois

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Mahaut d'Artois Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1269 Editar o valor em Wikidata
Francia Editar o valor em Wikidata
Morte27 de novembro de 1329 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Maubuisson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSalins-les-Bains
Ornans
La Châtelaine Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , feudataria Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCount of Artois (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Artois (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeOtão IV, Conde da Borgonha (1285, 1285 (Gregoriano), 1291 (Gregoriano)–)
FillosJoana II, Condessa da Borgonha (pt) Traducir, Branca da Borgonha (pt) Traducir, Robert, Count of Burgundy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisRoberto II el Noble Editar o valor em Wikidata  e Amícia de Courtenay (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPhilippe d'Artois (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Artois-67
Matilde de Artois

Matilde de Artois (en francés: Mahaut d'Artois [1]), nada en 1268 e finada en París o 28 de outubro de 1329, tamén coñecida como Mathilda, foi unha nobre francesa, a única filla de Roberto II de Artois, conde de Artois e Amicia de Courtenay.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Liñaxe[editar | editar a fonte]

Os seus avós paternos eran Roberto I, conde de Artois, e Matilde de Brabante. Os seus avós maternos eran Pedro de Courtenay, señor de Courtenay e Petronila de Joigny[2].

Irmáns[editar | editar a fonte]

  1. Filipe de Artois (1269 - 1298), casado con Branca de Dreux, filla de Xoán II, duque de Bretaña, de quen tivo cinco fillos.
  2. Roberto de Artois (n. 1271), que morreu novo.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

En 1291, Matilde casou con Odón IV, conde de Borgoña, de quen tivo tres fillos, entre eles dúas fillas que casaron cos príncipes de Francia[2]:

Debido á morte prematura do seu irmán Filipe en 1298, herdou o condado de Artois á morte do seu pai en 1302, en lugar do seu sobriño Roberto (a pretensión deste último á herdanza baseábase na proximidade consanguínea). Aínda que el reiteradamente desafiaba esta decisión, os dereitos de Matilda sobre o condado foron constantemente mantidos. Foi unha administradora capaz e conseguiu vencer moitas rebelións perpetradas por membros da nobreza. O seu principal administrador foi o bispo da diocese de Arres, Thierry d'Hérisson. Á súa morte en 1329, o condado foi herdado pola súa filla Xoana, condesa de Borgoña, raíña viúva de Filipe V de Francia.

Tras a morte do recentemente nacido rei Xoán I de Francia, no reino se rumoreaba que Matilde o envelenara, xa que manifestou un sospeitoso interese en presentar o rei aos grandes baróns, tras o cal, esa mesma noite, malia que gozaba de boa saúde, o rei caeu enfermo e morreu na madrugada do día seguinte[3]. Á súa morte, o condado foi herdado pola súa filla Xoana II, condesa de Borgoña.

Na ficción[editar | editar a fonte]

Matilde de Artois é unha das personaxes principais d'Os reis malditos, unha serie de novelas históricas escritas por Maurice Druon. Druon descríbea como a envelenadora do rei Lois X e do seu fillo recentemente nado, sendo á súa vez envelenada por unha criada, que orixinalmente a axudou a envelenar aos reis. Foi interpretada por Hélène Duc na miniserie para televisión de 1972 e por Jeanne Moreau no remake de 2005.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xenealoxía de Mathilde de Artois, segunda esposa de Odón V de Borgoña na páxina Medieval Lands
  2. 2,0 2,1 Burke's Peerage
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2009. Consultado o 05 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cox, Eugene (1999). "The kingdoms of Burgundy, the lands of the house of Savoy and adjacent territories". En Abulafia, David. The New Cambridge Medieval History: Volume 5, C.1198-c.1300. Cambridge University Press. 
  • Dunbabin, Jean (2011). The French in the Kingdom of Sicily, 1266–1305. Cambridge University Press. 
  • Sample, Dana L. (2008). Villalon, L.J. Andrew; Kagay, Donald J., eds. Philip VI's Mortal Enemy: Robert of Artois and the Beginning of the Hundred Years War', The Hundred Years War (Part II): Different Vistas. Brill. 
  • Small, Carola M. (1990). "Messengers in the County of Artois, 1295-1329". Canadian Journal of History 25 (2): 163–175. doi:10.3138/cjh.25.2.163. Arquivado dende o orixinal o 29 July 2013. 
  • Wood, Charles T. (1966). The French Apanages and the Capetian Monarchy, 1224-1328. Harvard University Press.