Escílax de Carianda
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século VI a. C. Caryanda, Turquía |
| Morte | século V a. C. |
| Residencia | Caryanda |
| Actividade | |
| Ocupación | explorador, escritor, biógrafo, historiador, Navegante |
| Empregador | Darío I |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Реальный словарь классических древностей по Любкеру, 1885 Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Escílax de Carianda (en latín Scylax, en grego Σκύλαξ ) foi un viaxeiro de Carianda en Caria, a quen Darío I o Grande enviou nunha viaxe de descubrimento ao Indo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Saíu de Caspatiros cara ao leste ata chegar ao Indo e despois ao mar, seguindo o seu curso; despois pasou cara ao océano Índico e cara ao Mar Vermello rodeando a Península Arábiga, desde onde se dirixiu de novo a Caria. A súa viaxe durou trinta meses[1].
Estrabón di que Escílax era un escritor antigo e menciona algúns dos seus textos. Atribúeselle un Período da Terra e un Periplo das costas máis aló das Columnas de Hércules, dos que se conservan algúns fragmentos[2]. Unha obra chamada Periplo de Pseudo-Escílax (ou Περίπλους τῆς θαλάσσης οἰκουμένης Εὐρώπης καὶ Ἀσίας καὶ Λιβύης), escrita arredor do século IV que describe varios países de Europa, Asia e África leva o seu nome, ao parecer como homenaxe ou porque o autor aproveitou algunhas das notas de Escílax[3].