Saltar ao contido

Ernesto X. González Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ernesto Xosé González Seoane»)
Modelo:BiografíaErnesto X. González Seoane
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
O Porto do Barqueiro, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - Doutor en filosofía (–1992)
Universidade de Santiago de Compostela - Licenciatura (1980–1985) Editar o valor en Wikidata
Director de teseManuel González González Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (1990–) Editar o valor en Wikidata
Membro de

Enciclopedia Galega Universal: 131457 BNE: XX1126243 BUSC: gonzalez-seoane-ernesto-xose Dialnet: 1339173

Ernesto Xosé González Seoane, nado no Porto do Barqueiro (Mañón)[1] en 1962, é un lingüista galego, foi director do Instituto da Lingua Galega e académico da Real Academia Galega dende 2025.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1985 licenciouse en filoloxía hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1992 doutorouse coa tese A ortografía e a gramática do galego nos estudios gramaticais do s. XIX e primeiros anos do XX, coa que logrou o premio extraordinario de doutoramento.[2] Profesor e máis tarde catedrático do departamento de filoloxía galega da USC, foi decano da facultade de filoloxía (2004-2012) e vicerretor de Profesorado.[3] Dirixiu o Dicionario de dicionarios do galego medieval e editou obras de Castelao e Ramón Otero Pedrayo. Entre 2013[4] e 2018 dirixiu o Instituto da Lingua Galega.

Realizou estadías docentes e científicas na City University of New York, a Universidad de Buenos Aires e a Georgetown University. Participa activamente no desenvolvemento do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués.[5]

Ten colaborado en Revista internacional de lingüística iberoamericana, Boletín da Real Academia Galega, Grial: revista galega de cultura, A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico e Cadernos de lingua.

Foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega en 2004.[6] Dúas décadas máis tarde, en outubro de 2025, foi escollido[7] polo plenario como académico de pleno dereito, en substitución do finado de Bernardino Graña.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Entre a vendima e a castañeira de Ramón Otero Pedrayo (1999). Editor.
  • Dicionario de dicionarios do galego medieval (2006). Director.
  • A estandarización do léxico (2003). Coeditor con María Álvarez de la Granja.
  • A lexicografía galega moderna. Recursos e perspectivas (2008). Coeditor con Antón Santamarina e con Xavier Varela.
  • Lexicografía de las lenguas románicas (2014). Coeditor.
  • Léxico dialectal y lexicografía en la Iberorromania, Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna (2020). Coeditor.
  • Manual of Galician Linguistics (2025).Coeditor
  1. "González Seoane, Ernesto". Editorial Galaxia. Consultado o 2025-10-14. 
  2. "ERNESTO XOSE GONZALEZ SEOANE - Universidade de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2025-10-14. 
  3. "A RAG elixe a Ernesto González Seoane académico de número e a Xosé M.ª Gómez Clemente correspondente". Real Academia Galega. 2025-10-11. Consultado o 2025-10-14. 
  4. "Ernesto González Seoane: «A situación do idioma galego é manifestamente mellorable»", La Voz de Galicia, 26 de marzo de 2013
  5. editor.raquel.vila (2013-11-17). "Ernesto X. González Seoane". Instituto da Lingua Galega (en castelán). Consultado o 2025-10-14. 
  6. Membros corespondentes da RAG
  7. "El catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa Ernesto González Seoane, nuevo académico de la RAG". El Correo Gallego (en castelán). 2025-10-11. Consultado o 2025-10-11.