Ernst Mielck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ernst Mielck
Ernst Mielck en 1898.
Nacemento24 de outubro de 1877
 Vyborg
Falecemento22 de outubro de 1899
 Locarno
Causatuberculose
NacionalidadeGran Ducado de Finlandia
Educado enStern Conservatory
Instrumento(s)Piano
Na rede
Spotify: 7bsvVaedIeQ6FMbonuPt4E Musicbrainz: f50b2b4f-cfba-4feb-94c1-d5621f94e7e4 IMSLP: Category:Mielck,_Ernst Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ernst Leopold Christian Mielck, nado o 24 de outubro de 1877 en Viipuri (Gran Ducado de Finlandia) e finado o 22 de outubro de 1899 en Lorcano (Suíza), foi un compositor e pianista finlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ernst Leopold Christian Mielck naceu en Viipuri (actualmente en Rusia e denominada Vyborg) no daquela Gran Ducado de Finlandia, un territorio autónomo dentro do Imperio Ruso, o 24 de outubro de 1877. Mielck foi o primeiro filho do cónsul e empresario Theodor Mielck e a súa dona Irene (de solteira Fabritius). Seu pai era un músico afeccionado coñecido nos ambientes culturais de Viipuri e ao que lle gustaba participar nos eventos musicais da súa cidade como barítono, afección que compartía coa súa muller, procedente dunha familia musical de Viipuri. O matrimonio tivo outro fillo varón, Edoard Mielck, que se convertería en arquitecto, e unha filla, Edda Adelaide Mielck, que sería cantante de ópera.[1][2]

A infancia e adolescencia de Ernst Mielck estiveron marcadas pola súa fráxil saúde.[3]

Mielck trasladouse a Alemaña, onde tería sido o alumno favorito de Max Bruch.[4]

En decembro de 1898 Mielck viviu o punto culminante da súa carreira cando tocou o piano como solista coa Berliner Philharmoniker interpretando a súa propia obra Konzertstück. Con todo, a súa carreira viuse interrompida a causa da súa fráxil saúde que empeorou na primavera de 1899. A pesar do seu traslado a Suíza na procura dun clima máis suave, Mielck xa non se recuperou e morreu de tuberculose o 22 de outubro dese mesmo ano, tan só dous días antes do seu 22º aniversario.[5][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "MUSIIKKI" (en finés). mielck.fi. Consultado o 21 de novembro de 2020. [Ligazón morta]
  2. "Ernst Leopold Christian Mielck" (en finés). geni.com. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Oramo, Ilkka (19 de novembro de 2019). "ERNST MIELCK" (en inglés). Sibelius-Akatemia. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  4. Schlossberg, David, ed. (2011). "Chapter 1. Tuberculosis in History: Did It Change the Way We Live?". Tuberculosis and Nontuberculous Mycobacterial Infections (en inglés) (6 ed.). Washington, DC: ASM Press. p. 7. 
  5. Korhonen, Kimmo (7 de setembro de 2012). "Thrice homeless" (en inglés). Finnish Music Quarterly. Consultado o 21 de novembro de 2020.