Ernesto Padín Lorenzo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1877 Redondela, España |
Morte | 19 de abril de 1970 (92 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Ernesto Padín Lorenzo, nado en Redondela o 13 de novembro de 1877 e finado en Madrid o 19 de abril de 1970, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Procurador, foi secretario particular do deputado a Cortes por Redondela Francisco de Federico Martínez e xefe de administración do Ministerio de Facenda en Madrid. Foi redactor do diario Mundo e da revista Semana Financiera e colaborou en El Noticiero Español (Pará-Brasil), El Heraldo de Baena (Madrid), Gente Novel (Madrid), El Pueblo, La Revista Popular e El Soplete. Publicou en 1932 Amores e dolores. Poesías gallegas con prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Tiña preparado outro poemario en castelán, Flores y abrojos, do que se publicaron algúns poemas en periódicos. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
Obras[editar | editar a fonte]
- Amores e dolores. Poesías gallegas, 1932.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con María Muñoz de la Espada Moya.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Anecdotario redondelán. Literatura e Xornalismo. Arquivado 09 de abril de 2016 en Wayback Machine.