Saltar ao contido

Ertuğrul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErtuğrul

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ota) ارطُغرُل غازى Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementodescoñecido
descoñecido[1]
Mortec. 1281 Editar o valor en Wikidata
Söğüt, Turquía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTomb of Ertuğrul Gazi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Bey
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónestadista, líder militar Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHalime Hatun Editar o valor en Wikidata
FillosQ97169755, Saru Batu Savcı Bey, Osman I Editar o valor en Wikidata
PaisSalomão Shah Editar o valor en Wikidata  e Hayme Hatun Editar o valor en Wikidata
IrmánsSungurtekin Bey
Gündoğdu Bey
Dündar Bey Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGreat Soviet Encyclopedia (1950–1958) (en) Traducir, (vol:49, p.173) Editar o valor en Wikidata


Ertuğrul (turco otomán: ارطغرل romanizado Erṭoġrıl, turco: Ertuğrul; adoita engadirse o título Gazi) (m. ca. 1280)[2], foi o pai de Osman I[3]. Segundo a tradición otomá, era fillo de Suleyman Shah, líder da tribo Kayı dos turcos oguz, que fuxiron do oeste de Asia Central para Anatolia por mor das conquistas mongois. Así e todo, outras tradicións afirman que era fillo dun personaxe de nome Gündüz Alp[4][1]. Tras a morte do seu pai, Ertuğrul e os seus seguidores entraron ao servizo do sultanato de Rum e en troco recibiron o dominio sobre a cidade de Söğüt na fronteira co Imperio Bizantino[5]. Como ao seu fillo, Osman, e aos seus descendentes, cítase a miúdo a Ertuğrul como un Ghazi, un loitador heroico da causa do islam.[6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada se sabe de certo sobre a vida de Ertuğrul, alén de ser o pai de Osman; as referencias máis antigas son historias escritas polos otománs a partir de finais do século XIV e os dous grupos de tradicións que o evocan no século XV son de carácter lendario[7]e, xa que logo, de precisión cuestionable[8][9]. Hai algunhas moedas cuñadas pouco despois da súa morte, en especial unha co texto "Cuñada por Osman fillo de Ertuğrul" que suxire que Ertuğrul foi realmente unha figura histórica[3]. Noutra moeda lese "Osman bin Ertuğrul bin Gündüz Alp"[4], malia Ertuğrul considerarse tradicionalmente fillo de Suleyman Shah[1]. Segundo estas tradicións tardías, Ertuğrul foi o xefe da tribo Kayı[2] dos oguz. Como resultado da axuda que lle deu os selxúcidas contra dos Bizantinos, o sultán sexúcida do Rum Ala ad-Din Kay Qubadha I concedeulle terras en Karaca Dağ, unha zona montañosa preto de Angora (actual Ancara). Un relato indica que foi por repeler unha incursión hostil dos bizantinos ou outro adversario[10]. Máis tarde, recibiu a aldea de Söğüt que conquistou xunto coas terras veciñas. Esa aldea, onde morrería, converteuse na capital otomá co seu fillo Osman.

Segundo a tradición, Osman edificou en Söğüt unha tumba e mesquita dedicada a Ertuğrul pero o certo é que non se sabe a orixe real desas estruturas. O actual mausoleo erixiuno o sultán Abdul Hamid II a finais do século XIX. A cidade de Söğüt celebra un festival anual en memoria dos primeiros Osman[11].

  1. 1,0 1,1 1,2 Kermeli, Eugenia ((2009). "Osman". En Ágoston, Gábor; Bruce Masters. Encyclopedia of the Ottoman Empire. p. 444. 
  2. 2,0 2,1 Shaw, Stanford J. (1976). History of the Ottoman Empire and modern Turkey. I. Empire of the Gazis: the rise and decline of the Ottoman Empire, 1280-1808]. p. 13. 
  3. 3,0 3,1 Caroline Finkel (2005). Osman's Dream: The Story of the Ottoman Empire 1300-1923. John Murray. ISBN 9781848547858. 
  4. 4,0 4,1 Ahmed Akgunduz, Said Ozturk (2011). Ottoman History - Misperceptions and Truths. IUR Press. p. 34-35. ISBN 978-90-90-26108-9. 
  5. Shaw, Stanford (1976). History of the Ottoman Empire and Modern Turkey. Cambridge University Press. p. 13. 
  6. Peter F. Sugar Southeastern Europe under Ottoman rule 1354-1804, p.14
  7. V.L. Ménage, s.v. Ertoghrul in Encyclopaedia of Islam, Second Edition. Volume II, 1991, pp.710-711.
  8. Lindner, Rudi P. (1983). Nomads and Ottomans in Medieval Anatolia. Indiana University Press. p. 21. 
  9. Fleet, Kate (2009). The Cambridge History of Turkey. Cambridge University Press. p. 118. ISBN 9780521620932. 
  10. Ali Anooshahr, The Ghazi Sultans and the Frontiers of Islam, pg. 157
  11. Deringil, Selim (2004). The Well-protected Domains: Ideology and the Legitimation of Power in the Ottoman Empire 1876-1909. Bloomsbury Academic. p. 31–32.