João Nunes Barreto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1517 Porto, Portugal |
Morte | 22 de decembro de 1562 (44/45 anos) Goa, India |
Latin Patriarch of Ethiopia (en) | |
23 de xaneiro de 1555 – 22 de decembro de 1562 – Andrés de Oviedo (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1555–), Sacerdote católico de rito romano |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Consagración | Julião de Alva (pt) |
D. João Nunes Barreto, nado no Porto en 1519 e finado o 22 de decembro de 1562, foi un bispo xesuíta portugués, patriarca de Etiopía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nunes Barreto completou os seus estudos en Salamanca e exerceu de párroco no arquidiocese de Braga, en Freiriz.[1] En 1545 ingresou na Compañía de Xesús en Coímbra. Entre 1548 e 1554, foi misioneiro en Tetuán, Marrocos, onde estivo profundamente implicado na oferta de consolo espiritual aos escravos, e volveu a Lisboa para recadar fondos para rescatalos [2] Alí recibiu a noticia de que o fundador da Compañía de Xesús, Inácio de Loyola, cuxa política era non permitir que os xesuítas se convertesen en bispos, tiña aceptado a petición de Dom João III de Portugal de que Nunes Barreto fose nomeado Patriarca de Etiopía para que a Igrexa Católica podería desenvolverse aínda máis alí [2], despois do primeiro Patriarca de Etiopía, o cirurxián galego João Bermudes.
Nomeado en xaneiro de 1555 e consagrado o 4 de maio, no Convento da Santíssima Trindade de Lisboa, por D. Julião de Alva, bispo de Portalegre [3] Nunes Barreto saíu de Portugal rumbo á India a finais de marzo de 1556, xunto con Andrés de Oviedo e con Belchior Carneiro Leitão, os bispos xesuítas consagrados con el, designados como os seus bispos coadjutores e máis tarde tamén eles designados Patriarcas de Etiopía. Ao chegar a Goa, Barreto viu cos confrades xesuítas recentemente regresados de Etiopía que a situación non era favorábel,.
Decidiu, con todo, enviar a Oviedo para mellorar o estado da misión ante as autoridades etíopes. Oviedo tivo certo éxito cun dos monarcas, pero non cos seus sucesores. Nunes Barreto, ao entender que era improbábel entrar en Etiopía, dedicou o seu talento a un ministerio activo en Goa. Suxeriu aos superiores xesuítas pedir permiso ao papa para renunciar á súa condición de patriarca e bispo. Unha resposta negativa dos superiores chegou a Goa despois da súa morte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cardoso, p. 110
- ↑ 2,0 2,1 "João Barreto". dacb.org. Consultado o 17-1-2022.
- ↑ "Patriarchal See of Ethiopia". GCatholic.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- John W. Witek, in Gerald H. Anderson, Biographical dictionary of Christian missions, Wm. B. Eerdmans Publishing, Grand Rapids 1999, p. 502. ISBN 0-8028-4680-7 (en inglés).
- Hernández, Ángel S. (2001). Jesuitas y obispados: Los jesuitas obispos misioneros y los obispos jesuitas de la extinción 2. Madrid. pp. 63–67. ISBN 84-89708-99-1.
- Echaniz, Ignácio (2000). "5". Paixão e Glória 2. São Paulo. p. 145. ISBN 85-15-03230-9.
- Cardoso, Armando (1993). "95". Cartas de Santo Inácio de Loyola 3. São Paulo. p. 110. ISBN 85-15-00858-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dictionary of African Christian Biography (en inglés)
- GCatholic (en inglés)
- Catholic Hierarchy (en inglés)
Predecesor: João Bermudes |
Patriarca de Etiopía 23 de xaneiro de 1555 – 22 de decembro de 1562 |
Sucesor: Andrés de Oviedo |