Os Escorpeniformes (Scorpaeniformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). O nome da orde vén do gregoskorpaina, diminutivo de escorpión, polas prolongacións espiñosas que presentan.
A característica distintiva é a estancia suborbital: unha extensión posterior do terceiro óso infraorbital (detrás da conca do ollo) ata o preopérculo, ó que está fusionada na maioría das especies.
Tanto a cabeza como o corpo adoitan ser espiñosos ou estar recubertos de placas óseas.
As aletas pectorais son tipicamente redondeadas, e por veces de gran tamaño, con membranas entre os radios inferiores. A aleta caudal adoita ser redondeada, ocasionalmente truncada e rara vez bifurcada.