Escola de música Charamela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escola de música Charamela
Tipoescola de música
Data de fundación1990
SedePontedeume
PaísGalicia
Na rede
Facebook: EscolaMusicaCharamela Instagram: emcharamela Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Escola de música Charamela é unha asociación musical eumesa creada o 14 de setembro de 1990 por un grupo de pais e nais que sentían a necesidade de transmitirlles aos seus fillos e fillas a inquedanza pola música. O nome de Charamela fai referencia ás follas dos piñeiros. Entre os seus antigos alumnos hai profesionais da música e membros do Conservatorio Superior. Polo seu labor e o alto nivel acadado, recibiu en 2008 o premio Cultura Diario de Ferrol.

Actividades[editar | editar a fonte]

En Charamela impártense clases de tódolos instrumentos tradicionais, de banda ou de orquestra. Isto fixo posíbel a súa participación en calquera acto local relacionado coa música como son a festa dos Maios, as festas patronais, o Entroido, zarzuelas (representouse ininterrompidamente durante varios anos, La Verbena de la Paloma). A destacar a participación, ademais de nas procesións, no Paso (noite do Xoves ao Venres Santo) e o Encontro (mañá do Venres Santo) da Semana Santa eumesa, onde participan violas e violíns, feito único en España.

A escola ten unha Banda de Música, unha Orquestra e un Coro. A banda de música e maila orquestra teñen actuado por toda Galicia e España. Mesmo fixeron xiras por Rusia en varias ocasións.

En 1998 participaron con tres temas na gravación do disco colectivo Musiceum onde interviñan a práctica totalidade dos grupos, asociacións e músicos eumeses.

A Banda de Música[editar | editar a fonte]

Foi fundada no ano 1992 e conta cunha trintena de alumnos músicos, a maioría cun nivel de estudos musicais de grao medio. Teñen actuado por toda Galicia, así como na RTVG. O seu repertorio é variado, desde música clásica ata popular. O seu actual[cando?] director é Manuel Vázquez.

A Orquestra[editar | editar a fonte]

Fundada no 1994 conta con arredor de corenta alumnos músicos que posúen un nivel de estudos musicais de grao medio na súa maioría. Actuaron por toda Galicia e o estranxeiro, sendo recibidos calidamente onde actúan por seren das poucas orquestras de cámara sinfónicas de Galicia formada por mozos e mozas. Teñen un repertorio que abarca pezas clásicas, así como clásicas populares e galegas. O director actual[cando?] é Manuel Zapata.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Caderniño do CD dobre Musiceum. DL VG569-98