A Marcha do Paso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Marcha do Paso é unha das tradicións máis arraigadas de Pontedeume. Ten lugar na madrugada do Venres Santo e consiste nun percorrido polas rúas da vila dun grupo de veciños acompañados por un improvisado grupo musical composto por diversos intrumentos que van interpretando unha e outra vez ata a madrugada, a mesma peza musical triste e sentida. O percorrido remata ao amencer na Praza Real, noutro dos momentos álxidos da Semana Santa: O Encontro das imaxes da Verónica, San Xoán, A Virxe das Dores e Cristo. Esta peza musical só se toca esta noite do ano e hai dúas versións: Unha máis sobria para clarinete, tambor, trompeta e baixo (monocorde), e outra na que teñen cabida un maior número de instrumentos como o violín e a guitarra, que é a que se interpreta na actualidade. A súa orixe é incerta e son moitas as hipóteses que se barallan sen terse escrarecido o misterio. Hai quen di[1] que procede da veciña vila de Ares, outros opinan que a trouxo do sur de España un familiar dos Bellas, coñecida familia eumesa afecionada á música, e finalmente hai quen sostén que se trata dun fragmento dunha obra de Brahms.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Amado 2000, p. 57

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Amado del Palacio, Ángeles (2000). Pontedeume, guía visual. Concello de Pontedeume. DL C-1600/2000.