Escribenta cabecinegra
Escribenta cabecinegra | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto macho (Lesbos, Grecia) | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Emberiza melanocephala' Scopoli, 1769 | |||||||||||||||
Distribución
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Granativora melanocephala |
A escribenta cabecinegra é unha ave da familia das Emberizidae.
Morfoloxía e hábitos
[editar | editar a fonte]Ten unha lonxitude de 15 a 17 cm. É unha especie moi similar á escribenta amarela, indentificable pola caparuza negra e os costais superiores cor parda clara. As femias e xuvenís son amarelos sen caparuza. Moi emparentado coa Escribenta carivermella, coa que hibrida localmente. De feito, os xuvenís son practicamente indiferenciables, O mesmo acontece cos machos durante o primeiro ano de vida.
Habita en campos abertos con árbores e en zonas con matogueiras, campos de oliveiras e vides, fragas de ribeira e ladeiras de montañas.
Distribución
[editar | editar a fonte]Durante a época de cría (maio a xullo) localízase no sur de Italia, os Balcáns, Asia Menor, o Cáucaso e o norte da península Árabe. Hiberna na India.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Emberiza melanocephala". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove, 2009.
- Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
- Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest (en castelán).