Escaleira mecánica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escaleira mecánica no Metro de Copenhague, Dinamarca.
Aviso de precaución cos bordos da escaleira común en España.

Unha escaleira mecánica[1] é un dispositivo de transporte, que consiste nunha escaleira inclinada, cuxos chanzos se moven cara arriba ou cara abaixo. Foi inventada en 1897 por Jesse Reno, en Nova York, Estados Unidos. Charles Seeberger desenvolveu aínda máis as ideas de Wheeler que, conxuntamente coa Otis Elevator Company, usaron as mellores ideas de Reno e de Seeberger. O resultado foi a creación da escaleira mecánica moderna.

Características[editar | editar a fonte]

A escaleira mecánica transporta ás persoas sen que se teñan que mover, xa que os banzos móvense mecanicamente. Úsanse para transportar con comodidade e rapidamente un gran número de persoas entre os pisos dun edificio, especialmente en centros comerciais, aeroportos, intercambiadores de transporte público (metro, autobuses urbanos) etc.

A dirección do movemento (cara arriba ou cara abaixo) pode ser a mesma permanentemente ou ben controlada por empregados de acordo co horario do día ou controlada automaticamente, é dicir, se alguén chegase á escaleira mecánica (detida) polo piso de abaixo faría que a escaleira se movese para arriba (e viceversa). Neste caso, o sistema é programado para que o sentido da escaleira non poida ser revertido mentres que unha serie de sensores detectan que hai persoas usando a escaleira mecánica.

As normas de seguridade actuais son moi rigorosas a fin de evitar accidentes no uso destas máquinas. Para minimizar a posibilidade de atrapamentos, fundamentalmente na zona de pasamans e nas saídas ao exterior, instálanse mecanismos de seguridade que deteñen de forma inmediata o funcionamento ao detectar presenza do usuario. Tamén o deseño viuse influído de maneira progresiva polas medidas de seguridade e xa se contemplan desde o inicio formas e medidas que eviten a accesibilidade das persoas a zonas de perigo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escaleira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]