Pastel de escarapote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escarapote acompañado de dúas salsas.

O pastel de cabracho ou pastel de escarapote é un prato que se debe a Juan Mari Arzak,[1] que consiste nunha especie de puré elaborado coa carne semigraxa e preparada do escarapote de pedra[2][3] (peixe escorpión cuxo nome científico é Scorpaena Scrofa).

Receita[editar | editar a fonte]

A carne do escarapote cócese nun caldo de peixe durante uns minutos (algunhas receitas trátano ao vapor). Sexa como sexa o escarapote é un peixe de espiñas velenosas e o seu veleno desactívase mediante a cocción. A pesar de ser un peixe con aparencia vermella, a súa carne é branca e fina. Algunhas receitas empregan pescada no canto de escarapote.[4] Tras esta operación de cocido, mígase e quítanse as espiñas, mestúrase con salsa de tomate, nata e ovo, ademais dalgunhas verduras cocidas: cenoria, apio etc. Con todo iso fórmase unha masa e ponse ao forno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Herederos de una receta con el sello de Arzak". El Comercio (en castelán). 2019-12-05. Consultado o 2020-04-07. 
  2. "Nomes comerciais dos distintos territorios do Estado español.". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2008. Consultado o 29 de xuño de 2008. 
  3. DOG, do 23 de febreiro de 2008.
  4. Receita, con pescada no canto de escarapote. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Receita, segundo a Biblioteca Fillos de Galicia.