Escala de Allport

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Escala de Allport é un método para medir o prexuízo[1] nunha sociedade. Tamén se coñece por Escala de Prexuízo e Discriminación de Allport ou Escala de Prexuízo de Allport. Foi descrita polo psicólogo Gordon Allport no seu libro The Nature of Prejudice[2] .

A escala[editar | editar a fonte]

A Escala de Allport vai de 1 a 5.

Nivel 1 - Antilocución

Antilocución no sentido de que un grupo maioritario fai chanza abertamente do grupo minoritario. O discurso é en termos de estereotipos negativos e imaxes negativas. Isto tamén se chama incitación ao odio. É vista xeralmente como inofensiva pola maioría. A antilocución por si mesma pode non ser daniña, mais estabelece o escenario para erupcións máis serias de prexuízos. Por exemplo, chistes sobre cataláns ou galegos, negros, gays etc.

Nivel 2 - Esquiveza

Os membros do grupo maioritario evitan o contacto coas persoas do grupo minoritario. Pode que non se pretenda facer mal directamente, mais o mal faise a través do illamento.

Nivel 3 - Discriminación

O grupo minoritario é discriminado negándolle oportunidades e servizos e engadindo prexuízo á acción. Os comportamentos teñen por obxectivo específico prexudicar o grupo minoritario impedíndolle atinxir os seus obxectivos, obtendo educación ou empregos etc. O grupo maioritario está tentando activamente prexudicar o minoritario.

Nivel 4 - Ataque Físico

O grupo maioritario destrúe os bens do grupo minoritario, queiman propiedades e desempeñan ataques violentos contra individuos e grupos. Perpétranse danos físicos contra os membros do grupo minoritario. Por exemplo, linchamento de negros nos Estados Unidos de América, pogroms contra os xudeus na Europa, e a aplicación de penas aos mormóns nos EUA nos anos 1800.

Nivel 5 - Exterminio

O grupo maioritario procura o exterminio do grupo minoritario, tentando liquidar a todo un grupo de persoas (por exemplo, a poboación dos indios norteamericanos, a Solución Final para o Problema Xudeu, a Limpeza Étnica en Bosnia etc.).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Indiana University-Purdue University Fort Wayne Arquivado 22 de xuño de 2006 en Wayback Machine. (prexuízo, en inglés)
  2. Allport G. The Nature of Prejudice, Addison-Wesley; 1954

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]